Saltar ao contido

Buda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desde as súas raíces na India, as ensinanzas do Buda espalláronse polo mundo, como esta escultura de Amitabha da Dinastía Tang, atopada na Cova do Templo da Corrente Agachada, Longmen Grottoes.

Buda (sánscrito-devanagari: बुद्ध, O Desperto, O Iluminado, que vén do radical "Budh", Despertar) é un título dado no budismo a aqueles que espertaron plenamente para a verdadeira natureza dos fenómenos e se puxeron a divulgar tal descubrimento aos demais seres. "A verdadeira natureza dos fenómenos" aquí quere dicir o entendemento de que todos os fenómenos son impermanentes, insatisfactorios e impersoais. Tornándose consciente desas características da realidade, sería posible vivir de maneira plena, libre dos condicionamentos mentais que causan a insatisfacción, o descontento, o sufrimento.

Dende o punto de vista da doutrina budista clásica, a palabra "Buda" denota non só un mestre relixioso que viviu nunha época en particular, mais toda unha categoría de seres iluminados que alcanzaron tal realización espiritual. Pódese facer unha analoxía coa designación "Presidente da República" que se refire non só a un home, senón a todos aqueles que sucesivamente ocuparon o cargo. As escrituras budistas tradicionais mencionan polo menos 24 Budas que xurdiron no pasado, en épocas diferentes.

O budismo recoñece tres tipos de Buda, de entre os cales o termo Buda é normalmente reservado para o primeiro tipo, o Samyaksan-buddha (Pali: Samma-Sambuddha). A realización do Nirvana é exactamente a mesma, mais un Samyaksan-buddha expresa máis calidades e capacidades que as outras dúas.

Estatua de Buda en Kamakura, Xap�n

Actualmente, as referencias ao Buda ref�rense en xeral a Siddhartha Gautama, mestre relixioso e fundador do Budismo no s�culo VI antes de Cristo. El ser�a, polo tanto, o �ltimo Buda dunha li�axe de antecesores cuxa historia se perdeu no tempo.

Existe unha pasaxe nas escrituras [Anguttara Nikaya (II, 37)], e que � frecuentemente interpretada de maneira superficial, na cal o Buddha nega ser algunha forma de ser sobrenatural, mais esclarece:

"Brahmana, as� como unha flor de loto azul, vermella ou branca nace nas augas, crece e mantense sobre as augas intocada por elas; eu tam�n, que nac�n no mundo e nel medrei, transcend�n o mundo e vivo sen ser tocado por este. L�mbrese de min como aquel que � desperto."

Con iso el rexeitaba calquera posibilidade de ser tomado como un Deus, mais reafirmaba a caracter�stica transcendente da s�a vivencia espiritual e do cami�o de liberaci�n que ofrec�a para os demais seres. Nese sentido, o Buddha exerceu un papel importante de democratizaci�n da relixi�n que, ata ent�n, estaba suxeita ao arbitrio da casta dos brahmanas.

Para Siddhartha Gautama non hai intermediario entre a humanidade e o divino; os deuses distantes tam�n est�n suxeitos ao karma nos seus para�sos impermanentes. Buda � apenas un exemplo, gu�a e mestre para os seres senscientes que deben trillar o cami�o por si mesmos.

Relixi�n sen Deus

[editar | editar a fonte]

De entre as relixi�ns mundiais, a maior�a das cales proclama a existencia dun Deus creador, o Budismo � considerado particular por ser unha relixi�n non-te�sta. Para o Buda, a chave para a liberaci�n � a pureza mental e a comprensi�n correcta, e por ese motivo el rexeitou a noci�n de que se conquistase a salvaci�n implorando a unha deidade distante.

O Nirvana

[editar | editar a fonte]

De acordo co Buda Gautama, a felicidade Desperta do Nirvana que el atinxiu, est� ao alcance de todos os seres. Non obstante, na visi�n ortodoxa � necesario ter nacido como un ser humano. No Tipitaka - as escrituras budistas m�is antigas - f�lase dos numerosos Budas do pasado e as s�as vidas, ben como sobre o pr�ximo Bodhisatva, que � chamado Maitreya.

Representaci�ns do Buda

[editar | editar a fonte]
Moeda do Imperio Cuxano cunha representaci�n do Buda no seu reverso, coa lenda BODDO en alfabeto grego

Os Budas repres�ntanse frecuentemente en estatuas. Algunhas formas com�ns incl�en:

  • Buda Sentado, como na escultura da Dinast�a Tang na foto enriba.
  • Buda Deitado.
  • Buda de P�.
  • Hotei, o "Buda gordo e sorrinte", xeralmente visto na China, que no senso estrito non � unha estatua do propio Buda.

A maior parte das representaci�ns de Buda conte�en certas marcas que simbolizan a súa Iluminación. Esas marcas varían de acordo coa rexión, mais destacan tres:

  • Unha protuberancia no cumio da cabeza (indicando unha grande agudeza mental).
  • Longos lóbulos auriculares (denotando unha gran percepción).
  • Un terceiro ollo (tamén denotando gran percepción).

Representacións senlleiras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]