Saltar ao contido

Acacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acacia � un antigo x�nero que comprende un grupo de �rbores e arbustos cuxo froito � un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feix�n, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle co�ecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tam�n pertencer�a a este x�nero. C�mpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada com�n en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un x�nero distinto de leguminosas, Robinia.

Distribuci�n

[editar | editar a fonte]

Co��cese co nome com�n de �acacia� a moitas �rbores leguminosas deste x�nero e tam�n doutros x�neros (as chamadas �falsas acacias�, tales como Robinia pseudoacacia, Gleditsia triacanthos ou a Sophora japonica). Das m�is de 3.000 especies descritas no mundo tan s� unhas 1.400 especies son aceptadas;[1] e, delas, 970 pertencen ao x�nero Acacia, stricto sensu, e unhas 950 proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes.

Est�n presentes en t�dolos h�bitats terrestres, inclu�ndo contornas alpinas, selvas tropicais, bosques, pasteiros, dunas costeiras e desertos.[2] Nos bosques m�is secos son un compo�ente importante do sotobosque. Noutros lugares poden ser dominantes como no Brigalow Belt de Australia.[2]

En Australia, o bosque de Acacia, � o segundo tipo de bosque m�is com�n despois do bosque de eucalipto, cubrindo 980.000 quil�metros cadrados, un 8% da superficie forestal total. Acacia � tam�n o x�nero m�is grande do pa�s de plantas con flores, con case 1.000 especies atopadas.[3]

En Galicia consid�ranse especies invasoras.

H�bitat

[editar | editar a fonte]
Acacia drepanolobium
Acacia sp.

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 �C. No ver�n necesitan abundantes regas, cunha fertilizaci�n completa.

Ecolox�a

[editar | editar a fonte]

As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitr�xeno. Desta forma, contrib�en � nitrificaci�n do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos b�sicos. Tam�n facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalg�ns territorios, desprazando especies aut�ctonas (mimosa, acacia negra).

Mimosa, Acacia dealbata

Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies apr�cianse en xardiner�a. Son de r�pida xermolaci�n e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarr�s e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.

Algunhas especies de acacia -en particular A. baileyana, A. dealbata e A. pravissima - son cultivadas como plantas ornamentais de xardín. A publicación de 1889 "Useful native plants of Australia : Including Tasmania" describe varios usos para comer.[4]

Toxicidade

[editar | editar a fonte]

Algunhas especies de acacia conteñen alcaloides psicoactivos e outras conteñen fluoroacetato de potasio, un veleno para roedores.[5]

Artigo principal: Especies de Acacia.

Asilvestradas en Galicia

[editar | editar a fonte]
  • Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
  • Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
  • Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
  • Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas (Pontevedra).
  • Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
  • Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.[6]

As especies máis cultivadas son:

Algunhas especies ameazadas de extinción:

  • Acacia parviceps (Speg.) Burk.
  • Acacia velutina var. monadena Hassler.

Outras especies:

  1. "Acacia". theplantlist.org (en inglés). 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Orchard, Anthony E.; Wilson, Annette J.G. (2001). Flora of Australia. Volume 11A, Mimosaceae, Acacia part 1. Melbourne: CSIRO. ISBN 9780643067172. 
  3. "Acacia forest". agriculture.gov.au (en inglés). 17 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  4. Maiden, J. H. (1889). Useful native plants of Australia : Including Tasmania (en inglés). Sydney: Turner and Henderson. 
  5. Leong, L., Khan, S., Davis, C. K., Denman, S. E., & McSweeney, C. S. (2017). Fluoroacetate in plants - a review of its distribution, toxicity to livestock and microbial detoxification. Journal of animal science and biotechnology, 8, 55. https://doi.org/10.1186/s40104-017-0180-6
  6. "Acacia". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]