Saltar ao contido

Coníferas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coníferas

Piñeiro rubio (Pinus sylvestris)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Superdivisión: Tracheobionta
División: Spermatophyta
Clase: Pinopsida
Subclase: Pinidae
ordes

Números de familia segundo Christenhusz et al. (2011).[1] Segundo os estudos filoxenéticos máis completos, cómpre incluír ás gnetales:[2]

As coníferas (do latín cōnum < grego κῶνος "cono, piña" e fer- "levar") son as plantas ximnospermas da división coñecida anteriormente como coniferófitos (Coniferophyta), que inclúe só unha clase, a das pinópsidas (Pinopsida).

Na súa maior parte árbores, mais tamén arbustos escandentes, presentes nas rexións tropicais e temperadas do planeta, onde son a principal compoñente da flora alpina. Son os vexetais capaces de vivir máis tempo: entre os piñeiro de California, hai exemplares con máis de 4.600 anos. No Hemisferio Norte, as coníferas forman extensos bosques en zonas de clima rigoroso que non poden poboarse por outras especies de árbores.

Exemplos de coníferas son as árbores do xénero Pinus, como os piñeiros de Europa (P. pinaster, P. pinea, P. sylvestris etc.), os abetos, as sequoias, os lárices, as piceas, os cedros, os alciprestes, as araucarias etc. As sequoias de California considéranse xigantes pola súa altura e robustez, unha vez que chegan a medir máis de 100 m de altura e poden vivir máis de 3.000 anos.

Morfolox�a

[editar | editar a fonte]

As follas da maior parte das con�feras son ac�culas longas e finas, mais as Cupressaceae e algunhas Podocarpaceae te�en follas en forma de escama. Os estomas enc�ntranse en li�as ou manchas nas follas e poden pecharse cando o tempo est� demasiado seco ou fr�o. As follas son xeralmente verde escuras, o que axuda a absorber o m�ximo de enerx�a do escaso calor solar das altas latitudes ou por baixo das copas dun bosque. Na maior parte dos x�neros, as follas son persistentes, xeralmente conserv�ndose por varios anos antes de caeren.

A casca das sequoias pode ter un tama�o de ata 50 cm.

Reproduci�n

[editar | editar a fonte]
Conos femininos de tuia (Platycladus orientalis).

A maior parte das con�feras son monoicas, mais algunhas son subdioicas ou mesmo dioicas. No entanto, en xeral os �rganos masculinos e femininos enc�ntranse en estruturas separadas, chamadas estr�bilos (tam�n chamados conos ou pi�as, no caso dos pi�eiros).

Nas Pinaceae, Araucariaceae, Sciadopityaceae e na maior�a das Cupressaceae, os conos son le�osos e, cando madurecen, as escamas xeralmente abren para liberar as sementes, que poden dispersarse polo vento ou por animais. Noutras especies, como os abetos, os conos poden desintegrarse e, a�nda noutras, os conos son carnudos e comidos polos animais, que liberan as sementes coas s�as feces. Os conos maduros poden permanecer na planta durante longos per�odos como, por exemplo, en certas especies de pi�eiros que est�n adaptados a fogos regulares. Nestas �rbores as sementes poden ficar dentro dos conos fechados at� 60-80 anos, sendo liberadas apenas cando un fogo mata a �rbore.

O arilo � un cono extremamente modificado de moitas especies das familias Podocarpaceae, Cephalotaxaceae, Taxaceae e dunha especie de Cupresaceae (Juniperus), que evolucionou no sentido da dispersi�n das sementes polos animais.

Os conos masculinos te�en estruturas chamadas microsporanxios que producen un pole amarelado, que � xeralmente levado polo vento at� os conos femininos. Os grans de pole das con�feras actuais producen tubos pol�nicos como a maior�a das anxiospermas, onde se d� a meiose para a fertilizaci�n do gamet�fito feminino. O cigoto desenv�lvese nun embri�n que, en conxunto co seu tegumento, transf�rmase nunha semente.

Os esporanxios femininos local�zanse en �rganos de forma c�nica, chamados pi�as, frecuentemente cubertos por escamas endurecidas (carpelos). As escamas encaixan perfectamente unhas nas outras e s� se abren despois da fecundaci�n, para liberar a semente. As pi�as son as flores femininas e por veces pode haber outras estruturas, diferentes de pi�as, como g�lbulas, entre outras menos comúns.

Clasificación e filoxenía das ximnospermas

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, a división Pinophyta incluía todas as ximnospermas, mais este agrupamento sería polifilético por incluír plantas distintas como as cicadófitas e o xinkgo, que teñen unha filoxenía diferente das coníferas.

A división contén só unha clase, Pinopsida, que xa estivo dividida en dúas ordes, Pinales e Taxales, mais estudos xenéticos recentes mostraron que estes dous grupos son un clade monofilético. No entanto, están descritas outras clases e ordes de coníferas extintas, particularmente das eras Mesozoica e Paleozoica superior.

  1. Christenhusz, M.J.M, Reveal, J.L, Farjon, A., Gardner, M.F, Mill, R.R, y Chase, M.W. 2011. A new classification and linear sequence of extant gymnosperms. Phytotaxa 19: 55-70. (pdf)
  2. J. Gordon Burleigh & Sarah Mathews 2004. Phylogenetic signal in nucleotide data from seed plants: implications for resolving the seed plant tree of life. Arquivado 03 de abril de 2016 en Wayback Machine. Am. J. Bot. September 2004 vol. 91 no. 10 1599-1613