Saltar ao contido

José Raúl Capablanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirecci�n desde �Capablanca�)
Modelo:Biograf�aJos� Ra�l Capablanca

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJos� Ra�l Capablanca Graupera
Biograf�a
Nacemento19 de novembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
A Habana Cuba
Morte8 de marzo de 1942 (53 anos)
Nova York
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturanecr�pole de Crist�bal Col�n Editar o valor en Wikidata
Pa�s de nacionalidadeCubana Cuba
Educaci�nUniversidade de Columbia
Escola de Engenharia e Ci�ncias Aplicadas da Funda��o Fu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez e diplomacia Editar o valor en Wikidata
Ocupaci�nxadrecista, escritor de non ficci�n, diplom�tico Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaCuba Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Olimp�ada de xadrez de 1939 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
C�nxuxeGloria Simoni Betancourt
Olga Chagodayev Editar o valor en Wikidata
FillosJos� Ra�l e Gloria Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Sovi�tica 1969-1978
Enciclopedia sovi�tica armenia
Ob�lky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0134908 BNE: XX1720339 WikiTree: Capablanca_Graupera-1 Find a Grave: 17455640 Editar o valor en Wikidata


José Raúl Capablanca Graupera, nado na Habana o 19 de novembro de 1888 e finado en Nova York o 8 de marzo de 1942, foi un xadrecista cubano, campión mundial de xadrez desde 1921 ata 1927. Está considerado o terceiro campión mundial deste deporte. Polo seu xenio precoz foi alcumado "o Mozart do xadrez". Na súa época dourada chamóuselle "a máquina do xadrez". Richard Réti dixo sobre el "O xadrez foi a súa lingua materna".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Capablanca xogando unha partida de xadrez co seu pai aos catro anos de idade, en 1892.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu no Castelo do Príncipe, instalación militar da Habana colonial (provincia de Cuba, España), foi o segundo fillo de José María Capablanca Fernández, oficial do exército español e María Graupera Marín. Segundo o seu propio relato, Capablanca aprendeu as regras do xogo aos catro anos de idade, observando ao seu pai xogar con amigos. Contase que un día notou que don José movía o cabalo dun xeito non permitido; ante a sorpresa de todos, acusouno de facer trampas e pasou a demostrarlle o que fixera.

Cando o neno cumpriu os cinco anos o seu pai comezou a levalo ao Club de Xadrez da Habana. Aos mellores xogadores do club foilles imposible derrotalo, dándolle vantaxe de dama. En decembro de 1901, á idade de trece anos, derrotou ao campión nacional cubano Juan Corzo, co resultado de 4 vitorias, 3 derrotas, e 6 táboas alcanzando deste xeito o título de campión de Cuba.

Cara á cima

[editar | editar a fonte]

Terminou os seus estudos no Instituto de Bacharelato de Matanzas. A súa familia non dispuña de recursos como para permitirlle estudar no estranxeiro, pero en vista dos seus bos resultados académicos, o seu mecenas Ramón San Pelayo dispúxose a financiar a súa formación nos Estados Unidos. Cursou a secundaria na Escola Woodycliff de Nova Jersey, aspirando a entrar na Universidade Columbia para seguir a carreira de enxeñaría química. Con todo, permanentemente distraído pola súa paixón polo xogo, só cursou os dous primeiros anos.

En 1905 comezou a frecuentar o Club de Xadrez de Manhattan. Na noite do 6 de abril de 1906 participou nun torneo rápido no que, tras sucesivas partidas eliminatorias, venceu ao gran Emanuel Lasker, ante o asombro de todos, adxudicándose o torneo. Lasker estreitou a man do seu vencedor dicíndolle: "É notable mozo, vostede non cometeu erros".

No seu primeiro encontro internacional, enfrontou ao mestre norteamericano Eugene Delmar, a quen lle gañou todas as partidas, a pesar de terlle outorgado vantaxe de peón e saída.

Entre fins de 1908 e 1909 participou nunha prolongada xira estadounidense; dun total de 734 partidas, gañou 703, fixo táboas en 19 e só perdeu 12. En 1909, á idade de 20 anos, Capablanca gañou un encontro ao campión estadounidense Frank Marshall ( +8 -1 =14). Foi a insistencia de Marshall o que permitiu que se lle deixase participar ao mozo Capablanca no torneo de Donostia, (País Vasco) en 1911. Esta era unha das competicións máis importantes da época; todos os grandes xogadores do planeta estarían presentes excepto o entón campión mundial Emanuel Lasker. Ao comezo do torneo Ossip Bernstein e Aron Nimzowitsch obxectaron a presenza do invitado, pois este non gañara aínda ningún dos grandes torneos. Con todo, despois de que Capablanca gañase o seu primeiro xogo contra Bernstein (nunha partida que lle outorgaría o premio á brillantez)[1], este recoñeceu o seu talento. Tras un movemento durante un xogo na variedade de xadrez rápido, Nimzowitsch ofendeuse por mor dun comentario de Capablanca, polo que Capablanca o retou a enfrontalo nunha serie de xogos rápidos, os cales gañou facilmente. Capablanca terminou gañando o campionato (novamente fronte a Nimzowitsch), usando unha apertura moi admirada por Mikhail Botvinnik[2], con balance de +6 -1 =7, diante de Akiba Rubinstein, Carl Schlechter e Siegbert Tarrasch.

En 1911 retou a Lasker polo campionato do mundo. O alemán aceptou o desafío pero propuxo 17 condicións para o cruzamento. Capablanca non estivo de acordo con algunhas e non chegaron a un acordo. En 1913 xogou na Habana e terminou segundo detrás de Frank Marshall, perdendo unha das partidas contra o norteamericano logo de ter unha posición vantaxosa[3]. Inmediatamente logo disto Capablanca obtivo un resultado de +13 -0 =0 nun torneo en Nova York, aínda que Oldřich Duras era o único Gran Mestre Internacional entre os seus rivais.

En setembro de 1913 conseguiu un traballo no Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba. O soldo aínda que humilde permitiulle seguir gozando da súa paixón xadrecística e facer algunhas viaxes ao exterior en busca de novos desafíos. Logo xogou unha serie de partidas en Europa contra os mellores xogadores da época: en Berlín derrotou a Jacques Mieses e a Richard Teichmann; en San Petersburgo xogou unha serie de seis partidas, dúas contra Alexandre Alekhine, dúas contra Eugene Znosko-Borovsky e dúas contra Fiodor Dus-Khotimirsky, perdendo unha vez contra Znosko-Borovsky e gañando o resto. Estes foron os seus primeiros encontros con Alekhine, quen foi superado amplamente[4][5]. Logo en Riga bateu a Nimzowitsch nun final de bispos de cor oposta[6]. En Moscova venceu a Bernstein nunha partida que aparece en moitas antoloxías como unha xoia pola xogada gañadora 29... - ♛b2!!, e pola nova estratexia de peóns colgantes[7]. En Kíiv superou a Bogatyrchuk entre outros. Xa en Viena derrotou a Richard Réti nunha partida e a Savielly Tartakower 1,5-0,5. Capablanca deu tamén un gran número de partidas simultáneas destacadas pola súa rapidez e gran cantidade de vitorias.

No gran torneo de 1914 en San Petersburgo, coa participación da maioría dos mellores xogadores do mundo (coa excepción dos do Imperio Austrohúngaro), Capablanca atopouse co gran Lasker por primeira vez nun torneo normal (o cubano xa gañara a final do mencionado torneo de xadrez rápido de 1906, no que innovou cunha agora famosa composición final). Capablanca tomou vantaxe dun punto e medio nas roldas preliminares, e obrigou a Lasker a loitar polo empate[8][9]. Gañou novamente o premio por brillantez contra Bernstein[10] e tivo algunhas vitorias importantes contra David Janowski[11], Nimzowitsch[12] e Alekhine[13]. Con todo foi vítima dunha notoria melloría de Lasker na segunda parte do torneo, que incluíu unha famosa vitoria do alemán[14]. Terminou segundo, detrás de Lasker con 13 puntos contra 13,5 do alemán, pero adiante de Alekhine, quen finalizou en terceiro posto. Ao concluír o torneo, o tsar Nicolao II proclamou aos cinco gañadores de premios (Lasker, Capablanca, Alekhine, Tarrasch e Marshall) como "Grandes Mestres do Xadrez".

Campión Mundial

[editar | editar a fonte]
Capablanca (esquerda) e Lasker (dereita) en Moscova en 1925.

En 1920, Lasker decidiu renunciar ao t�tulo en favor de Capablanca. En 1921 xogaron o campionato na Habana onde Capablanca venceu ao alem�n sen perder unha soa partida: +4 -0 =10. Non ser�a sen�n ata oito d�cadas m�is tarde que isto se repetir�a, cando no ano 2000 Vladimir Kramnik ga�ou a Garri Kasparov +2 -0 =13.

O novo campi�n do mundo, Capablanca, dominou en Londres en 1922. Neste torneo, alg�ns dos mellores xogadores da �poca (Alexander Alekhine, Efim Bogoljubov, G�za Mar�czy, Richard R�ti, Akiba Rubinstein, Tartakower e Milan Vidmar) reun�ronse para discutir regras para os campionatos mundiais por vir. Entre outras cousas, unha das condici�ns propostas polo campi�n foi que o aspirante ao t�tulo ter�a que reunir polo menos dez mil d�lares para o premio. Nos anos seguintes, Rubinstein e Nimzowitsch desafiaron a Capablanca pero non lograron reunir o di�eiro.

Resultou segundo en Nova York en 1924, outra vez por diante de Alekhine. En 1925 foi terceiro en Moscova detr�s de Efim Bogoljubov e Lasker. Pero en 1927 dominou o torneo en Nova York contra seis xogadores sen perder unha partida e con 2,5 puntos m�is que Alekhine.

Neste per�odo tam�n houbo varios cambios na vida persoal do mestre. En decembro de 1921 casou con Gloria Simoni Betancourt. Tiveron un fillo, Jos� Ra�l, en 1923 e unha filla, Gloria, en 1925, pero o matrimonio terminou en divorcio. Tam�n perdeu ao seu pai e � s�a nai.

Perda do t�tulo

[editar | editar a fonte]

O �xito en Nova York en 1927 foi excepcional: terminou invicto nunha volta cu�drupla con seis dos mellores xogadores do mundo e con 2,5 puntos por encima do segundo lugar (Alekhine). Capablanca tam�n superou ao moscovita no seu primeiro enfrontamento[15], ga�ou o premio da partida m�is brillante contra Rudolf Spielmann[16] e ga�ou dous xogos interesantes contra Nimzowitsch[17][18]. Isto deixouno como o gran favorito para o campionato contra Alekhine. O desaf�o foi apoiado por un grupo de homes de negocios arxentinos e o presidente deste pa�s, Marcelo Torcuato de Alvear, que garantiu os fondos.

A proximidade do partido levou a unha serie de progn�sticos sobre o seu resultado: O gran mestre austr�aco Rudolf Spielmann sentenciou: "Alekhine non vai ga�ar ningunha partida"; segundo Vidmar: "Alekhine non ten nin a sombra dunha posibilidade"; Bogoljubov coincidiu: "O resultado final vai ser 6 x 3 a favor de Capablanca"; Nimzowitch e Maroczy pronunci�ronse tam�n en favor da vitoria do cubano.

O propio Capablanca sent�ase seguro do seu triunfo, polo que -fiel ao seu estilo- non se preparou para o encontro, confiando na s�a capacidade �nica para resolver os problemas directamente fronte ao taboleiro; en cambio, levado polas s�as responsabilidades laborais como representante do xadrez de Cuba, participou nunha xira de partidas de exhibici�n polo Brasil.

Nunha estratexia diametralmente oposta, o seu adversario dedicouse � complexa tarefa de estudar con in�dita profundidade os patr�ns subxacentes no estilo de xogo de Capablanca, os seus movementos recorrentes e respostas ante problemas complicados etc., inaugurando unha forma de traballo que � norma hoxe en d�a entre os m�ximos expo�entes do xadrez mundial.

O encontro xogouse en setembro en Buenos Aires. Ga�ar�a o primeiro en obter seis vitorias. Alekhine levou a Capablanca a perder a primeira partida[19] para logo tomar vantaxe ga�ando as partidas terceira[20] e s�tima[21]. Logo perdeu as partidas und�cima[22] e duod�cima[23]. Capablanca intentou convencer a Alekhine para anular a cita logo dunha longa serie de t�boas. O ruso rexeitou e acabou vencendo +6 -3 =25, no encontro m�is longo da historia do campionato do mundo, ag�s o campionato de 1985 entre Anatolii Karpov e Kasparov.

Logo disto Alekhine non aceptou xogar o desquite, contravindo unha das condici�ns do enfrontamento. A pesar do colapso dos mercados financeiros en 1929, Alekhine seguiu insistindo nas condici�ns acordadas en Londres, � dicir, Capablanca estaba obrigado a recadar $10,000. O aspirante non logrou satisfacer esta condici�n. Pola contra, Alekhine xogou dous campionatos mundiais contra Efim Bogoljubov, que era un bo xadrecista, pero non unha ameaza para el nun xogo extenso. Durante o seu reinado, Alekhine rexeitou xogar nos mesmos torneos que o seu rival.

Post-campionato

[editar | editar a fonte]
Tumba de Capablanca no Camposanto de Cristovo Col�n, na Habana.

Capablanca ga�ou varios torneos fortes logo de perder o t�tulo mundial, ti�a a esperanza de que tarde ou cedo os seus resultados obrigar�an a Alekhine a xogar un desquite polo campionato do mundo, o que non chegou a suceder. En 1931 derrotou ao xogador neerland�s Max Euwe +2 -0 =8, tras o cal deixou de xogar por un tempo, participando soamente en partidas de menos importancia no Club de Xadrez de Manhattan.

Reuben Fine, extraordinario xogador de xadrez r�pido, rememora que neste per�odo xogou varios cruces desta especialidade con Alekhine, con resultados moi parellos. En comparaci�n, as poucas veces que se enfrontou nesta variante co cubano, este machucouno "sen misericordia".

En 1934 comezou de novo a xogar torneos de maior importancia. Olga Chagodayev, con quen casou en 1938, inspirouno a competir de novo. Alekhine perdeu o t�tulo contra Euwe en 1935, en parte debido aos seus problemas co alcohol. No torneo de Nottingham en 1935, terminou empatado con Botvinnik, por diante de Euwe, Lasker, Alekhine e detr�s dos novos talentos de Reuben Fine, Samuel Reshevsky e Salgo Flohr. En 1936, en Moscova, Capablanca ga�ou quedando por diante de Botvinnik e Lasker.

A sa�de de Capablanca comezou a empeorar. Tivo un pequeno accidente cerebrovascular durante o torneo AVRO de 1938, e tivo o peor resultado da s�a carreira: s�timo de oito xogadores. Con todo, na olimp�ada de xadrez de 1939 en Bos Aires logrou obter o mellor resultado como primeiro taboleiro de Cuba, diante de Alekhine e de Paul Keres.

O 7 de marzo de 1942, Capablanca morreu no Club de Xadrez de Manhattan en Nova York. Foi sepultado na Habana. En 1951, Cuba editou un selo de 25 centavos co seu retrato, a primeira coa figura dun mestre de xadrez.

Valoraci�n da s�a carreira

[editar | editar a fonte]

En toda a s�a carreira Capablanca sufriu menos de cincuenta derrotas en partidas oficiais. En partidas oficiais, perdeu 35, o 6% do total. Permaneceu invicto por m�is de oito anos, desde o 10 de febreiro de 1916, cando perdeu desde unha posici�n superior contra Oscar Chajes; ata o 21 de marzo de 1924, cando sucumbiu fronte a Richard R�ti no Torneo Internacional de Nova York. Tr�tase dunha marca de 63 xogos, que inclu�u o delicad�simo torneo de Londres de 1922 e a partida polo campionato do mundo contra Lasker. De feito, s� Marshall, Lasker, Alekhine e Rudolf Spielmann ga�aron dous ou m�is partidas oficiais fronte a un Capablanca maduro, a�nda que os totais das s�as respectivas carreiras son negativos (Capablanca derrotou a Marshall +20 -2 =28, a Lasker +6 -2 =16, a Alekhine +9 -7 =33), f�ra de Spielmann que conseguiu o seu nivel ( +2 -2 =8). Da elite mundial, soamente Keres tivo unha estreita marxe ao seu favor ( +1 -0 =5), triunfo que ocorreu cando Capablanca ti�a 50 anos, no declive da s�a carreira. A s�a puntuaci�n Elo foi calculada en 2725.

Proposta de novas regras

[editar | editar a fonte]
a8 b8 c8 d8 e8 f8 g8 h8 i8 j8
a7 b7 c7 d7 e7 f7 g7 h7 i7 j7
a6 b6 c6 d6 e6 f6 g6 h6 i6 j6
a5 b5 c5 d5 e5 f5 g5 h5 i5 j5
a4 b4 c4 d4 e4 f4 g4 h4 i4 j4
a3 b3 c3 d3 e3 f3 g3 h3 i3 j3
a2 b2 c2 d2 e2 f2 g2 h2 i2 j2
a1 b1 c1 d1 e1 f1 g1 h1 i1 j1
O xadrez de Capablanca. O arcebispo (composici�n de bispo + cabalo) est� situado entre o cabalo e o bispo tradicionais ao lado da ra��a, no taboleiro esta en c1 e c8; o chanceler (composto de torre + cabalo) est� situado analogamente e ao lado do rei, no taboleiro esta en h1 e h8.

Capablanca predeciu que o xadrez enfrontar�a dificultades maiores se continuaba a tendencia de que os xogadores de elite terminasen as s�as partidas en t�boas. Para evitalo suxeriu unha variaci�n do esquema de xogo, chamada o "Xadrez de Capablanca", a desenvolverse nun taboleiro de 8x10. A s�a idea base�base en que o maior n�mero de pezas e as dimensi�ns estendidas da grilla permitir�an ao xogador m�is efectivo o expresar claramente a s�a superioridade, debido � complexidade e os graos de liberdade adicionais.

O arcebispo (composici�n de bispo cabalo) est� situado entre o cabalo e o bispo tradicionais ao lado da ra��a; o chanceler (composto de torre cabalo) est� situado analogamente e ao lado do rei.

Torneo Internacional Capablanca in memoriam

[editar | editar a fonte]

A partir de 1962 desenv�lvese en Cuba, en honra de Capablanca, o Torneo Internacional Capablanca in memoriam,[24] un dos torneos xadrec�sticos m�is importantes de Am�rica Latina.

Resultados en torneos e series individuais

[editar | editar a fonte]
Torneo Cidade Puntos Resultado
1902
Campionato Nacional Cubano contra Juan Corzo A Habana (+4 -3 =6) Capablanca ga�a 7 - 6
1906
Cruzamento contra Robert Raubitschek Nova York (+2 -0 =0)

Capablanca ga�a 2 - 0

Campionato universitario Nova York (+4 -0 =1)

Capablanca xoga pola Universidade de Columbia

1909
Enfrontamento contra Frank Marshall Nova York (+8 -1 =14)

Capablanca ga�a 15 - 8

1910
Campionato do estado de Nova Iork Nova York (+7 -0 =0) 1. lugar
1911
Campionato do estado de Nova York Nova York (+8 -1 =3) 2. lugar
Torneo internacional Donostia (+6 -1 =7) 1. lugar
1913
Sesi�n contra Charles Jaffé Nova York (+2 -0 =1) Jaffé abandona despois de 3 partidas
Campionato do estado de Nova York Nova York (+10 -1 =7) 1. lugar
Torneo internacional A Habana (+8 -2 =4) 2. lugar
Torneo Memorial Rice Nova York (+13 -0 =0) 1. lugar
1914
Torneo internacional San Petersburgo (+10 -2 =6) 2. lugar
1915
Campionato do estado de Nova York Nova York (+12 -0 =2) 1. lugar
1916
Torneo Memorial Rice Nova York (+12 -1 =4) 1. lugar
1918
Torneo Club de Xadrez de Manhattan Nova York (+9 -0 =3) 1. lugar
1919
Disputa contra Boris Kostić A Habana (+5 -0 =0) Capablanca gaña 5 - 0
Torneo internacional Hastings (+10 -0 =1) 1. lugar
1921
Campionato mundial contra Emanuel Lasker A Habana (+4 -0 =10) Lasker abandona despois de 14 partidas. Capablanca é campión do mundo
1922
Torneo internacional Londres (+11 -0 =4) 1. lugar
1924
Torneo internacional Nova York (+10 -1 =9) 2. lugar
1925
Torneo internacional Moscova (+9 -2 =9) 3. lugar
1926
Torneo internacional Lake Hopatcong (+4 -0 =4) 1. lugar
1927
Torneo internacional Nova York (+8 -0 =12) 2. lugar
Campionato mundial contra Alexander Alekhine Buenos Aires (+3 -6 =25) Alekhine gaña 18.5 - 15.5 e é o novo campión do mundo
1928
Torneo internacional Bad Kissingen (+4 -1 =6) 2. lugar
Torneo internacional Berlín (+5 -0 =7) 1. lugar
Torneo internacional Budapest (+5 -0 =4) 1. lugar
1929
Torneo internacional Gran Bretaña vs. resto do Mundo Ramsgate (+4 -0 =3) Capablanca xoga po lo resto do Mundo
Torneo internacional Budapest (+8 -0 =5) 1. lugar
Torneo internacional Karlsbad (+10 -2 =9) 2.-3. lugar con Rudolf Spielmann
Torneo internacional Barcelona (+13 -0 =1) 1. lugar
1929/1930
Torneo internacional Hastings (+4 -0 =5) 1. lugar
1930/1931
Torneo internacional Hastings (+5 -1 =3) 2. lugar
1931
Encontro contra Max Euwe Ámsterdan (+2 -0 =8) Capablanca gaña 6 - 4
Torneo magistral Nova York (+9 -0 =2) 1. lugar
1934/1935
Torneo internacional Hastings (+4 -2 =3) 4. lugar
1935
Torneo internacional Moscova (+7 -2 =10) 4. lugar
Torneo internacional Margate (+6 -1 =2) 2. lugar
1936
Torneo internacional Margate (+5 -0 =4) 2. lugar
Torneo internacional Moscova (+8 -0 =10) 1. lugar
Torneo internacional Nottingham (+7 -1 =6) 1. - 2. lugar con Mikhail Botvinnik
1937
Torneo internacional Semmering (+2 -1 =11) 3. - 4. lugar con Samuel Reshevsky
1938
Torneo maxistral París (+6 -0 =4) 1. lugar
Torneo AVRO Varias cidades neerlandesas (+2 -4 =8) 7. lugar
1939
Torneo internacional Margate (+4 -0 =5) 2. - 3. lugar con Salo Flohr
Olimpiadas Buenos Aires (+7 -0 =9) Capablanca é o capitán do equipo cubano

Capablanca xogou 583 partidas oficiais, gañando 302, entablando 246 e perdendo 35, o 6% do total.

En castelán

[editar | editar a fonte]
  • Capablanca, José Raúl. Fundamentos del Ajedrez. Editorial Fundamentos, 2002. ISBN 84-245-0339-2)
  • Capablanca, José Raúl. Lecciones elementales de Ajedrez. Editorial Fundamentos, 1989. ISBN 84-245-0330-9).

En inglés

[editar | editar a fonte]
  • Capablanca, José Raúl. A Primer of Chess. Harvest Books, 2002. ISBN 0-15-602807-7)
  • Capablanca, José Raúl. Chess Fundamentals. Everyman Chess, 1994. ISBN 1-85744-073-0)
  • Capablanca, José Raúl. My Chess Career. Hardinge Simpole Limited, 2003. ISBN 1-84382-091-9)
  • Capablanca, José Raúl. World's Championship Matches, 1921 and 1927. Dover, 1977. ISBN 0-486-23189-5)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligaz�ns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Emanuel Lasker
Campi�n do mundo de xadrez
19211927
Sucesor:
Alexander Alekhine