Saltar ao contido

O pacto dos lobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Le pacte des loups»)

O pacto dos lobos
Ficha técnica
Título orixinalLe pacte des loups
DirectorChristophe Gans
ProdutorRichard Grandpierre
Samuel Hadida
Gui�nChristophe Gans
St�phane Cabel
Int�rpretesSamuel Le Bihan
Vincent Cassel
�milie Dequenne
Monica Bellucci
J�r�mie Renier
Mark Dacascos
M�sicaJoseph LoDuca
Fotograf�aDan Laustsen
MontaxeDavid Wu
S�bastien Prang�re
Xavier Loutreuil
DistribuidoraUniversal Pictures (EUA)
Focus Features (EUA)
TVA Films(Canad�)
Metropolitan Filmexport (Francia)
United International Pictures (Australia)
StudioCanal
EstreaFrancia 31 de xaneiro de 2001
Galicia 5 de novembro de 2009 (TVG)
Duraci�n142 minutos
Orixe Francia
X�neroTerror
Orzamento$29 000 000[1]
Recadaci�n$70 752 904
Na rede
http://www.brotherhoodofthewolf.com
IMDB: tt0237534 Filmaffinity: 652264 Allocine: 27764 Rottentomatoes: m/brotherhood_of_the_wolf Mojo: brotherhoodofthewolf Allmovie: v237147 TCM: 419974 Metacritic: movie/brotherhood-of-the-wolf TV.com: movies/brotherhood-of-the-wolf
Discogs: 653285 Netlix: 60022347 Editar o valor en Wikidata

O pacto dos lobos (en franc�s: Le pacte des loups) � unha pel�cula de ficci�n baseada nos feitos hist�ricos referentes � Besta do G�vaudan. Estreouse en galego na TVG o 5 de novembro de 2009.[2]

Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha besta ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quen sabe se un dragón... incluso se fala do Demo.

As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Lois XV de Francia, quen pon prezo á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasinados, pero a Besta segue cometendo as súas horrendas carnicerías...

O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono coa misión de facer un retrato da Besta, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará grande amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobres da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apaixonado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.

Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Besta non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugartenente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que esa non é nin con moito a besta que están a buscar.

Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; porén, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nunha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Brotherhood of the Wolf (2001)". Box Office Mojo. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  2. "O pacto dos lobos na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 20 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]