Saltar ao contido

Lagarta galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirecci�n desde �Podarcis bocagei�)
Lagarta galega
Podarcis bocagei

Podarcis bocagei, femia, na Coru�a
Estado de conservaci�n
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificaci�n cient�fica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
X�nero: Podarcis
Especie: P. bocagei
Nome binomial
Podarcis bocagei
(Seoane, 1885)
�rea de distribuci�n de Podarcis bocagei
�rea de distribuci�n de Podarcis bocagei

�rea de distribuci�n de Podarcis bocagei

A lagarta galega (Podarcis bocagei) � unha especie de r�ptil escamoso da familia dos lac�rtidos, unha das numerosas integradas no x�nero Podarcis.

� unha lagarta end�mica do noroeste da Pen�nsula Ib�rica, abundante en Galicia e cunha distribuci�n algo m�is limitada nas outras partes da s�a �rea de distribuci�n,[2] o que xustifica plenamente o seu nome vulgar en galego. De tama�o mediano (uns 20 cm), silueta esvelta e cola mediana, os machos adultos te�en o dorso verde e os flancos pardos; as femias adultas e os inmaturos te�en o dorso e os flancos pardos. O ventre, en ambos os sexos, � abrancazado, analanxado ou amarelado.

Vive en zonas pedregosas e con matogueiras moi mestas. � activa ao ser�n e pola ma��. Caza cole�pteros, bolboretas, is�podos e ara�as.

Taxonom�a

[editar | editar a fonte]

Descrici�n

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1885 (como variedade) polo naturalista galego V�ctor L�pez Seoane,[3] no seu traballo Identidade de Lacerta Schreiberi (bedriaga) e Lacerta Vindis, var. Gadivii (Boulenger) e investigaciones espelol�gicas en Galicia Arquivado 14 de agosto de 2021 en Wayback Machine.. La Coru�a: Real Academia Gallega.

Etimolox�a

[editar | editar a fonte]

O ep�teto espec�fico, bocagei, foi unha homenaxe de L�pez Seoane ao seu contempor�neo, o zo�logo portugu�s Jos� Vicente Barbosa du Bocage.[4]

Sin�nimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente v�lido, a especie co�eceuse tam�n polos sin�nimos:[3]

  • Lacerta muralis var. bocagei Seoane, 1885 (prot�nimo)
  • Lacerta muralis bocagei Gal�n, 1931
  • Podarcis bocagei Engelmann et al., 1993.[3]

Nota taxon�mica

[editar | editar a fonte]

Podarcis bocagei foi descrita en 1885 por V�ctor L�pez Seoane como unha variedade de Podarcis muralis a partir de individuos recolectados por el na provincia da Coru�a. Por�n, a complexidade taxon�mica dos pequenos lac�rtidos europeos non comezar�a a aclarse at� despois da morte de Seoane (ocorrida en 1900), ao longo do s�culo XX, continuando at� os nosos d�as, no s�culo XXI, cando a�nda quedan varias formas de status incerto e prob�belmente especies a�nda por describir na Pen�nsula Ib�rica.[5][6]. Por iso � especialmente meritorio que este investigador galego reco�ecera hai m�is de 130 anos a esta lagarta como unha forma ben diferenciada, denomin�ndoa Lacerta muralis var. Bocagei (L�pez Seoane, 1884). Seoane reco�eceu os caracteres diferenciais, neste caso referidos � pigmentaci�n dos machos adultos, con respecto a Lacerta muralis fusca (= Podarcis muralis) e L. pityusensis (= Podarcis pityusensis). At� 1978 esta lagarta non foi reco�ecida como unha especie diferenciada, comezando o seu estudo como tal a partir de 1981. Tras a s�a elevaci�n ao rango de especie, diferenci�ronse d�as subespecies, P. b. carbonelli, do Sistema Central occidental, e P. b. berlengensis, da illa Berlenga, en Portugal. Por�n, recentemente, estas formas foron asignadas � nova especie Podarcis carbonelli, � que tam�n se adscribiron a maior�a das poboaci�ns portuguesas existentes ao sur do r�o Douro, anteriormente consideradas como pertencentes � forma nominal.[5][6] Polo tanto, Podarcis bocagei consid�rase agora monot�pica.[5]

Caracter�sticas

[editar | editar a fonte]

De tama�o mediano (mide de 45 a 70 mm de lonxitude da cabeza e tronco, cunha cola de entre 1,5 e 2 veces esta lonxitude ) e aspecto robusto nos machos (as femias son algo m�is pequenas). A cabeza � alta, co foci�o arredondado, e non achatado, separada do tronco por un colar liso de 7 a 14 escamas.[7] O dese�o e a cor da s�a pel son moi vari�beis, a�nda que son carater�sticas as li�as dorsolaterais claras e continuas. A especie, en Galicia, carece das manchas azuis que poden aparecer noutras do x�nero Podarcis, polo menos en case todas as poboaci�ns galegas, a diferenza das portuguesas que, en xeal, as te�en.[8]

Dimorfismo sexual

[editar | editar a fonte]

Os machos son m�is grandes, m�is robustos e pesados que as femias. Estas te�en a cabeza e as extremidades proporcionalmente m�is pequenas. Os machos pos�en entre 25 e 28 fileiras transversais de escamas ventrais, mentres que as femias te�en m�is, entre 28 e 33.[9]

H�bitat e distribuci�n

[editar | editar a fonte]

H�bitat

[editar | editar a fonte]

A lagarta galega � moi ubicua, ocupando diversos h�bitats, como zonas abertas de bosques caducifolios, matogueiras atl�nticas (Taxus sp., Erica sp., Calluna sp., Ulex sp.), bodos de cami�os, valados, sebes, zonas pedregosas, areais, dunas costeiras, cant�s costeiros, e en zonas rurais, inclu�ndo aldeas.[1][7] Enc�ntrase a altitudes desde o nivel do mar at� os 1 900 m.[1]

En canto aos seus requirimentos clim�ticos, p�dense considerar intermedios entre os de Iberolacerta monticola e Podarcis hispanica, o que explicar�a a s�a dispersi�n por todo o territorio galego, se ben a s�a dispersi�n � menos continua nas rexi�nms meridionais de clima con influencia mediterr�nea, m�is secas e abruptas, onde predomina P. hispanica.[8]

Distribuci�n

[editar | editar a fonte]

� unha especie end�mica do noroeste da Pen�nsula Ib�rica, limit�ndose a s�a �rea de distribuci�n a toda Galicia, Asturias, noroeste de Castela e Le�n e o norte de Portugal,[7] onde chega at� a antiga provincia da Estremadura.[3] En Galicia est� amplamente espallada e homoxeneamente distribu�da por todo o pa�s, a�nda que non en grandes densidades, excepto nas zonas meridionais, de clima de influenciaa mediterr�nea, onde escasea m�is.[8]

O seu car�cter term�filo refl�ctese en certa medida na s�a distribuci�n, e a�nda que o seu rango altitudinal � amplo, desde o nivel do mar at� os 1 900 m, como quedou dito, en Galicia enc�ntrase desde o nivel do mar (foi atopara por Gal�n nas Sisargas, onde acada maior tama�o nos illotes litorais) at� a pena Trevinca,[10]

Nutrici�n

[editar | editar a fonte]

A s�a alimentaci�n bas�ase sobre todo en ar�cnidos e insectos, predominando entre estes �ltimos os cole�pteros, d�pteros, form�cidos, hom�pteros e larvas.[7]

Reproduci�n

[editar | editar a fonte]

A lagarta galega adoita alcanzar a s�a madurez sexual aos dous anos de vida. O per�odo de celo desta lagarta en Galicia vai desde marzo at� xu�o (datos tomados por Gal�n en zonas litorais da Coru�a).[11] En Galicia realiza tres postas anuais, e entre 2 e 9 ovos cada unha, depoendedo do tama�o da femia. Os ovos son de cor branca e moi alongados, cun di�metro maior de entre os 14 e os 18 mm, e un di�metro menor de entre os 8 aos 10 mm.[7] Estes tardan de 40 a 60 d�as en eclosionaren.[12]. Os xuven�s miden de 22 a 26 mm de lonxitude de cabeza e tronco, chegando at� os 73 mm contando a cola. A s�a coloraci�n � verdosa viva nas partes superiores (que desaparece ao medraren), e o resto do corpo � apardazada.[7]

A�nda que a especie non est� ameazada significativamente en xeral, algunhas poboaci�ns poden estaren ameazadas por incendios forestais nos bosques de con�feras, a degradaci�n dos h�bitats dunares costeiros e o desenvolvemento de instalaci�ns tur�sticas.[1]

Estado de conservaci�n

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante) debido á súa distribución relativamente ampla, a tolerancia a un grao de modificación do seu hábitat, a presunta poboación numerosa, e porque é improbábel que estea a diminuír o suficientemente rápido como para cualificala nunha categoría ameazada.[1]

Especies afíns

[editar | editar a fonte]

Pola gran variabilidade de deseño e coloración, nalgús casos pode confundirse coa lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), así mesmo moi variábel. Dorsalmente, os machos desta non adoitan seren verdes e, cando o son, as súas manchas negras non forman liñas tan delimitadas, chegando a formaren superficies reticuladas; o ventre de P. hipanica é branco ou de cor crema, e non alaranxado ou vermello, como P. bocagei. A lagarta dos muros (Podarcis muralis) diferénciase en que esta ten unha liña dorsal definida, a cor do dorso é sempre parda en amos os sexos, e a do ventre dunha forte cor alaranxada, on moitos puntos negros e manchas azuis axilares nos machos.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Paulo Sá-Sousa, Valentin Pérez-Mellado e Iñigo Martínez-Solano (2009): Podarcis bocagei na Lista vermella da IUCN. Versión 2021-1. Consultada o 14 de agosto de 2021.
  2. Galán Regalado & Fernández Arias 1994, p. 318.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Podarcis bocagei (López Seoane, 1885) en The Reptile Database.
  4. Gamito-Marques, Daniel (2017): "A Space of One’s Own: Barbosa du Bocage, the Foundation of the National Museum of Lisbon, and the Construction of a Career in Zoology (1851–1907)". Journal of the History of Biology 51: 223–257.
  5. 5,0 5,1 5,2 Galán 2015.
  6. 6,0 6,1 Harris & Sá-Sousa 2001.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Asensi 2006, p. 114.
  8. 8,0 8,1 8,2 VV. AA. 1995, p. 139.
  9. Galán Regalado & Fernández Arias 1994, p. 319.
  10. VV. AA. 1995, pp. 139-140.
  11. VV. AA. 1995, p. 140.
  12. Galán 1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]