Saltar ao contido

Ruminantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirecci�n desde �Ruminante�)

A dos ruminantes (Ruminantia) � unha suborde de mam�feros artiod�ctilos que incl�e alg�ns animais moi co�ecidos, como as vacas e touros, cabras, ovellas e cervos.

Os ruminantes son herb�voros e dixiren os alimentos en d�as etapas: mastigando e tragando de maneira normal e despois regurxitando o alimento semidixerido para remastigar e volver tragar, para as� poderen extraer ao m�ximo o seu valor nutritivo. O est�mago dos ruminantes caracter�zase por ter catro divisi�ns.

Dadas estas caracter�sticas, a diferenza dos herb�voros non ruminantes, son capaces de aproveitar os carbohidratos estruturais presentes nas plantas (celulosa, hemicelulosa e pectina, as d�as primeiras constitu�ntes da fibra), tendo as� unha fonte de enerx�a adicional e baseando a s�a alimentaci�n no consumo de forraxe.

Non todos os animais que rumian forman parte da suborde dos Ruminantia: os camelos e as llamas e vicu�as (da familia dos cam�lidos) est�n entre as excepci�ns. Tampouco pertecen a esta suborde alg�ns dos grandes mam�feros que pastan e te�en adaptaci�ns similares para sobrevivir con cantidades grandes de alimento de calidade inferior, como os canguros e os cabalos, que te�en un cego moi desenvolvido para dixerilo ben.

Características

[editar | editar a fonte]

Os ruminantes teñen un sistema dixestivo que lles permite extraer enerxía das fibras vexetais grazas ás transformacións sufridas no estómago, que consta de catro cavidades:

Retículo e rume

[editar | editar a fonte]
Estómago dun ruminante (vaca).
m. esófago
v. rume ou panza
n. retículo ou barrete
b. omaso ou cenfollas
l. abomaso ou calleiro
t. comezo do intestino.

O retículo e o rume son os dous primeiros preestómagos. Teñen unha elevada densidade de microorganismos (bacterias, protozoos e fungos). O intercambio continuado do retículo co rume leva a considerar ambos os estómagos de xeito unitario "retículo-rume".

O rume pode conter, no gando vacún adulto, de 100 a 120 kg de alimento en fermentación durante de 20 a 48 h, xa que o proceso de fermentación bacteriana é lento.

O retículo é unha zona de intercambio entre o rume e o terceiro estómago. Só se produce o paso ao seguinte estómago se as partículas que chegan ao retículo son de pequeno tamaño (<1–2 mm) ou son suficientemente densos (>1-2 g/ml).

Popularmente, o rume recibe os nomes de panza ou bandullo, e o retículo o de barrete.

O omaso é o terceiro preestómago, con capacidade para uns 10 kg. É un órgano pequeno con alta capacidade de absorción. Nel recíclase a auga e algúns minerais coma o sodio e o fósforo, que son devoltos ao rume mediante a saliva. Inda que este órgano non é esencial, permite a transición entre o rume e o abomaso, ambos os dous con diferentes modos de dixestión.

A mucosa gástrica presenta unhas prolongacións laminares características cara ó interior do órgano, ás que se deben as denominacións populares de libro e cenfollas.

O abomaso é o verdadeiro estómago, de mucosa glandular, similar ao dos animais non ruminantes. O seu funcionamento baséase na secreción de ácidos e gran cantidade de enzimas dixestivos. Ao abomaso chegan partículas non fermentadas de alimentos, algúns produtos finais da fermentación microbiana xunto cos microbios producidos no rume. Popularmente recibe o nome de calleiro, pois del extráese o callo.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Cladograma mostrando a posición dos Ruminantiamorpha.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]