Saltar ao contido

Millepora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Millepora

Millepora dichotoma
Clasificaci�n cient�fica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Orde: Anthoathecata
Suborde: Capitata
Familia: Milleporidae
Fleming, 1828
X�nero: Millepora
Linnaeus, 1758
�rea de distribuci�n das especies de Millepora.
�rea de distribuci�n das especies de Millepora.

Especies
V�xase o texto
Sinonimia
V�xase o texto
Millepora incrustante crecendo sobre gorgonias
Millepora alcicornis
Millepora alcicornis cos p�lipos dactilozoides estendidos
Millepora alcicornis coloniza unha gorgonia, tras recubrila por completo, desenvolve as s�as formas ramificadas habituais
Millepora tenera
Millepora platyphylla

Millepora � un x�nero de cnidarios hidrozoos da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, o �nico representante da familia dos milep�ridos, co�ecidos vulgarmente na bibliograf�a internacional como corais de fogo.

Os membros desta familia enc�dranse no grupo dos denominados falsos corais duros, ou hidrocorais, xa que, como hidrozoos, presentan as fases de p�lipo e medusa, caracter�stica que non pos�en o resto dos corais, os verdadeiros corais, pertencentes � clase dos antozoos, que s� presentan a fase p�lipo.

A s�a consideraci�n como corais d�bese a que o seu esqueleto est� composto de carbonato c�lcico, polo que, tras a morte do animal, contrib�e � xeraci�n de arrecifes de coral, debido a que a acci�n do CO2 converte moi lentamente o esqueleto en bicarbonato c�lcico, substancia esta asimil�bel directamente polas colonias coralinas.

Describ�ronse unhas 50 especies,[1] a�nda que moitas delas reclasific�sronse nos �ltimos tempos.[2] Estes corais formadores de arrecifes (corais hermatípicos) presentan unha ampla variedade de formas de crecemento. Estas formas varían desde colonias compostas por ramas con forma de árbore, colonias sólidas que adoitan teren forma de cúpula, ou colonias que se adhiren estreiamente ao substrato.[3] Poden ser verdes, de cor da crema ou amarelos, e as especies con ramas teñen núcleos ocos, que conteñen oxíxeno, e que poden romper facilmente.[3][4] Outras especies forman colonias grosas e resistentes capaces de resistiren a acción das ondas máis fortes.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1828 polo zoólogo, botánico, climatólogo e xeólogo escocés John Fleming.[5]

O xénero fora descrito en 1758 por Linneo, no volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Milleporadae Fleming, 1828 (Nome de familia incorrecto).[5]
  • Palmipora de Blainville, 1830.[5]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome científico Millepora está formado polos elementos do latín científico mille- e -pora. O primeiro deriva do adxectivo latino mille, "mil", e -pora deriva do latín porus, e este do grego antigo πóρoς póros, "vía, pasaxe, burato pequeno".[6] Literalmente: "os que teñen numerosos poros".

O nome da familia está formado, de acordo coa norma, sobra a base da raíz Millepor- do seu xénero tipo (e único), Millepora, coa adición do sufixo -idae, propio dos nomes das familias de animais.

O Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS) recoñece como válidas na actualidade (2020) as seguintes especies:[2]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

O xénero Millepora, como outros moitos do filo dos cnidarios, está sendo sometido tanto a análises filoxenéticas como a outras investigacións que os avances tecnolóxicos e científicos actuais permiten, o que mantén a varias supostas especies do xénero en situacións de dúbida sobre a súa validez e/ou situnación taxonómica.

Debido a isto, o WoRMS, tras asignar a outros xéneros moitas das especies atribuídas até hai pouco a Millepora, sinala as seguintes situacións incertas:[2]

  • Millepora cellulosa Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)[7]
  • Millepora crustacea Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)
  • Millepora reticulata Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)
  • Millepora tenella Esper, 1795 (taxon inquirendum)

Características

[editar | editar a fonte]

As colonias das especies do xénero Millepora alcanzan ao redor de 2 m,[2] a�nda que poden crecer varios metros de di�metro, e desenv�lvense masivamente en diversas formas: incrustante, ramificada, folla ou lomba.

As s�as estruturas calcarias son m�is fr�xiles que os esqueletos usuais dos corais duros (orde dos escleractinios).

� frecuente que as formas incrustantes invadan indivuduos de gorgonias para desenvolveren a colonia.

O esqueleto da colonia, ou cen�steo, est� cheo de diminutos poros, xeralmente de forna circular a�nda que ocasionalmente aparecen poros estrelados, como nos septos dos coralis escleractinios. A densidade dos poros sobre a superficie colonial oscila, segundo a especie, entre 167 e 303 poros/cm�.[8]

Os poros son de tres tipos: gastr�poros, dactil�poros e ampolas, que est�n relacionados cos tres tipos de p�lipos que pos�en estes animais: gastrozoides, encargados da nutrici�n; gonozoides, que se ocupan da reproduci�n, e dactilozoides, os defensores da colonia.[9]

Os gastr�poros te�en, aproximadamente, un di�metro duplo de que os dactil�poros, sendo a media destes �ltimos de � 0,13-0,14 mm, fronte a � 0,26-0,28 mm nos gastr�poros. Os dactilop�ros est�n dispostos, en n�mero de 3 a 9, formando c�rculos ao redor de cada gastr�poro, nunha estratexia para ga�ar eficiencia � hora de dixerir mediante os gastr�poros as presas capturadas cos tent�culos dos p�lipos dactilozoides.[10] Esta disposici�n dos poros denom�nase ciclosistema dos Millepora, e a s�a presenza prolifera m�is nas partes en crecemento da colonia, quedando reducida, ou incluso sen poros, nas partes en sombra (cr�pticas), ou con n�dulos ou verrugas. A especie Millepora exaesa ao parecer carece desta sistem�tica disposici�n de ciclos de poros, debido a que a superficie do seu corallum est� pragada de n�dulos, a�nda que nas partes en crecemento da s�as colonias aparecen grupos de, incluso, 10 dactil�poros ao redor dun gastr�poro.[8]

Como pertencentes � clase dos hidrozoos, os seus p�lipos son diferentes e te�en diferentes funci�ns que os dos corais da clase dos antozoos. Os hidrozoos te�en fases p�lipo e medusa, e as s�as g�nadas est�n en zonas epid�rmicas.[11]

Como quedou dito, tr�tase de animais que pos�en diferentes p�lipos especializados, uns son defensivos, outros son de alimentaci�n, e outros m�is son de reproduci�n. Os dactilozoides son defensivos e, ao tempo, son a principal ferramenta para captaren alimentos; te�en entre 0,1 e 0,3 mm de di�metro, permanecen en cavidades baixo a superficie do coral e emerxen pola noite a trav�s dos poros. Pos�en tent�culos finos, como pelos, que presentan unhas c�lulas urticantes denominadas nematocistos, empregadas na caza de presas de plancto ou para defenderen o seu espazo vital doutras especies. Os gastrozoides son os p�lipos encargados de distribu�r o alimento pola colonia, a trav�s dunha rede de canais que percorre o cen�nquima ou tecido com�n colonial. E os p�lipos gonozoides, que se encontran en c�maras incrustadas no cen�steo, son os encargados da reproduci�n.[5]

Os Millepora te�en tres tipos de nematocistos: estenois, isorrizas e mastig�foros macrob�sticos,[12] estes �ltimos son �nicos no x�nero, o que, en ocasi�ns, serve de clave para a s�a identificaci�n.

Os nematocistos dos Millepora son moi urticantes, o que foi a orixe do seu nome vulgar com�n na bibliograf�a internacional, corais de fogo, debido �s dolorosas picaduras que lles producen aos mergulladores.[3]

H�bitat e distribuci�n

[editar | editar a fonte]

H�bitat

[editar | editar a fonte]

As especies de Millepora viven en case todas as diferentes zonas dos arrecifes de coral localizados en zonas tropicais (a unha latitude entre os 30� N e os 20� S), a�nda que onde m�is abundan � en augas soleadas e expostas a fortes correntes mareais.

Forman extensos afloramentos en partes sa�ntes dos arrecifes, onde as correntes das mareas son fortes, e tam�n son abundantes nas abas superiores dos arrecifes e en lagoas.[4]

Habitan normalmente entre os 2 e os 40 m de profundidade,[13] a�nda que se rexistraron localizaci�ns entre os 0,5 e os 109,37 m, e nun rango de temperaturas entre os 19,81 e os 28,86 �C.[14]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distribúense desde as costas occidentais do océano Atlántico e a costa oriental africana, no Índico, pasando polo mar Vermello, todo o océano Índico e polo Pacífico oeste, até as illas do Pacífico central.[3]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Os corais de fogo conteñen algas simbióticas mutualistas (ambos os organismos benefícianse da relación), dinoflaxelados do xénero Symbiodinium coñecidos como zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos pólipos, e aliméntanse dos catabolitos dos corais (especialmente fósforo e nitróxeno).[15] Isto lles subministra entre o 70 e o 95 % das súas necesidades alimenticias. O resto obténenno capturando plancto e materia orgánica dispersa na auga.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Reprodúcense asexualmente mediante xemación, e sexualmente,[13][16] expulsando medusas á auga desde unhas estruturas chamadas ampolas (cientificamente ampullae). As medusas conteñen as gónadas, que lanzan ao exterior os óvulos e os espermatozoide (polo tanto, a fecundación é externa).[1] Os [[Ovo (bioloxía)|ovos]fecundados no exterior, permanecen á deriva arrastrados polas correntes varios días, máis tarde transfórmanse en larvas plánulas,​ que caen ao fondo, adhírese a el e comezan a súa vida sésil, segregando carbonato cálcico para conformar un esqueleto individual denominado coralito; posteriormente os pólipos reprodúcense por xemación, dando orixe á colonia, e ao esqueleto colonial, denominado cenósteo. O conxunto do cenósteo e os coralitos coñécese como corallum.[17][18][19]

Mantemento en acuarios

[editar | editar a fonte]

Os corais do xénero Millepora son os máis comúns nos acuarios. Como quedou dito, as especises de Millepora, na natureza, prefiren fortes correntes de auga e alta iluminación. Os acuariófilos que cultivan corais de fogo coñecen que o movemento da auga é o factor limitante no seu crecemiento. En canto á iluminación, as especies de Millepora son bastante agradecidas a todas as combinacións e coores de luz que se utilizan en acuarios, sempre e cando a intensidade sexa suficiente. Pero incluso con apropiadas correntese de auga e luz, estes corais deben alimentarse para sobrevivir; ps seus finos pólipos son moi urticantes e están ben situados para capturaren o plancto natural ou seus substitutos; por outra parte, unha poboación correcta en canto ao número de peixes o acuario, alimentados de forma adecuada, xerará por si soa a suficiente materia orgánica para que os corais de fogo completen a súa alimentación.[20]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fire corals (Millepora spp.) en ARKive. Consultada o 29 de agosto de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Millepora Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Veron 2000.
  4. 4,0 4,1 Veron 1986.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Milleporidae Fleming, 1828 no WoRMS.
  6. Millepora no Merriam-Webster Dictionary.
  7. Taxon inquirendum: validez taxonómica incerta ou disputada entre expertos.
  8. 8,0 8,1 Razak, T. B. & Hoeksema B. W. (2003). "The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia.". Zool. Verh. Leiden 345: 313–336. 
  9. Lucas Leclère, Peter Schuchert, Corinne Cruaud, Arnaud Couloux & Michael Manuel (2009): "Molecular Phylogenetics of Thecata (Hydrozoa, Cnidaria) Reveals Long-Term Maintenance of Life History Traits despite High Frequency of Recent Character Changes" Systematic Biology 58 (5): 509–526.
  10. Eric Borneman (2002): "Venomous Corals: The Fire Corals". Reeffkeeping Magazine Online.
  11. Cnidarios en cienciaybiologia.com (en castelán). Consultada o 28 de agosto de 2020.
  12. Östman, C. (2000): "A guideline to nematocyst nomenclature and classification, and some notes on the systematic value of nematocysts". Scientia Marina 64 (Supl. 1): 31-46.
  13. 13,0 13,1 Borneman 2001.
  14. Millepora Linnaeus, 1758​ no Ocean Biodiversity Information System (OBIS).
  15. Debelius, Helmut & Hans A. Baensch​ (1998): Marine Atlas. Volume 2. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4054-6.
  16. Wood 1983.
  17. Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004). Invertebrate Zoology, 7th edition. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning. pp. 134–135. ISBN 978-81-315-0104-7. 
  18. "Coensarc and coenosteum". Coral Hub. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  19. "The polyp skeleton". Corals of the World. Australian Institute of Marine Science. 2013. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  20. Milleporidae, corales de fuego en Aquanovel, 9 de febreiro de 2013 (en castelán). Consultado o 1 d setembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0.
  • Gasparini, J. L., Floeter, S. R., Ferreira, C. E. L. & Sazima, I. (2005): "Marine ornamental trade in Brazil". Biodiversity and Conservation 14: 2883 - 2899.
  • Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3.
  • Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2.
  • Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
  • Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science.
  • Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]