Millepora
Millepora | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Millepora dichotoma | |||||||||||||||||
Clasificaci�n cient�fica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
�rea de distribuci�n das especies de Millepora.
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Millepora � un x�nero de cnidarios hidrozoos da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, o �nico representante da familia dos milep�ridos, co�ecidos vulgarmente na bibliograf�a internacional como corais de fogo.
Os membros desta familia enc�dranse no grupo dos denominados falsos corais duros, ou hidrocorais, xa que, como hidrozoos, presentan as fases de p�lipo e medusa, caracter�stica que non pos�en o resto dos corais, os verdadeiros corais, pertencentes � clase dos antozoos, que s� presentan a fase p�lipo.
A s�a consideraci�n como corais d�bese a que o seu esqueleto est� composto de carbonato c�lcico, polo que, tras a morte do animal, contrib�e � xeraci�n de arrecifes de coral, debido a que a acci�n do CO2 converte moi lentamente o esqueleto en bicarbonato c�lcico, substancia esta asimil�bel directamente polas colonias coralinas.
Describ�ronse unhas 50 especies,[1] a�nda que moitas delas reclasific�sronse nos �ltimos tempos.[2] Estes corais formadores de arrecifes (corais hermat�picos) presentan unha ampla variedade de formas de crecemento. Estas formas var�an desde colonias compostas por ramas con forma de �rbore, colonias s�lidas que adoitan teren forma de c�pula, ou colonias que se adhiren estreiamente ao substrato.[3] Poden ser verdes, de cor da crema ou amarelos, e as especies con ramas teñen núcleos ocos, que conteñen oxíxeno, e que poden romper facilmente.[3][4] Outras especies forman colonias grosas e resistentes capaces de resistiren a acción das ondas máis fortes.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1828 polo zoólogo, botánico, climatólogo e xeólogo escocés John Fleming.[5]
Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero fora descrito en 1758 por Linneo, no volume I da 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]- Milleporadae Fleming, 1828 (Nome de familia incorrecto).[5]
Xénero
[editar | editar a fonte]- Palmipora de Blainville, 1830.[5]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O nome científico Millepora está formado polos elementos do latín científico mille- e -pora. O primeiro deriva do adxectivo latino mille, "mil", e -pora deriva do latín porus, e este do grego antigo πóρoς póros, "vía, pasaxe, burato pequeno".[6] Literalmente: "os que teñen numerosos poros".
Familia
[editar | editar a fonte]O nome da familia está formado, de acordo coa norma, sobra a base da raíz Millepor- do seu xénero tipo (e único), Millepora, coa adición do sufixo -idae, propio dos nomes das familias de animais.
Especies
[editar | editar a fonte]O Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS) recoñece como válidas na actualidade (2020) as seguintes especies:[2]
- Millepora alcicornis Linnaeus, 1758
- Millepora boschmai De Weerdt & Glynn, 1991
- Millepora braziliensis Verrill, 1868
- Millepora complanata Lamarck, 1816
- Millepora dichotoma Forsskål, 1775
- Millepora exaesa Forsskål, 1775
- Millepora foveolata Crossland, 1952
- Millepora intricata Milne Edwards, 1860
- Millepora laboreli Amaral, 2008
- Millepora latifolia Boschma, 1948
- Millepora nitida Verrill, 1868
- Millepora nodulosa Nemenzo, 1984
- Millepora platyphylla Hemprich & Ehrenberg, 1834
- Millepora squarrosa Lamarck, 1816
- Millepora tenera Boschma, 1949
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]O xénero Millepora, como outros moitos do filo dos cnidarios, está sendo sometido tanto a análises filoxenéticas como a outras investigacións que os avances tecnolóxicos e científicos actuais permiten, o que mantén a varias supostas especies do xénero en situacións de dúbida sobre a súa validez e/ou situnación taxonómica.
Debido a isto, o WoRMS, tras asignar a outros xéneros moitas das especies atribuídas até hai pouco a Millepora, sinala as seguintes situacións incertas:[2]
- Millepora cellulosa Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)[7]
- Millepora crustacea Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)
- Millepora reticulata Linnaeus, 1758 (taxon inquirendum)
- Millepora tenella Esper, 1795 (taxon inquirendum)
- Millepora compressa Linnaeus, 1766 (nomen dubium)
Características
[editar | editar a fonte]As colonias das especies do xénero Millepora alcanzan ao redor de 2 m,[2] aínda que poden crecer varios metros de diámetro, e desenvólvense masivamente en diversas formas: incrustante, ramificada, folla ou lomba.
As súas estruturas calcarias son máis fráxiles que os esqueletos usuais dos corais duros (orde dos escleractinios).
� frecuente que as formas incrustantes invadan indivuduos de gorgonias para desenvolveren a colonia.
O esqueleto da colonia, ou cen�steo, est� cheo de diminutos poros, xeralmente de forna circular a�nda que ocasionalmente aparecen poros estrelados, como nos septos dos coralis escleractinios. A densidade dos poros sobre a superficie colonial oscila, segundo a especie, entre 167 e 303 poros/cm�.[8]
Os poros son de tres tipos: gastr�poros, dactil�poros e ampolas, que est�n relacionados cos tres tipos de p�lipos que pos�en estes animais: gastrozoides, encargados da nutrici�n; gonozoides, que se ocupan da reproduci�n, e dactilozoides, os defensores da colonia.[9]
Os gastr�poros te�en, aproximadamente, un di�metro duplo de que os dactil�poros, sendo a media destes �ltimos de � 0,13-0,14 mm, fronte a � 0,26-0,28 mm nos gastr�poros. Os dactilop�ros est�n dispostos, en n�mero de 3 a 9, formando c�rculos ao redor de cada gastr�poro, nunha estratexia para ga�ar eficiencia � hora de dixerir mediante os gastr�poros as presas capturadas cos tent�culos dos p�lipos dactilozoides.[10] Esta disposici�n dos poros denom�nase ciclosistema dos Millepora, e a s�a presenza prolifera m�is nas partes en crecemento da colonia, quedando reducida, ou incluso sen poros, nas partes en sombra (cr�pticas), ou con n�dulos ou verrugas. A especie Millepora exaesa ao parecer carece desta sistem�tica disposici�n de ciclos de poros, debido a que a superficie do seu corallum est� pragada de n�dulos, a�nda que nas partes en crecemento da s�as colonias aparecen grupos de, incluso, 10 dactil�poros ao redor dun gastr�poro.[8]
-
Superficie do cen�steo de Millepora ampliado 80 veces: ao redor do gastr�poro sit�anse 8 dactil�poros. O di�metro maior do conxunto de poros � de 1,5 mm. (Ilustraci�n de 1881)
-
Vista do cen�steo de Millepora ampliado 2 veces: distribuci�n dos grupos de gastr�poros e dactil�poros na superficie do coral. (Ilustraci�n de 1881)
-
Nematocisto ovoide de M. exaesa: a) A c�lula expandida b) A c�lula co f�o totalmente enroscado
-
Nematocisto de tres pugas de M. exaesa: a) A c�lula coa cabeza sacada e o f�o parcialmente proxectado b) A c�lula na condici�n non expandida
Como pertencentes � clase dos hidrozoos, os seus p�lipos son diferentes e te�en diferentes funci�ns que os dos corais da clase dos antozoos. Os hidrozoos te�en fases p�lipo e medusa, e as s�as g�nadas est�n en zonas epid�rmicas.[11]
Como quedou dito, tr�tase de animais que pos�en diferentes p�lipos especializados, uns son defensivos, outros son de alimentaci�n, e outros m�is son de reproduci�n. Os dactilozoides son defensivos e, ao tempo, son a principal ferramenta para captaren alimentos; te�en entre 0,1 e 0,3 mm de di�metro, permanecen en cavidades baixo a superficie do coral e emerxen pola noite a trav�s dos poros. Pos�en tent�culos finos, como pelos, que presentan unhas c�lulas urticantes denominadas nematocistos, empregadas na caza de presas de plancto ou para defenderen o seu espazo vital doutras especies. Os gastrozoides son os p�lipos encargados de distribu�r o alimento pola colonia, a trav�s dunha rede de canais que percorre o cen�nquima ou tecido com�n colonial. E os p�lipos gonozoides, que se encontran en c�maras incrustadas no cen�steo, son os encargados da reproduci�n.[5]
Os Millepora te�en tres tipos de nematocistos: estenois, isorrizas e mastig�foros macrob�sticos,[12] estes �ltimos son �nicos no x�nero, o que, en ocasi�ns, serve de clave para a s�a identificaci�n.
Os nematocistos dos Millepora son moi urticantes, o que foi a orixe do seu nome vulgar com�n na bibliograf�a internacional, corais de fogo, debido �s dolorosas picaduras que lles producen aos mergulladores.[3]
H�bitat e distribuci�n
[editar | editar a fonte]H�bitat
[editar | editar a fonte]As especies de Millepora viven en case todas as diferentes zonas dos arrecifes de coral localizados en zonas tropicais (a unha latitude entre os 30� N e os 20� S), a�nda que onde m�is abundan � en augas soleadas e expostas a fortes correntes mareais.
Forman extensos afloramentos en partes sa�ntes dos arrecifes, onde as correntes das mareas son fortes, e tam�n son abundantes nas abas superiores dos arrecifes e en lagoas.[4]
Habitan normalmente entre os 2 e os 40 m de profundidade,[13] a�nda que se rexistraron localizaci�ns entre os 0,5 e os 109,37 m, e nun rango de temperaturas entre os 19,81 e os 28,86 �C.[14]
Distribuci�n
[editar | editar a fonte]Distribúense desde as costas occidentais do océano Atlántico e a costa oriental africana, no Índico, pasando polo mar Vermello, todo o océano Índico e polo Pacífico oeste, até as illas do Pacífico central.[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]Os corais de fogo conteñen algas simbióticas mutualistas (ambos os organismos benefícianse da relación), dinoflaxelados do xénero Symbiodinium coñecidos como zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos pólipos, e aliméntanse dos catabolitos dos corais (especialmente fósforo e nitróxeno).[15] Isto lles subministra entre o 70 e o 95 % das súas necesidades alimenticias. O resto obténenno capturando plancto e materia orgánica dispersa na auga.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcense asexualmente mediante xemación, e sexualmente,[13][16] expulsando medusas á auga desde unhas estruturas chamadas ampolas (cientificamente ampullae). As medusas conteñen as gónadas, que lanzan ao exterior os óvulos e os espermatozoide (polo tanto, a fecundación é externa).[1] Os [[Ovo (bioloxía)|ovos]fecundados no exterior, permanecen á deriva arrastrados polas correntes varios días, máis tarde transfórmanse en larvas plánulas, que caen ao fondo, adhírese a el e comezan a súa vida sésil, segregando carbonato cálcico para conformar un esqueleto individual denominado coralito; posteriormente os pólipos reprodúcense por xemación, dando orixe á colonia, e ao esqueleto colonial, denominado cenósteo. O conxunto do cenósteo e os coralitos coñécese como corallum.[17][18][19]
Mantemento en acuarios
[editar | editar a fonte]Os corais do xénero Millepora son os máis comúns nos acuarios. Como quedou dito, as especises de Millepora, na natureza, prefiren fortes correntes de auga e alta iluminación. Os acuariófilos que cultivan corais de fogo coñecen que o movemento da auga é o factor limitante no seu crecemiento. En canto á iluminación, as especies de Millepora son bastante agradecidas a todas as combinacións e coores de luz que se utilizan en acuarios, sempre e cando a intensidade sexa suficiente. Pero incluso con apropiadas correntese de auga e luz, estes corais deben alimentarse para sobrevivir; ps seus finos pólipos son moi urticantes e están ben situados para capturaren o plancto natural ou seus substitutos; por outra parte, unha poboación correcta en canto ao número de peixes o acuario, alimentados de forma adecuada, xerará por si soa a suficiente materia orgánica para que os corais de fogo completen a súa alimentación.[20]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Millepora complanata en Bonaire
-
Millepora intricata en Samoa Americana
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fire corals (Millepora spp.) en ARKive. Consultada o 29 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Millepora Linnaeus, 1758 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Veron 2000.
- ↑ 4,0 4,1 Veron 1986.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Milleporidae Fleming, 1828 no WoRMS.
- ↑ Millepora no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Taxon inquirendum: validez taxonómica incerta ou disputada entre expertos.
- ↑ 8,0 8,1 Razak, T. B. & Hoeksema B. W. (2003). "The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia.". Zool. Verh. Leiden 345: 313–336.
- ↑ Lucas Leclère, Peter Schuchert, Corinne Cruaud, Arnaud Couloux & Michael Manuel (2009): "Molecular Phylogenetics of Thecata (Hydrozoa, Cnidaria) Reveals Long-Term Maintenance of Life History Traits despite High Frequency of Recent Character Changes" Systematic Biology 58 (5): 509–526.
- ↑ Eric Borneman (2002): "Venomous Corals: The Fire Corals". Reeffkeeping Magazine Online.
- ↑ Cnidarios en cienciaybiologia.com (en castelán). Consultada o 28 de agosto de 2020.
- ↑ Östman, C. (2000): "A guideline to nematocyst nomenclature and classification, and some notes on the systematic value of nematocysts". Scientia Marina 64 (Supl. 1): 31-46.
- ↑ 13,0 13,1 Borneman 2001.
- ↑ Millepora Linnaeus, 1758 no Ocean Biodiversity Information System (OBIS).
- ↑ Debelius, Helmut & Hans A. Baensch (1998): Marine Atlas. Volume 2. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4054-6.
- ↑ Wood 1983.
- ↑ Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004). Invertebrate Zoology, 7th edition. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning. pp. 134–135. ISBN 978-81-315-0104-7.
- ↑ "Coensarc and coenosteum". Coral Hub. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "The polyp skeleton". Corals of the World. Australian Institute of Marine Science. 2013. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ Milleporidae, corales de fuego en Aquanovel, 9 de febreiro de 2013 (en castelán). Consultado o 1 d setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Milleporidae |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Millepora |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Borneman, E. H. (2001): Aquarium corals. Selection, Husbandry and Natural History. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications, ISBN 978-1-8900-8747-0.
- Gasparini, J. L., Floeter, S. R., Ferreira, C. E. L. & Sazima, I. (2005): "Marine ornamental trade in Brazil". Biodiversity and Conservation 14: 2883 - 2899.
- Razak, T. B. & B. W. Hoeksema (2003): The hydrocoral genus Millepora (Hydrozoa: Capitata: Milleporidae) in Indonesia. Leyden: National Museum of Natural History. ISBN 9-0732-3989-3.
- Veron, J. E. N. (1993): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Honolulu, Hawai, USA: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-1504-2.
- Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
- Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science.
- Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.