Ciclo menstrual
O ciclo menstrual � o conxunto de cambios fisiol�xicos que se producen nunha muller f�rtil que te�en como obxecto facilitar a reproduci�n sexual e a fertilizaci�n do �vulo. Os cambios afectan o estado dos ovarios, �tero e outros �rganos, est�n controlados hormonalmente e te�en unha periodicidade aproximadamente mensual. Os contraceptivos hormonais interfiren cos cambios hormonais do ciclo para as� impediren a concepci�n.
O ciclo menstrual div�dese xeralmente en tres fases: a fase folicular, a fase ovulatoria (ovulaci�n) e a fase l�tea; a�nda que outras fontes falan de fase de menstruaci�n, proliferativa e secretora.[1] O ciclo menstrual empeza a contarse desde o primeiro d�a de sangrado menstrual.
Despois da menstruaci�n o est�mulo de cantidades gradualmente maiores de estr�xenos na fase folicular fai que o fluxo da menstruaci�n se faga menor e se dete�a, e que o endometrio que reviste o �tero engrose. Os fol�culos ov�ricos empezan a desenvolverse baixo a influencia dunha complexa interacci�n de varias hormonas, e despois de varios d�as un deles (ocasionalmente dous) faise dominante, entanto que o resto dos fol�culos (non dominantes) que se empezaron a desenvolver se atrofia e morren. Aproximadamente � metade do ciclo, entre 24 e 36 horas despois de que apareza un pico de hormona luteinizante (LH), o fol�culo dominante libera un �vulo, fen�meno denominado ovulaci�n. Despois da ovulaci�n, o �vulo s� vive 24 horas ou menos se non � fertilizado, e os restos que quedan do fol�culo que ovulou conv�rtense no corpo l�teo. O corpo l�teo ten como misi�n principal a produci�n de grandes cantidades da hormona proxesterona. Baixo a influencia da proxesterona, o endometrio (revestimento uterino) sofre unha serie de cambios para prepararse para unha posible implantaci�n do embri�n e o establecemento do embarazo. Se non ten lugar a implantaci�n nun prazo de d�as semanas, o corpo l�teo dexenera, causando unha aguda ca�da dos niveis de proxesterona e estr�xenos, e isto provocar� o desprendemento da capa superficial do endometrio e o sangrado, proceso chamado menstruaci�n, que d� comezo a un novo ciclo.
No ciclo menstrual os cambios que se observan afectan a diversas partes do aparato reprodutor feminino, mais tam�n a outros aparatos (cambios nos peitos ou no estado de �nimo, por exemplo).
Menarqu�a e menopausa
[editar | editar a fonte]A primeira menstruaci�n dunha muller denom�nase menarqu�a, e ocorre xeralmente entre os 12-15 anos como media.[2][3] Por exemplo, segundo un estudo de 2008 a idade media da menarqu�a en Espa�a era de 12,43 anos[4], e un estudo de 1980 indica que en Galicia a menarqu�a produc�ase como media aos 12,7 anos (e algo antes nas zonas urbanas ca nas zonas rurais) [5] ; dita media en EEUU � de 12,5 anos,[6] no Canad� de 12,72,[7] en Reino Unido de 12,9 anos [8] e en Islandia de 13,06 � 0,10 anos.[9] Factores como a herdanza xen�tica, dieta e sa�de xeral poden acelerar ou atrasar a menarqu�a.[10]
O fin da fase reprodutiva dunha muller denom�nase menopausa, que ten lugar xeralmente entre os 45 e 55 anos. A media nos pa�ses industrializados � de 52 anos e a menopausa antes dos 45 consid�rase prematura.[11] A idade da menopausa est� en gran medida influ�da por factores xen�ticos, pero as enfermidades, certas operaci�ns cir�rxicas ou tratamentos m�dicos poden causar que a menopausa apareza antes.[12]
Duraci�n do ciclo
[editar | editar a fonte]Xeralmente consid�rase que o ciclo menstrual medio � de 28 d�as. Un amplo estudo de m�is de 30.000 ciclos en 2.300 mulleres indicou que o ciclo medio era de 29,1 d�as cunha desviaci�n est�ndar de 7,5 d�as e un 95% de intervalo de confianza entre os 15 e 45 d�as.[13] Un estudo menos amplo de 140 mulleres realizado en 2006 encontrou que a lonxitude media do ciclo era de 28,9 d�as.[14]
A duraci�n do ciclo menstrual dunha determinada muller var�a normalmente, e pode ter alg�ns ciclos curtos e outros longos. � raro que unha muller te�a variaci�ns na duraci�n dos seus ciclos de menos de catro d�as, xa que � normal unha certa variaci�n. Unha muller con variaci�ns de menos de 8 d�as entre os seus ciclos m�is longos e os m�is curtos consid�rase que ten ciclos menstruais regulares. Xeralmente, unha variaci�n na duraci�n entre 8 e 20 d�as consid�rase propia dun ciclo moderadamente irregular.[15] Unha variaci�n de 21 d�as ou m�is consid�rase xa moi irregular.[15]
A variabilidade da duraci�n dos ciclos menstruais � maior nas mulleres de menos de 25 anos de idade e � menor, � dicir, m�is regular, nas idades entre 35 e 39 anos.[13] A variabilidade aumenta lixeiramente para as mulleres que est�n no segmento de idade entre 40 e 44 anos.[13]
Fases
[editar | editar a fonte]O ciclo menstrual pode dividirse en varias fases. A duraci�n media de cada fase m�strase debaixo na t�boa; as tres primeiras est�n relacionadas con cambios no endometrio, e as �ltimas tres con procesos que ocorren nos ovarios:
Nome da fase | D�a medio de inicio asumindo que o ciclo � de 28 d�as |
D�a medio de finalizaci�n |
Fase menstrual (Menstruaci�n) | 1 | 4 |
Fase proliferativa (Algunhas fontes incl�en a menstruaci�n nesta fase) | 5 | 13 |
Fase ovulatoria (Ovulaci�n) | 13 | 16 |
Fase l�tea (tam�n chamada fase secretora) | 16 | 28 |
Fase isqu�mica | 27 | 28 |
Fase folicular | 1 | 13 |
Menstruaci�n
[editar | editar a fonte]A menstruaci�n, tam�n chamada per�odo ou regra, � o fluxo de sangue e restos de tecido que se produce ao inicio dos ciclos. Normalmente � un signo de que a muller non quedou pre�ada, a�nda que en raros casos certos factores poden provocar o sangrado vaxinal en mulleres embarazadas durante o primeiro trimestre de xestaci�n.[16][17]
Co termo eumenorrea des�gnase a menstruaci�n normal regular, que dura uns poucos d�as (xeralmente de 3 a 5 d�as, pero entre 2 e 7 d�as consid�rase tam�n normal).[19][20] A media de perda de sangue durante a menstruaci�n � de 35 mililitros (entre 10 e 80 mL consid�rase normal).[21] A causa desta perda de sangue, as mulleres son m�is susceptibles � deficiencia en ferro c�s homes.[22] Un encima denominado plasmina inhibe a coagulaci�n do sangue no fu�do menstrual.
Son com�ns as cambras dolorosas no abdome, costas, ou parte superior das coxas durante os primeiros d�as da menstruaci�n. Unha dor uterina forte durante a menstruaci�n denom�nase dismenorrea, e � moi com�n entre adolescentes e mulleres novas (afecta a un 67,2% das adolescentes).[23] Cando empeza a menstruaci�n, os s�ntomas da s�ndrome premenstrual como dor nos peitos e irritabilidade dimin�en xeralmente.[20]
Fase folicular
[editar | editar a fonte]Esta fase tam�n se denomina fase proliferativa porque as hormonas causan o crecemento ou proliferaci�n do endometrio uterino durante ela.[24]
Baixo a influencia dun aumento da hormona estimulante dos fol�culos (FSH) durante os primeiros d�as do ciclo, estim�lase o crecemento duns cantos fol�culos ov�ricos.[24] Estes fol�culos, que xa estaban presentes no momento do nacemento [24] e que se estiveran desenvolvendo durante case todo un ano (proceso chamado foliculox�nese), compiten uns con outros para facerse o fol�culo dominante. Influ�dos por varias hormonas, todos ag�s un deter�n o seu crecemento, e s� o que se fixo dominante continuar� madurando. Este fol�culo chega � fase madura na que se chama fol�culo terciario ou fol�culo de De Graaf, e nel est� o ovocito que ovular�.[24]
A medida que os fol�culos maduran, segregan cada vez m�is estradiol (un estr�xeno). O estr�xeno inicia a formaci�n dunha nova capa de endometrio no �tero, polo que neste estado se denomina endometrio proliferativo. O estr�xeno tam�n estimula nas criptas do c�rvix uterino a produci�n de moco cervical f�rtil, que pode ser detectado pola muller.[25]
Ovulaci�n
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Ovulaci�n.
Durante a fase folicular o estradiol suprime a produci�n de hormona luteinizante (LH) na adenohip�fise. Cando o ovocito est� case maduro, os niveis de estradiol atinguen un limiar por encima do cal empezan a estimular a produci�n de LH. Estas respostas opostas do LH e o estradiol poden deberse � presenza de dous receptores de estr�xenos diferentes no hipot�lamo: o receptor de estr�xenos alfa, que � responsable do bucle de retroalimentaci�n negativa estradiol-LH, e o receptor de estr�xenos beta, que � responsable do efecto positivo estradiol-LH.[26] Nun ciclo medio esta ondada de LH comeza arredor do d�a 12 do ciclo e pode durar 48 horas.
A liberaci�n de LH fai madurar o ovocito e debilita a parede do fol�culo ov�rico, causando que o fol�culo se desenvolva totalmente e libere o ovocito secundario que cont�n.[24] O ovocito secundario remata a s�a maduraci�n transform�ndose no �vulo maduro. O �vulo maduro ten un di�metro duns 0,2 mm.[27]
O feito de que a ovulaci�n aconteza no ovario esquerdo ou no dereito parece ser casual, e non se co�ece que exista coordinaci�n entre ambos os ovarios.[28] Ocasionalmente, ambos os ovarios poden liberar un �vulo;[28] se ambos os �vulos son fecundados, o resultado � a formaci�n de xemelgos fraternos.[29]
Ao ser liberado do ovario, o �vulo pasa ao espazo peritoneal, onde � recollido polas fimbrias das trompas de Falopio e acaba en ditas trompas. Despois de pasado un d�a, o �vulo non fertilizado desint�grase na trompa de Falopio.[24]
A fertilizaci�n do �vulo polo espermatozoide, se ocorrer, xeralmente ten lugar na parte final m�is larga da trompa de Falopio, chamada ampola da trompa de Falopio. Un �vulo fertilizado empeza inmediatamente o proceso da embriox�nese humana. O embri�n en desenvolvemento tarda uns tres d�as en chegar ao �tero e outros tres d�as en implantarse no endometrio.[24] Normalmente, o embri�n chegou nese momento ao estado de blastocisto, no cal se implanta.
Nalgunhas mulleres, a ovulaci�n produce unha certa dor abdominal.[20] O s�peto cambio hormonal do momento da ovulaci�n �s veces causa tam�n un lixeiro fluxo sangu�neo no medio do ciclo.[30]
Fase l�tea
[editar | editar a fonte]A fase l�tea tam�n se chama fase secretora. Nela � fundamental a actuaci�n do corpo l�teo, o cal se orixinou a partir da transformaci�n dos restos do fol�culo postovulatorio. O corpo l�teo contin�a a medrar durante alg�n tempo despois da ovulaci�n e produce cantidades significativas de hormonas, especialmente proxesterona.[24] A proxesterona � vital para que o endometrio se faga receptivo � implantaci�n do blastocisto e o mante�a durante o inicio do embarazo; tam�n ten o efecto de facer aumentar a temperatura basal corporal da muller.[31]
A formaci�n do corpo l�teo debeuse � influencia sobre o fol�culo postovulatorio das hormonas FSH e LH, e a proxesterona que este produce fai que as gl�ndulas adrenais produzan estr�xeno. As hormonas producidas polo corpo l�teo tam�n suprimen a produci�n de FSH e LH, que o propio corpo l�teo precisa para manterse. Como consecuencia da baixada r�pida de FSH e LH o corpo l�teo atr�fiase e dexenera.[24] Ao dexenerar caen os niveis de proxesterona, o que desencadea a menstruaci�n e o comezo do seguinte ciclo. Desde a ovulaci�n ata o comezo da menstruaci�n adoitan pasar unhas d�as semanas (14 d�as). Nunha determinada muller a duraci�n da fase folicular pode variar de ciclo a ciclo, pero, polo contrario, a fase l�tea ten unha duraci�n bastante constante.[32]
A perda do corpo l�teo non se produce se o �vulo foi fecundado, xa que o embri�n resultante produce gonadotropina cori�nica humana (hCG), que � moi similar � LH e mant�n o corpo l�teo durante uns meses, ata que a placenta tome o relevo na produci�n de hormonas. Como a hCG � exclusiva do embri�n, a maior�a das probas de embarazo buscan a presenza desta hormona.[24]
Per�odo f�rtil
[editar | editar a fonte]O per�odo de maior fertilidade (coa maior posibilidade de embarazo ao ter unha relaci�n sexual) est� comprendido entre os 5 d�as antes da ovulaci�n e 1 ou 2 d�as despois.[33] Nun ciclo de 28 d�as con 14 d�as de fase l�tea, isto corresponde co per�odo entre a segunda semana e o inicio da terceira. Ide�ronse varios m�todos para axudar a que unha muller estime os d�as relativamente f�rtiles ou relativamente inf�rtiles dos seus ciclos, chamados m�todos contraceptivos naturais. Alg�ns destes m�todos bas�anse en medir a duraci�n dos ciclos e denom�nanse m�todos baseados no calendario.[34] Os m�todos que requiren a observaci�n dun ou m�is dos tres principais signos de fertilidade (temperatura basal corporal, moco cervical, e posici�n cervical) [35] denom�nanse m�todos baseados nos s�ntomas.[34] Existen tests de urina en farmacia, denominados predictores da ovulaci�n, que detectan a ondada de LH que aparece de 24 a 36 horas antes da ovulaci�n.[36]
A fertilidade tam�n depende da idade da muller.[37][38] Como os gametos dos que potencialmente poder� dispo�er a muller se forman na idade fetal,[39] e alg�ns son ovulados d�cadas despois, suxeriuse que esta vida tan longa no corpo pode facer que a cromatina dos ovocitos sexa m�is vulnerable c� dos espermatozoides (que se forman continuamente). Por�n, malia o que caber�a esperar segundo esta hip�tese, obs�rvase un efecto similar en homes e mulleres en relaci�n coa idade sobre a fertilidade ou anormalidades nos gametos ou no embarazo.
Efecto sobre outros sistemas corporais
[editar | editar a fonte]Algunhas mulleres con trastornos neurol�xicos experimentan un agravamento dos s�ntomas nun mesmo momento do seu ciclo menstrual. Por exemplo, a ca�da menstrual dos niveis de estr�xenos desencadea xaquecas,[40] especialmente cando a muller que sofre as xaquecas est� tam�n tomando a p�lula anticonceptiva. Moitas mulleres que sofren de epilepsia te�en m�is crises cun patr�n asociado co ciclo menstrual; e isto denom�nase "epilepsia catamenial".[41] Parecen existir diferentes patr�ns (como ataques epil�pticos coincidentes co momento da menstruaci�n, ou co momento da ovulaci�n), mais a frecuencia coa que ocorren non foi a�nda firmemente establecida. Seguindo unha determinada definici�n do fen�meno, nun estudo atopouse que arredor dun terzo das mulleres con epilepsia parcial intratable ti�an epilepsia catamenial.[41][42][43] Suxeriuse que existe un efecto hormonal, no cal a baixada nos niveis de proxesterona e o incremento de estr�xenos desencadear�an as crises epil�pticas.[44] Recentemente, alg�ns estudos atoparon que as doses altas de estr�xenos poden causar ou empeorar as crises, e as doses altas de proxesterona poden ter un efecto antiepil�ptico.[45] Outros estudos publicados en revistas m�dicas indican que as mulleres que est�n menstruando te�en unha probabilidade 1,68 veces maior de cometer suicidio.[46]
Os ratos util�zanse como modelo experimental para investigar os posibles mecanismos polos cales os nives de esteroides sexuais hormonais poder�an regular o funcionamento do sistema nervioso. Durante a parte do ciclo estral do rato no que a proxesterona est� a un nivel m�is alto, o nivel do receptor GABA subtipo delta das neuronas � tam�n alto. Como eses receptores GABA son inhibirtorios, as neuronas con m�is receptores delta � menos probable que env�en impulsos c�s que te�en menor cantidade de ditos receptores. Durante a parte do ciclo do rato no que os niveis de estr�xenos est�n m�is altos c�s de proxesterona, o n�mero de receptores delta decrece, incrementando a actividade da neurona, o que aumenta a ansiedade e a susceptibilidade �s crises.[47]
Os niveis de estr�xenos poden afectar tam�n � tiroide.[48] Por exemplo, durante a fase l�tea do ciclo (cando os estr�xenos est�n baixos), a velocidade do fluxo sangu�neo na tiroide � menor ca durante a fase folicular (cando os estr�xenos est�n m�is altos).[49]
Antes pens�base que entre mulleres que viv�an xuntas en estreita convivencia tend�a a sincronizarse o comezo da menstruaci�n. Este efecto describiuse por primeira vez en 1971, e prop�xose en 1998 unha explicaci�n para el baseada na produci�n de feromonas.[50] Pero posteriores investigaci�ns puxeron esta hip�tese en cuesti�n.[51]
Ciclos anormais e outros trastornos
[editar | editar a fonte]A menstruaci�n pouco frecuente ou irregular denom�nase oligoovulaci�n.[52] A ausencia de ovulaci�n ch�mase anovulaci�n. O fluxo menstrual normal pode presentarse sen ir precedido dunha ovulaci�n, � dicir, nun ciclo anovulatorio. Nalg�ns ciclos, o desenvolvemento folicular pode comezar pero non completarse totalmente; por�n, os estr�xenos estimulan igualmente a formaci�n do endometrio uterino. O fluxo anovulatorio orixinado pola descamaci�n dun endometrio moi desenvolvido resultante de niveis de estr�xenos altos e prolongados denom�nase sangrado en medio do ciclo (estrogen breakthrough bleeding). Os ciclos anovulatorios ocorren xeralmente na menopausa (perimenopausa) e nas mulleres con s�ndrome de ovario poliqu�stico.[53]
Un fluxo moi pequeno (menos de 10 mL) denom�nase hipomenorrea. Os ciclos regulares con intervalos de 21 d�as ou menos denom�nanse polimenorrea; e a menstruaci�n frecuente pero irregular co��cese como metrorraxia. Os fluxos abundantes s�petos ou cantidades superiores a 80 mL denom�nanse menorraxia.[54] As menstruaci�ns abundantes que se presentan de forma frecuente e irregular co��cense como menometrorraxia. O termo co que se denominan os ciclos con intervalos que superan os 35 d�as � oligomenorrea.[55] O termo amenorrea apl�case cando, en mulleres non embarazadas, en idade reprodutora as menstruaci�ns non se producen nun per�odo de tres [54] a seis [55] meses.
Alg�ns estudos indican que as mulleres con ciclos irregulares regularizan os seus ciclos cando son expostas a extractos das secrecións da axila masculina.[56] Os autores deses estudos hipotetizan que a explicación pode ser que na axila se producen feromonas.[56]
Supresión da ovulación
[editar | editar a fonte]Contraceptivos hormonais
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Contracepción hormonal.
Os contraceptivos hormonais funcionan interrompendo o ciclo menstrual. A retroalimentación negativa exercida polos proxestáxenos fai decrecer a frecuencia pulsátil de liberación de hormona liberadora da gonadotropina (GnRH) polo hipotálamo, a cal fai diminuír a liberación de hormona estimulante dos folículos (FSH) e hormona luteinizante (LH) pola adenohipófise ou pituitaria anterior. A diminución dos niveis de FSH inhibe o desenvolvemento folicular, impedindo así que se incremente a produción de estradiol. A retroalimentación negativa dos proxestáxenos e a falta da retroalimentación positiva dos estróxenos sobre a liberación de LH impide a ondada de LH de metade do ciclo. En consecuencia, a inhibición do desenvolvemento folicular e a ausencia da ondada de LH impide a ovulación.[57][58][59]
Os contraceptivos hormonais poden conter só proxestáxenos ou poden ser contraceptivos combinados, que conteñen estróxenos e proxestáxenos. A dose hormonal que conteñen pode ser baixa, intermedia ou alta.
O grao de supresión da ovulación dos contraceptivos con só proxestáxeno depende da actividade e dose do proxestáxeno. Os contraceptivos de só proxestáxeno de baixa dose (as tradicionais pílulas de só proxestáxenos, os implantes subdérmicos, e o sistema intrauterino) inhiben a ovulación en ~50% dos ciclos e dependen para a súa efectividade como contraceptivos principalmente doutros efectos, como o espesamento do moco cervical.[60] Os contraceptivos de só proxestáxenos de doses intermedias (pílulas de só proxestáxenos e implantes subdérmicos) permiten algún desenvolvemento folicular pero inhiben a ovulación nun 97–99% dos ciclos, e con eles teñen lugar os mesmos cambios do moco cervical cós producidos polos proxestáxenos de moi baixa dose. Os contraceptivos de só proxestáxenos de alta dose (inxectables) inhiben completamente o desenvolvemento folicular e a ovulación.[60]
Os contraceptivos hormonais combinados conteñen tanto estróxeno coma proxestáxeno. A retroalimentación negativa dos estróxenos sobre a adenohipófise fai decrecer moito a liberación de FSH, o que fai aos contraceptivos hormonais combinados máis efectivos na inhibición do desenvolvemento folicular e para impedir a ovulación. Os estróxenos tamén reducen a incidencia do sangrado en medio do ciclo irregular.[57][58][59] Varios contraceptivos hormonais combinados (pílulas e parches) utilízanse xeralmente dun modo que causa o sangrado (regra) por privación da hormona. Como nos ciclos normais, a menstruación ocorre cando os niveis de estróxenos e proxesterona caen rapidamente,[31] un descanso temporal no uso dos contraceptivos hormonais combinados durante unha semana (tomando pílulas placebo, ou suspendendo o uso do parche) ten o efecto similar de causar a descamación do endometrio. Se non se desexa o sangrado (regra) por privación da hormona, os contraceptivos hormonais combinados poden tomarse continuamente, sen a mencionada interrupción, aínda que isto incrementa o risco de sangrado en medio do ciclo.
Amenorrea durante a lactación
[editar | editar a fonte]A lactación materna produce unha retroalimentación negativa sobre os pulsos de secreción de hormona liberadora da gonadotropina (GnRH) e de hormona luteinizante (LH). Dependendo da potencia con que actúe esta retroalimentación negativa, as mulleres que están dando o peito aos seus fillos poden experimentar algún dos seguintes fenómenos: unha completa supresión do desenvolvemento folicular, ou ben desenvolvemento folicular pero sen ovulación, ou tamén poden recomezar os ciclos menstruais normais.[61] A supresión da ovulación é máis probable cando a succión do meniño se produce con máis frecuencia.[62] A produción de prolactina en resposta á succión é importante para manter a amenorrea lactacional.[63] Como media, nas mulleres que están alimentando aos seus fillos totalmente dando o peito con succións frecuentes obsérvase unha reaparición da menstruación catorce meses e medio despois do parto. Hai un amplo rango de respostas entre as mulleres que están dando de mamar; a algunhas vólvelles a menstruación aos dous meses e outras permanecen no estado amenorreico durante 42 meses despois do parto.[64]
A lúa e a menstruación
[editar | editar a fonte]A palabra menstruación está etimoloxicamente relacionada con lúa, concretamente coa palabra latina mensis (mes), que á súa vez está relacionada co termo grego mene (lúa).[65]
Algúns autores cren que as mulleres nas sociedades tradicionais doutras épocas históricas nas que non había iluminación artificial nocturna ovulaban coa lúa chea e menstruaban coa lúa nova,[66] e mesmo algúns autores documentan os controvertidos intentos de utilizar esa posible asociación coas fases da lúa para mellorar un "método de calendario" para regular a concepción.[65][67]
Publicáronse algúns estudos en humanos e outros animais [68] que atoparon que a luz artificial nocturna inflúe no ciclo menstrual dos humanos e no ciclo estral dos ratos (os ciclos son máis regulares en ausencia de luz artificial nocturna). Suxeriuse tamén que a exposición á luz pola mañá favorece que os ciclos sexan máis regulares.[69] Un autor mesmo suxeriu que a sensibilidade dos ciclos das mulleres á iluminación artificial nocturna está causada por deficiencias nutricionais en certas vitaminas e minerais.[70]
Por outra parte, en relación coas fases da lúa, aínda que se publicaron algúns estudos que mostraban unha correlación entre o ciclo menstrual das mulleres e as fases do ciclo lunar,[71][72] unha metaanálise de todos os estudos realizados desde 1996 non mostrou que houbese ningunha correlación.[73][74][75][76][77] Fixéronse tamén estudos sobre o pobo africano dogon, que en xeral non utiliza luz eléctrica e pasa a maioría das noites ao aire libre, para ver se, sen a interferencia da luz eléctrica, a lúa influía nos seus ciclos menstruais, pero non se observou que houbese neles ningunha correlación entre as fases da lúa e o seu ciclo menstrual.[78]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jerrold S.Greenberg, Clint E. Bruess, Sarah C. Conklin (2007). Exploring the dimensions of human sexuality (3rd ed.). Jones & Bartlett. pp. 136–137.
- ↑ Women's Gynecologic Health. Jones & Bartlett Publishers. 2011. p. 94. ISBN 9780763756376.
- ↑ Karapanou O, Papadimitriou A (September 2010). "Determinants of menarche". Reproductive Biology and Endocrinology 8: 115. PMC 2958977. PMID 20920296. doi:10.1186/1477-7827-8-115.
- ↑ Marco Hernández, M; Benítez, R; Medranda, I; Pizarro, C; Méndez, MJ. Variaciones fisiológicas normales del desarrollo puberal: edad del inicio puberal, edad de la menarquia y talla. An. Pediatr. (Barc.). 2008;69:147-53. - vol.69 núm 02 [1]
- ↑ Emilio Herrera Justiniano. La pubertad. Google books
- ↑ Anderson SE, Dallal GE, Must A (2003). "Relative weight and race influence average age at menarche: results from two nationally representative surveys of US girls studied 25 years apart". Pediatrics 111 (4 Pt 1): 844–50. PMID 12671122. doi:10.1542/peds.111.4.844.
- ↑ Age at menarche in Canada: results from th... [BMC Public Health. 2010] - PubMed - NCBI
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ Magnússon, T.E. (1978). "Age at menarche in Iceland.". American journal of physical anthropology 48 (4): 511–4. ISSN 0002-9483. PMID 655271. doi:10.1002/ajpa.1330480410.
- ↑ "At what age does a girl get her first period?". National Women's Health Information Center. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 2011-11-20.
- ↑ "Clinical topic - Menopause". NHS. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2009. Consultado o 2 November 2009.
- ↑ Shuman, Tracy (2006). "Your Guide to Menopause". WebMD. Consultado o 16 December 2006.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Chiazze Jr, L; Brayer, FT; MacIsco Jr, JJ; Parker, MP; Duffy, BJ (1968). "The length and variability of the human menstrual cycle". JAMA : the journal of the American Medical Association 203 (6): 377–80. doi:10.1001/jama.203.6.377. PMID 5694118. [2]
- ↑ http://epublications.marquette.edu/cgi/viewcontent.cgi?article=1010&context=nursing_fac
- ↑ 15,0 15,1 John Kippley, Sheila Kippley (1996). The Art of Natural Family Planning (4th ed.). The Couple to Couple League - Cincinnati, OH. p. 92. ISBN 0-926412-13-2.
- ↑ Anderson-Berry, Ann L; Terence Zach (10 December 2007). "Vanishing Twin Syndrome". Emedicine.com (WebMD). Consultado o 21 September 2008.
- ↑ Ko, Patrick; Young Yoon (23 August 2007). "Placenta Previa". Emedicine.com (WebMD). Consultado o 21 September 2008.
- ↑ References and further description of values are given in image page in Wikimedia Commons at Commons:File:Hormones estradiol, progesterone, LH and FSH during menstrual cycle.svg.
- ↑ The National Women's Health Information Center (2002). "What is a typical menstrual period like?". U.S. Department of Health and Human Services. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2007. Consultado o 11 June 2005.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 John M Goldenring (1 February 2007). "All About Menstruation". WebMD. Consultado o 5 October 2008.
- ↑ David L Healy (2004-11-24). "Menorrhagia Heavy Periods - Current Issues". Monash University. ABN 12 377 614 012. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ Harvey LJ, Armah CN, Dainty JR; et al. (2005). "Impact of menstrual blood loss and diet on iron deficiency among women in the UK". The British journal of nutrition 94 (4): 557–64. PMID 16197581. doi:10.1079/BJN20051493. Consultado o 5 October 2008.
- ↑ Sharma P, Malhotra C, Taneja DK, Saha R (2008). "Problems related to menstruation amongst adolescent girls". Indian J Pediatr 75 (2): 125–9. doi:10.1007/s12098-008-0018-5. PMID 18334791
- ↑ 24,00 24,01 24,02 24,03 24,04 24,05 24,06 24,07 24,08 24,09 Losos, Jonathan B.; Raven, Peter H.; Johnson, George B.; Singer, Susan R. (2002). Biology. New York: McGraw-Hill. pp. 1207–09. ISBN 0-07-303120-8.
- ↑ Toni Weschler (2002). Taking Charge of Your Fertility (Revised ed.). New York: HarperCollins. pp. 359–361. ISBN 0-06-093764-5.
- ↑ Hu L, Gustofson RL, Feng H; et al. (2008). "Converse Regulatory Functions of Estrogen Receptor-α and -β Subtypes Expressed in Hypothalamic Gonadotropin-Releasing Hormone Neurons". Mol. Endocrinol. 22 (10): 2250–9. PMC 2582533. PMID 18701637. doi:10.1210/me.2008-0192.
- ↑ Gray, Henry David (2000). "The Ovum". Anatomy of the human body. Philadelphia: Bartleby. ISBN 1-58734-102-6. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2009. Consultado o 26 febreiro 2012. [3] Arquivado 25 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ 28,0 28,1 Ecochard R, Gougeon A (2000). "Side of ovulation and cycle characteristics in normally fertile women". Human reproduction (Oxford, England) 15 (4): 752–5. PMID 10739814. doi:10.1093/humrep/15.4.752.
- ↑ "Multiple Pregnancy: Twins or More - Topic Overview". WebMD Medical Reference from Healthwise. 24 July 2007. Consultado o 5 October 2008.
- ↑ Weschler (2002), p.65
- ↑ 31,0 31,1 Weschler (2002), pp.361-2
- ↑ Weschler (2002), p.47
- ↑ Weschler (2002), pp.242,374
- ↑ 34,0 34,1 "Medical Eligibility Criteria for Contraceptive Use:Fertility awareness-based methods". Third edition. World Health Organization. 2004. Consultado o 29 April 2008.
- ↑ Weschler (2002), p.52
- ↑ MedlinePlus - 007062 - LH urine test (home test)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ http://humrep.oxfordjournals.org/content/19/7/1548
- ↑ Krock, Lexi (2001). "Fertility Throughout Life". 18 Ways to Make a Baby. NOVA Online. Consultado o 24 December 2006. Haines, Cynthiac (2006). "Your Guide to the Female Reproductive System". The Cleveland Clinic Women's Health Center. WebMD. Consultado o 24 December 2006.
- ↑ Migraine and Estrogen Officially Linked | The Daily Headache
- ↑ 41,0 41,1 Herzog AG (2008). "Catamenial epilepsy: definition, prevalence pathophysiology and treatment". Seizure : the journal of the British Epilepsy Association 17 (2): 151–9. PMID 18164632. doi:10.1016/j.seizure.2007.11.014.
- ↑ Herzog AG, Harden CL, Liporace J; et al. (2004). "Frequency of catamenial seizure exacerbation in women with localization-related epilepsy". Annals of neurology 56 (3): 431–4. PMID 15349872. doi:10.1002/ana.20214.
- ↑ Herzog AG, Klein P, Ransil BJ (1997). "Three patterns of catamenial epilepsy". Epilepsia 38 (10): 1082–8. PMID 9579954. doi:10.1111/j.1528-1157.1997.tb01197.x.
- ↑ Scharfman HE, MacLusky NJ (2006). "The Influence of Gonadal Hormones on Neuronal Excitability, Seizures, and Epilepsy in the Female". Epilepsia 47 (9): 1423–40. PMC 1924802. PMID 16981857. doi:10.1111/j.1528-1167.2006.00672.x.
- ↑ "Menstrual cycle". epilepsy.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ Enrique Baca-García, Carmen Diaz-Sastre, Antonio Ceverino, Jeronimo Saiz-Ruiz, Francisco J. Diaz, and Jose de Leon, E; Diaz-Sastre, C; Ceverino, A; Saiz-Ruiz, J; Diaz, FJ; De Leon, J (March/April 2003). "Association Between the Menses and Suicide Attempts: A Replication Study". Psychosomatic Medicine 65 (2): 237–44. PMID 12651991. doi:10.1097/01.PSY.0000058375.50240.F6. Consultado o 2 December 2008.
- ↑ Maguire JL, Stell BM, Rafizadeh M, Mody I (2005). "Ovarian cycle-linked changes in GABAA receptors mediating tonic inhibition alter seizure susceptibility and anxiety". Nat. Neurosci. 8 (6): 797–804. PMID 15895085. doi:10.1038/nn1469.
- ↑ Doufas, Anthony G.; Mastorakos, George (2006-01-25). "The Hypothalamic-Pituitary-Thyroid Axis and the Female Reproductive System". Annals of the New York Academy of Sciences (en inglés) 900 (1): 65–76. doi:10.1111/j.1749-6632.2000.tb06217.x. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 03 de febreiro de 2020.
- ↑ Krejza J, Nowacka A, Szylak A, Bilello M, Melhem LY (2004). "Variability of thyroid blood flow Doppler parameters in healthy women". Ultrasound in medicine & biology 30 (7): 867–76. PMID 15313319. doi:10.1016/j.ultrasmedbio.2004.05.008.
- ↑ Stern K, McClintock MK (1998). "Regulation of ovulation by human pheromones". Nature 392 (6672): 177–9. PMID 9515961. doi:10.1038/32408.
- ↑ Adams, Cecil (20 December 2002). "Does menstrual synchrony really exist?". The Straight Dope. The Chicao Reader. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2008. Consultado o 10 January 2007.
- ↑ Galan, Nicole (16 April 2008). "Oligoovulation". about.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 October 2008.
- ↑ EMedicine|med|146|Anovulation
- ↑ 54,0 54,1 EMedicine|ped|2781|Menstruation Disorders
- ↑ 55,0 55,1 Oriel KA, Schrager S (1999). "Abnormal uterine bleeding". American Family Physician 60 (5): 1371–80; discussion 1381–2. PMID 10524483. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2011. Consultado o 12 October 2008.
- ↑ 56,0 56,1 Looking for love potion number nine, Cathryn M. Delude, Boston Globe, September 2, 2003.
- ↑ 57,0 57,1 Trussell, James (2007). "Contraceptive Efficacy". En Hatcher, Robert A.; et al. Contraceptive Technology (19th rev. ed.). New York: Ardent Media. ISBN 0-9664902-0-7. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2012. [4] Arquivado 31 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ 58,0 58,1 Speroff, Leon; Darney, Philip D. (2005). "Oral Contraception". A Clinical Guide for Contraception (4th ed.). Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. pp. 21–138. ISBN 0-7817-6488-2.
- ↑ 59,0 59,1 Loose, Davis S.; Stancel, George M. (2006). "Estrogens and Progestins". En Brunton, Laurence L.; Lazo, John S.; Parker, Keith L. (eds.). Goodman & Gilman's The Pharmacological Basis of Therapeutics (11th ed.). New York: McGraw-Hill. pp. 1541–71. ISBN 0-07-142280-3.
- ↑ 60,0 60,1 Anna Glasier (2006). "Contraception". En DeGroot, Leslie J.; Jameson, J. Larry (eds.). Endocrinology (5th ed.). Elsevier Saunders - Philadelphia. pp. 3000–1. ISBN 0-7216-0376-9.
- ↑ McNeilly AS (2001). "Lactational control of reproduction". Reprod. Fertil. Dev. 13 (7–8): 583–90. PMID 11999309. doi:10.1071/RD01056.
- ↑ John Kippley, Sheila Kippley (1996). The Art of Natural Family Planning (4th ed.). The Couple to Couple League - Cincinnati, OH. pp. 347. ISBN 0-926412-13-2.
- ↑ Stallings JF, Worthman CM, Panter-Brick C, Coates RJ (1996). "Prolactin response to suckling and maintenance of postpartum amenorrhea among intensively breastfeeding Nepali women". Endocr. Res. 22 (1): 1–28. PMID 8690004. doi:10.3109/07435809609030495.
- ↑ "Breastfeeding: Does It Really Space Babies?". The Couple to Couple League International. Internet Archive. 17 January 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2008. Consultado o 21 September 2008., que cita:
- Sheila K. and John F. Kippley (November–December 1972). "The relation between breastfeeding and amenorrhea". Journal of obstetric, gynecologic, and neonatal nursing 1 (4): 15–21. PMID 4485271.
- Sheila Kippley (November–December 1986 and January–February 1987). "Breastfeeding survey results similar to 1971 study". The CCL News 13 (3): 10. and 13(4): 5.
- ↑ 65,0 65,1 Allen, Kevin (2007). The Reluctant Hypothesis: A History of Discourse Surrounding the Lunar Phase Method of Regulating Conception. Lacuna Press. p. 239. ISBN 978-0951097427.
- ↑ Cohen, Sari (February–March 2005). "Melatonin, menstruation, and the moon". Townsend Letter for Doctors and Patients. Consultado o 21 September 2008.
Knight, Chris; Camilla Power & Ian Watts (1995). "The Human Symbolic Revolution: A Darwinian Account" (PDF). Cambridge Archaeological Journal 5 (1): 75–114. doi:10.1017/S0959774300001190. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2020. Consultado o 13 December 2006.
Lacey, Louise (1975). Lunaception: a feminine odyssey into fertility and contraception. Coward, McCann & Geoghegan - New York. ISBN 0-698-10674-1. - ↑ "[5]". Fertility and the Moon Phase Cycle Book reviews, information and research on lunar correlates in fertility cycles
- ↑ Harder, Ben (Week of August 28, 2004). "Bright nights kindle cancers in mice". Science News 166 (9): 141.
- ↑ Danilenko KV, Samoilova EA (2007). "Stimulatory Effect of Morning Bright Light on Reproductive Hormones and Ovulation: Results of a Controlled Crossover Trial". PLoS clinical trials 2 (2): e7. PMC 1851732. PMID 17290302. doi:10.1371/journal.pctr.0020007.
- ↑ Shannon, Marilyn M. (2001). Fertility, cycles & nutrition : how your diet affects your menstrual cycles & fertility (3rd ed.). Couple to Couple League International - Cincinnati, Ohio. pp. 71–2.
- ↑ Friedmann, E (1981). "Menstrual and lunar cycles". American journal of obstetrics and gynecology 140 (3): 350. PMID 7246643.
- ↑ Law, Sung Ping (1986). "The Regulation of Menstrual Cycle and its Relationship to the Moon". Acta Obstetricia et Gynecologica Scandinavica 65 (1): 45–8. PMID 3716780. doi:10.3109/00016348609158228.
- ↑ As cited by Adams, Cecil, "What's the link between the moon and menstruation?" Arquivado 17 de maio de 2008 en Wayback Machine. (accessed 6 June 2006):
George O. Abell, Barry Singer (1983). Science and the Paranormal: Probing the Existence of the Supernatural. Scribner Book Company. ISBN 0-684-17820-6. - ↑ Cutler WB (1980). "Lunar and menstrual phase locking". Am. J. Obstet. Gynecol. 137 (7): 834–9. PMID 7405975.
- ↑ Friedmann E (1981). "Menstrual and lunar cycles". Am. J. Obstet. Gynecol. 140 (3): 350. PMID 7246643.
- ↑ Law SP (1986). "The regulation of menstrual cycle and its relationship to the moon". Acta Obstet Gynecol Scand 65 (1): 45–8. PMID 3716780. doi:10.3109/00016348609158228.
- ↑ Zimecki M (2006). "The lunar cycle: effects on human and animal behavior and physiology". Postepy Hig Med Dosw (Online) 60: 1–7. PMID 16407788. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 26 de febreiro de 2012.
- ↑ Strassmann B.I. (1997). "The biology of menstruation in Homo sapiens: total lifetime menses, fecundity, and nonsynchrony in a natural fertility population". Current Anthropology 38: 123–129.