Saltar ao contido

Sistema urinario

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aparato urinario»)

Sistema urinario
1. sistema urinario humano: 2. Ril, 3. Pelve renal, 4. Ur�ter, 5. Vexiga urinaria, 6. Uretra
Lat�n systema urinarium

O sistema, aparato -ou aparello- urinario � o conxunto de �rganos dos animais multicelulares que te�en como funci�n a expulsi�n dos diferentes produtos de refugallo que se producen a consecuencia do metabolismo celular nos distintos �rganos e tecidos corporais, evitando que alcancen concentraci�ns t�xicas. Por compartir �rganos co aparato reprodutor estudouse conxuntamente baixo a denominaci�n de xenitourinario.

Adoita identificarse co aparato excretor, pero c�mpre ter presente que no corpo existen outros �rganos excretores, como as gl�ndulas sudor�paras, o f�gado ou os pulm�ns. A�nda as�, estes �rganos cumpren outras funci�ns que son prioritarias polo que se estudan dentro da anatom�a da pel, do aparato dixestivo ou do aparato respiratorio, reservando para a anatom�a do aparato urinario o conxunto de �rganos que te�en como �nica -ou principal- funci�n a excreci�n de substancias t�xicas.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O aparato urinario est� composto polos seguintes �rganos:

  • Riles: en n�mero par, situados na rexi�n lumbar, nos que se produce a urina.
  • Ur�teres: un por cada ril, condutos tubulares que recollen a urina dos riles e a conducen � vexiga.
  • Vexiga urinaria: bolsa membranosa que almacena a urina.[1].
  • Uretra: conduto polo que se expulsa a urina ó exterior. Forma parte tamén do aparato reprodutor e, por este motivo é o único órgano deste sistema que mostra diferenzas entre machos e femias, ó ser nestas máis curta que naqueles: uns 3–5 cm na muller fronte a uns 20 cm no home, no que adopta unha forma de S.

Nos glomérulos do ril fíltrase o sangue, fenómeno ó que segue unha reabsorción de boa parte das substancias filtradas, que volven ó sangue, quedando só as substancias que se consideran tóxicas. A urina así formada vai pasando a unha rede de tubos colectores que desembocan finalmente na pelve renal. Antes de entrar neses tubos colectores prodúcese unha reabsorción de auga, maior ou menor segundo a concentración de sales no sangue, pero a partir deste momento a urina mantén unha concentración practicamente constante.

Na pelve renal ábrese o uréter, que recolle a urina, conducíndoa cara a vexiga urinaria, onde se acumula grazas ás paredes distendibles de que dispón (no ser humano pode chegar a acumular 500 ml). A micción, acto voluntario de expulsión da urina, realízase pola apertura do esfínter que pecha a uretra e ten como consecuencia o baleirado case completo da vexiga.

  1. Popularmente, mexa ou vincha