Atomismo
O atomismo,[1] é unha teoría física e filosófica que xurdiu en Grecia durante o século V a.C., aínda que talvez moito antes, que propón unha concepción dun universo descontinuo, composto de materia e de baleiro. Segundo os atomistas, os átomos que compoñen o universo son todos da mesma substancia. Son indivisíbeis e non difiren os uns dos outros máis que pola súa forma, a súa posición e o seu movemento.[2]
O atomismo oponse ao monismo.
Leucipo (contra 440 a.C.) e o seu alumno Demócrito (contra 433 a.C.) están considerados como os fundadores do atomismo, doutrina retomada máis tarde por Epicuro (contra 306 a.C.), e despois por Lucrecio, no século I d.C.[3].
Orixes
[editar | editar a fonte]Grecia
[editar | editar a fonte]Segundo o atomismo mecanicista de Leucipo e Demócrito, os átomos son unhas partículas materiais indestrutíbeis, desprovistas de cualidades, que non se distinguen entre si máis que pola súa forma e dimensión, e que polas súas diversas combinacións no baleiro constitúen os diferentes corpos.
Esta concepción da natureza era absolutamente materialista, e explicaba todos os fenómenos naturais en termos de número, forma e tamaño dos átomos. Incluso reduciu as propiedades sensoriais das cousas ás diferenzas cuantitativas dos átomos.
Aristóteles rexeitou a idea atomística co argumento de que non pode existir o baleiro subxacente entre as partículas. Segundo a doutrina aristotélica, a materia está constituída de forma continua, é dicir, que non pode dividirse en partes irredutíbeis.
Para evitar o determinismo mecanicista, criticado por Aristóteles, Epicuro sostén que todo o que existe está composto de átomos indivisíbeis, que se moven aleatoriamente no baleiro e poden combinarse entre si para formaren agregados de materia. A alma en particular sería un destes agregados de átomos, e non unha entidade espiritual, (o que explica especialmente ben, despois, o seu discípulo Lucrecio, que introduce a tese de que os átomos caen no baleiro e experimentan por si mesmos unha declinación que lles permite encontrarse). Desta forma trátase de impoñer unha certa orde é idea orixinal que supoñía que as cousas se formaban cun movemento caótico de átomos).[4]
Lucrecio
[editar | editar a fonte] "Cómpre termos antes o noso primeiro principio
Nada é creado nunca divinamente da nada.[5]
…
Nada se aniqulia; todas as cousas retornan,
Por división, aos corpos primeiros da materia".[6]
Estes corpos primeiros son os átomos. Os dous primeiros libros de De Rerum Natura están enteiramente dedicados a eles. Non hai outra cousa na natureza que o baleiro e os átomos, que son eternos, absolutamente plenos e inidivisíbeis. Cun número limitado de átomos diferentes pode compoñerse todo o universo: ceo, mar, terra, ríos, sol, plantas, animais, todo está constituído polos mesmos elementos. Todo é natural, todo é racional.
O De Rerum Natura é en principio un tratado de física, incluso se a intención esencial desta explicación científica da natureza é, para os epicúreos e para Lucrecio, mostrar que o sobrenatural non existe, vólvese filosofía maior, que está na orixe do materialismo e da separación da ciencia e a relixión.
O mundo non resulta así máis que da matieria e do azar. A natureza é libre, sen mestre, sen deuses, e nós somos libres, como todos os animais.
O atomismo de Lucrecio, que retoma o de Epicuro, que á súa vez tomara dos filósofos presocráticos, especialmente de Leucipo, (contra 460 - 370.C.), e Demócrito, é evidentemente unha intuición sen confirmación e non ten moito que ver co atomismo moderno. Os átomos nin son indivisíbeis, nin eternos, nin absolutamente plenos. Pero o anticipa hai máis de vinte séculos. Haberá que esperar a Torricelli, e despois a Pascal, para demostrar a existencia do baleiro, a Mendeléev (1869) para a clasificación dos átomos, e ao século XX para a física cuántica.
Este atomismo é un materialismo, "un dos máis radicais de toda a Antigüidade", escribe Conte-Sponville,[7] "haberá que esperar ao século XVIII, e máis, pare encontrar unha couse aproximada". O exame da natureza e a súa explicación (naturae species ratioque), formulación catro veces citada por Lucrecio [8] no seu poema exclúe toda teoloxía, todo idealismo, todo espiritualismo.
O atomismo aparece na filosofía grega como un intento de superar as dificultades lóxicas para explicar o cambio das cousas consideradas na Escola eleática. Afirma o que esta mesma afirma e pode afirmar tamén o que esta nega, facéndose así máis comprensiva como teoría. Non hai disxuntiva entre ser e non ser, senón ambas as cousas, só que o ser non é efectivamente tal, isto é, espazo e baleiro. Esta simultaneidade dos contrarios constitúe a fonte do movemento. Esta teoría atómica percorre con tal fluidez o tránsito do ser ás cousas, suprime de golpe tantos obstáculos para a comprensión mecánica e matemática do universo, que desde entón se converteu en modelo para calquera investigación racional da natureza.
Tamén se presenta como afín ao pluralismo de Anaxágoras ou de Empédocles (século V a.C.). Anaxágoras consideraba que todo estaba feito de partículas elementais chamadas homeomerías conceptualmente diferentes (aínda que moi similares) aos átomos de Leucipo e Demócrito, mentres que Empédocles afirmaba que case todas as cousas (non os ollos, por exemplo) están compostas por algún (ou algúns) dos catro elementos, a saber: aire, auga, terra e lume.
No seu libro La d�duction relativiste (1925), o fil�sofo das ciencias �mile Meyerson escribe: "A atomicidade �, en efecto, como � ben sabido, unha concepci�n moi antiga. Nacida en Grecia e arredores, m�is ou menos simultaneamente cos comezos da f�sica, xoga, nesta ciencia, un gran papel, sexa en primeiro plano, sexa despois, segundo que as vicisitudes da evoluci�n do pensamento dean m�is ou menos luz �s manifestaci�ns do descontinuo".[9]
Idade Media e Renacemento
[editar | editar a fonte]Na Idade Media, a pesar da oposici�n xeral ao atomismo baseada en consideraci�ns teol�xicas, e sobre todo pola forte influencia de Arist�teles, esta doutrina foi mantida por Guillerme de Conches e Nicolao de Autrecourt.
A teor�a cobra novo auxe nos s�culos XV e XVI, coincidindo coa cr�tica ao aristotelismo, coas ideas de Nicol�s de Cusa e Giordano Bruno.
Giordano Bruno dota ao seu atomismo de vitalismo (atomismo vitalista), nun poema en lat�n titulado De minimo (Do m�nimo), datado en 1591. O �tomo � o centro da vida, � un punto onde vai inserirse a alma do mundo.[10] En 1591, en Frankfurt, Bruno escribiu en lat�n dous poemas sobre a m�nada: De triplici minimo (Do triplo m�nimo) e De monade, numero et figura (Da m�nada, o n�mero e a figura). Chama m�nimo ou m�nada a unha entidae indivisible que constit�e o elemento m�nimo das cousas materiais e espirituais. A m�nada, que se corresponde co punto das matem�ticas e co �tomo da f�sica, � ese ser primitivo, inaprens�bel, de natureza tanto corporal como espiritual, que enxendra, por relaci�ns rec�procas, a vida do mundo. � unha individualizaci�n extr�nseca da divindade; existencia finita, � un aspecto da esencia infinita. Deus, m�nimo e m�ximo, � a m�nada suprema de onde saen eternamente unha infinidade de m�nadas inferiores.
Nesta �poca debat�ronse os problemas inherentes � doutrina atomista: dificultade l�xica de admitir que exista unha porci�n de materia que non se poida dividir e as dificultades de explicar a diversidade das propiedades f�sicas e qu�micas dos corpos, alcanzando un punto culminante coa renovaci�n de Gassendi, que considera o atomismo como a hip�tese m�is razo�bel para a explicaci�n dos fen�menos da natureza. As� mesmo � inneg�bel a influencia que adquiriu m�is tarde nas orixes da teor�a at�mica cient�fica.
�poca moderna
[editar | editar a fonte]O corpuscularismo dos s�culos XVII e XVIII
[editar | editar a fonte]Sen seren forzosamente atomistas, Galileo, Boyle e Newton admit�an a existencia de pequenas part�culas de materia na natureza.[11] En 1646, Johannes Magnenus, un franc�s, escribiu un libro titulado Democritus reviviscens sive de atomis (Dem�crito revivido, ou do �tomo).
O atomismo cient�fico
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: �tomo.
A teor�a at�mica moderna, cient�fica, con base experimental, foi formulada por Dalton na s�a obra New System of Chemical Philosophy (1808-1827), na que fai a primeira representaci�n simb�lica dos sistemas de �tomos e d� unha t�boa de masas at�micas.
Dalton tomou como punto de partida unha serie de evidencias experimentais coñecidas na súa época:
- As substancias elementais non poden descompoñerse.
- As substancias, simples ou compostas, teñen sempre as mesmas propiedades características.
- Os elementos non desaparecen cando se forma un composto, pois se poden recuperar por descomposición deste.
- A masa consérvase nas reaccións químicas, que proviña da Lei de conservación da masa do químico francés Lavoisier.
- A proporción dos elementos que forman un composto é constante, que proviña da Lei das proporcións definidas do tamén químico francés Proust.
Para explicar estes feitos, propuxo as seguintes hipóteses:[12]
- A materia é descontinua; está formada por átomos que son partículas indivisíbeis.
- Todos os átomos dun mesmo elemento son iguais, teñen a mesma masa e átomos de diferentes elementos difiren na súa masa.
- Os átomos de diferentes elementos combínanse para formaren "moléculas".
- Os cambios químicos son cambios nas combinacións dos átomos entre si, os átomos non se crean nin se destrúen.
- Os átomos que se combinan para formaren un composto fano sempre na mesma proporción, que será a Lei das proporcións múltiplas.
Os cinco puntos principais da teoría atómica de Dalton son:
- Os átomos dun elemento son diferentes dos de calquera outro elemento, os átomos de elementos diferentes pódense distinguir uns doutros polos seus respectivos pesos atómicos relativos.
- Todos os átomos dun determinado elemento son idénticos.
- Os átomos dun elemento combínanse cos átomos doutros elementos para formaren compostos químicos.
- Un composto dado sempre ten o mesmo número relativo de tipos de átomos.
- Os átomos non se poden crear, dividir en partículas máis pequenas, nin se destrúen no proceso químico, unha reacción química simplemente cambia a forma na que os átomos se agrupan.
- Os elementos están feitos de partículas diminutas chamadas átomos.
Dalton propuxo un novo "imperio da maior ssinxeleza" que creou controversia, xa que non puido ser confirmado de forma independente.
A contribución de Dalton non foi propoñer unha idea asombrosamente orixinal, senón formular claramente unha serie de hipóteses sobre a natureza dos átomos que sinalaban a masa como unha das súas propiedades fundamentais, e preocuparse por probar tales ideas mediante experimentos cuantitativos.
A física cuántica, é un atomismo?
[editar | editar a fonte]Desde a física cuántica, a tese reducionista de que átomos e baleiro son as dúas entidades que constitúen a materia é problemática.[13] Kuhlman resume así o paradoxo:
- a teoría cuántica dos campos é atomista se se entende por iso que existen explicacións reducionistas,
pero
- a teoría cuántica dos campos non é atomista se se entende por iso que non existen máis que partículas e baleiro.
De todos os xeitos, segundo Kuhlman, incluso a primeira tese podería refutarse, porque non hai, na física de partículas moderna, campos e partículas que sexan entidades fundamentais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De átomo, e este do grego ἄτομον átomon, 'sen partes', ou tamén de α- a-, 'non' e τόμος tómos 'porción', 'parte')
- ↑ Hoxe sábese que átomo é divisíbel, pero que as partículas elementais non o son, no estado actual dos nosos coñecementos.
- ↑ Véxase: Lucrecio, De Rerum Natura.
- ↑ Ademais, en lóxica ou epistemoloxía, Epicuro considera que a sensación está na orixe de calquera coñecemento, anunciando así o empirismo.
- ↑ De Rerum Natura, I, v. 149-150.
- ↑ De rerum natura, I, v. 248-249.
- ↑ Le Miel et l'absinthe, Hermann, 2008, páx. 116.
- ↑ De Rerum Natura, I, v. 148, II, v. 61, III, v. 93, VI, v. 41.
- ↑ Émile Meyerson, La déduction relativiste, § 111, Payot, Paris, 1925
- ↑ P. H. Michel, "L'atomisme de Giordano Bruno", en La science au seizième siècle. Colloque international, Paris, Hermann, 1960, páx. 263.
- ↑ C. Meinel, Early seventeenth-century atomism. Theory, epistemology and the insufficiency of experiment, Isis, marzo de 1988, páxs. 68-103.
- ↑ Morcillo, Jesús (1989): Temas básicos de química. 2ª ed. Alhambra Universidad. páxs. 14-16. ISBN 978-84-205-0782-8
- ↑ Kuhlmann, Meinard (2006): Atomism and Reductionism. Stanford Encyclopedia of Philosophy.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clericuzio, Antonio (2000): Elements, Principles, and Corpuscles; a study of atomism and chemistry in the seventeenth century. Boston: Kluwer Academic Publishers.
- Dumont, Jean-Paul (1991): Les Écoles présocratiques. París: Gallimard, "Folio Essais".
- Gregory, Joshua C. (1981): A Short History of Atomism. Londres: A. and C. Black, Ltd.
- Morel, Pierre-Marie (2000): Atome et nécessité: Démocrite, Epicure, Lucrèce. París: Presses universitaires de France.
- Salem, Jean (1997): L'atomisme antique: Démocrite, Épicure, Lucrèce. Livre de Poche. ISBN 2-253-90452-X
- Salem, Jean (2000): L'atomisme au XVIIe et XVIIIe siècles. ISBN 2-85944-377-0