Saltar ao contido

Bilurico escuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilurico escuro

T. erythropus en plumaxe non reprodutora

T. erythropus en plumaxe reprodutora
T. erythropus en plumaxe reprodutora

Estado de conservaci�n
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificaci�n cient�fica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
X�nero: Tringa
Especie: Tringa erythropus
(Pallas, 1764)

O bilurico escuro[2] ou bilurico patirrubio[3] (Tringa erythropus) � unha ave lim�cola da familia Scolopacidae. O nome do x�nero Tringa � o nome neolatino dado ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) por Aldrovandus en 1599 baseado na palabra do grego antigo trungas, unha ave lim�cola de tma�o dun tordo, con rabadilla branca que mov�a a cola mencionado por Arist�teles. O nome espec�fico erythropus procede do antigo grego eruthros, 'vermello' e pous, 'p�'.[4]

Reprod�cese no norte de Escandinavia e norte de Asia e emigra ao sur ao Mediterr�neo, ao sur das illas brit�nicas, Francia, �frica tropical e Asia tropical para invernar. En Galicia � unha ave de paso escasa durante a �poca migratoria.[3] � unha ave errante ocasional en Australia e Norteam�rica.

Taxonom�a

[editar | editar a fonte]

Foi descrita cientificamente polo zo�logo alem�n Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome de Scolopax erythropus.[5][6][7] � unha especie monot�pica, xa que non se reco�ecen subespecies.[8] Taxonomicamente, forma un grupo estreitamente unido xunto con outras especies grandes de Tringa, e as an�lises moleculares mostran que forma un clado irm�n que cont�n o Tringa melanoleuca e o Tringa totanus.[9]

Descrici�n

[editar | editar a fonte]

� unha lim�cola grande que mide de 29 a 31 cm de longo (desde a punta do bico � punta da cola polas costas),[10] cunha envergadura alar de 61 a 67 cm e un peso de 121 a 205 g.[11] � negro en plumaxe reprodutora, e moi claro en inverno. Ten patas e bico vermellos co extremo negro, e mostra unha zona oval branca no dorso na zona da mitra en voo. Os xuven�s son marr�ns cincentos con finas manchas brancas pola parte superior e unhas partes inferiores claras finamente barradas. Os adultos mudan completamente entre xuño e outubro. En primavera, a plumaxe corporal muda entre marzo e maio. Os xuvenís experimentan unha muda parcial entre agosto e febreiro.[12] A súa chamada é un asubío renxente que soa como teu-it (algo parecida á chamada do carrán rosado). A chamada de alarma é un kyip-kyip-kyip.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese no Ártico ao longo de gran parte de Eurasia, desde Laponia no oeste ata Chukotka no leste.[9]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de pequenos invertebrados.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Nidifica na taiga aberta pantanosa, pon catro ovos nunha depresión que escava no chan. Para reproducirse a ave muda adquirindo unha plumaxe negra ou gris escura con manchas brancas e as patas se lle volven máis escuras.

Conservación

[editar | editar a fonte]

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA).

  1. BirdLife International (2015). "Tringa erythropus". IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T22693207A67217485. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-4.RLTS.T22693207A67217485.en. Consultado o 5 July 2016. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 150, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Peters, James Lee (1934). Check-list of Birds of the World. Volume 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 264. 
  6. Sherborn, C. Davies (1905). "The new species of birds in Vroeg's catalogue, 1764". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 332–341 [340 No.306].  Inclúe un transcrito do texto de 1764.
  7. Rookmaaker, L.C.; Pieters, F.F.J.M. (2000). "Birds in the sales catalogue of Adriaan Vroeg (1764) described by Pallas and Vosmaer". Contributions to Zoology 69 (4): 271–277. 
  8. O'Brien, Crossley & Karlson 2006, p. 357
  9. 9,0 9,1 Parkin & Knox 2010, p. 173
  10. Cramp 1977, p. 3
  11. O'Brien, Crossley & Karlson 2006, p. 254
  12. RSPB Handbook of British Birds (2014). UK ISBN 978-1-4729-0647-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]