Saltar ao contido

Chris Webber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aChris Webber

Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento(en) Mayce Edward Christopher Webber III Editar o valor en Wikidata
1 de marzo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Detroit, Estados Unidos de Am�rica Editar o valor en Wikidata
Educaci�nDetroit Country Day School (en) Traducir
Universidade de M�chigan Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nbaloncestista, empresario Editar o valor en Wikidata
Per�odo de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de Am�rica Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da Divisi�n I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posici�n de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porOrlando Magic Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Washington Wizards
Golden State Warriors
Philadelphia 76ers
Sacramento Kings
Detroit Pistons
1991–1993 Michigan Wolverines
Familia
IrmánsDavid Webber
Jason Webber Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webirhatech.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: realchriswebber Musicbrainz: b7a620e0-5703-4056-956a-905ef5b939d6 Editar o valor en Wikidata

Mayce Edward Christopher Webber III, nado en Detroit (Míchigan) o 1 de marzo de 1973, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 15 tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,08 metros de altura e 111 quilogramos de peso a súa posición era a de á-pivote, aínda que xogando ás veces de pivote.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade: os "Fab Five"

[editar | editar a fonte]

Chris Webber estudou e xogou para a Universidade de Míchigan durante 1992 e 1993, e en ambos os anos o seu equipo alcanzou o subcampionato da NCAA. Este éxito non só se debeu ao bo facer da ala-pivote, que tivo unha media ao longo destas dúas tempadas 17,4 puntos e 10 rebotes por partido, senón ao xogo desenvolvido por un quinteto que pasou á historia e que é coñecido como os "Fab Five", conformado polo propio Webber, xunto a Juwan Howard, Jalen Rose, Jimmy King e Ray Jackson.

A ousadía e rapidez destes mozos levantaron grande expectación entre os seguidores e observadores de baloncesto universitario, que viron referendadas as súas expectativas cando o equipo chegou á Final Four de 1992, celebrada o 19 de marzo dese ano no Metrodome de Minneapolis (Minnesota), contra o poderoso equipo de Duke, que contaba con estrelas do calibre de Christian Laettner (s�nior), Bobby Hurley (s�nior) e Grant Hill (rookie). O encontro delatou a inexperiencia dos Wolverines e os Blue Devils levaron a vitoria por un contundente 71-51.

A tempada seguinte, o conxunto de M�chigan repetiu proeza e nesta ocasi�n tivo o t�tulo m�is preto que nunca, a�nda que un fat�dico erro de Webber a once segundos para a finalizaci�n do partido puxo en bandexa o triunfo do seu rival, a Universidade de North Carolina. Co bal�n en posesi�n da �-pivote e o seu equipo dous puntos abaixo no marcador, Webber pediu un tempo morto do cal non dispu�a[1], raz�n pola que os Wolverines foron sancionados cunha falta t�cnica ao banco e dous tiros libres e posesi�n para os Tar Heels, que finalmente se impuxeron por 77-71.

No entanto, todos estes �xitos v�ronse embazados en 2002, ano no que se co�eceu que alg�ns xogadores da Universidade de M�chigan recibiran di�eiro procedente do mecenas do equipo de baloncesto, Ed Mart�n, a cambio de elixir formar parte dos Wolverines, algo prohibido polo regulamento da NCAA. Entre eses xogadores atop�banse Louis Bullock, Robert Traylor, Maurice Taylor e o propio Webber, que nun primeiro momento negou os feitos, a�nda que finalmente acabou reco�ec�ndoos ante unha inminente condena maior, provocada por mentir baixo xuramento ante un tribunal federal. Por mor de todo iso, a NCAA considera nulos para t�dolos efectos os rexistros dos Wolverines, que ven como quedan borrados do seu historial os dous subcampionatos anteriormente descritos. No que a Webber particularmente ref�rese, desposu�uselle do premio All-American Team de 1993.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Chris Webber foi elixido como n�mero 1 do Draft da NBA de 1993 polos Orlando Magic, pero foi traspasado a Golden State Warriors, a cambio de Penny Hardaway e tres futuras elecci�ns en primeira rolda do draft. Na s�a primeira tempada conseguiu o premio ao mellor Rookie do Ano, despois de conseguir unhas estat�sticas de 17,5 puntos, 9,1 rebotes e 3,6 asistencias. Por mor dunha disputa co seu adestrador, Don Nelson, ao ano seguinte foi traspasado a Washington Bullets, onde coincidiu co seu compa�eiro de universidade Juwan Howard. Al� pasou 4 tempadas, a�nda que no seu segundo ano na capital soamente disputou 15 partidos por mor das lesi�ns. En 1997 levou aos Bullets aos seus primeiros play-offs en 9 anos, pero foron varridos en primeira rolda polos Chicago Bulls de Michael Jordan.

En maio de 1998 foi traspasado a Sacramento Kings a cambio de Mitch Richmond e Otis Thorpe. Webber non quixo nun primeiro momento ir a un equipo con fama de perdedor, pero finalmente foi convencido polo seu pai. � vez que el, asinaron polos Kings o veterano pivote Vlade Divac e o base Jason Williams, con quen formou un triunvirato que devolveu ao conxunto californiano á elite da NBA. Os Kings seguiron adquirindo pezas, como o beirado serbio Peja Stojakovic ou a base Mike Bibby (este a cambio do citado Williams), que lles permitiron loitar por un anel de campión que nunca chegou, quedándose ás portas no ano 2002, cando conseguiron chegar á final da Conferencia Oeste. Nese momento, foron batidos por Los Angeles Lakers de Shaquille O'Neal e Kobe Bryant, ao cabo tricampións, nunha emocionante eliminatoria, por 4 a 3.

As dúas seguintes tempadas foron aciagas para Webber. En 2003 lesionouse gravemente o seu xeonllo no primeiro choque das semifinais da Conferencia Oeste contra os Dallas Mavericks, unha baixa da que non se repuxeron os Kings, que caeron eliminados novamente por 4-3. A á-pivote perdeuse a maior parte dos partidos do curso seguinte, e cando regresou fíxoo para caer outra vez eliminado na mesma rolda e polo mesmo tenteo ante os Minnesota Timberwolves. Para maior escarnio, no último partido da serie o aro repeleu un triplo de Webber sobre a bucina que concedese aos Kings a prórroga nese encontro.

A súa decadencia comezou a principios de 2005, cando lle foi concedido un traspaso que levaba tempo pedindo. Webber chegou entón aos Philadelphia 76ers, a cambio de Kenny Thomas, Brian Skinner, e Corliss Williamson. Alí xogou durante tempada e media, sen conseguir resultados colectivos nin individuais destacables, sendo despedido do equipo a comezos de 2007, aínda que aos poucos días asinou cos Detroit Pistons, onde buscaba por fin coroarse como campión.

Tras fracasar no seu intento e finalizar o seu contrato coa franquía de Míchigan, Webber fichou como axente libre polos Golden State Warriors, en xaneiro de 2008, regresando así ao equipo co que debutou na NBA 14 anos antes, e reencontrándose paradoxalmente con Don Nelson, que tamén volvera ao conxunto da baía de Oakland a tempada anterior. Finalmente, retirouse o 25 de marzo de 2008, por mor dos seus persistentes problemas no xeonllo lesionado.[2] Durante as súas 15 tempadas na NBA foi elixido para disputar 5 edicións do All-Star Game (1997, 2000, 2001, 2002, 2003) e as súas medias totais foron de 20,7 puntos e 9,8 rebotes por partido. O 6 de febreiro de 2009, os Sacramento Kings recoñeceron a súa traxectoria retirando o seu dorsal número 4, co que se converteu no oitavo xogador da historia da franquía en recibir tal honra.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Información do álbum
2 Much Drama
  • Lanzamento: 16 de febreiro de 1999
  • Posicións en lista: -
  • Última certificación na RIAA: -
  • Singles: "Gangsta, Gangsta (How Ou Do It)"
  1. Campionato de baloncesto da NCAA de 1993, vídeo en Youtube
  2. "Warriors' Webber calls it quits". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2011. Consultado o 13 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]