Saltar ao contido

Comercio xusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comercio xusto, Santiago de Compostela

Comercio xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizaci�ns non gobernamentais, por Naci�ns Unidas e por movementos sociais e pol�ticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relaci�n comercial xusta entre produtores e consumidores.

O segundo s�bado do mes de maio cel�brase o D�a Mundial do Comercio Xusto [1].

Principios

[editar | editar a fonte]

Os principios que defende o Comercio xusto son:

  • Os produtores forman parte de cooperativas ou organizaci�ns e funcionan de xeito democr�tico.
  • Rexeito � explotaci�n infantil.
  • Igualdade entre homes e mulleres.
  • Trab�llase con dignidade respectando os dereitos humanos.
  • O prezo que se paga aos produtores permite condici�ns de vida dignas.
  • Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outras formas de se financiar.
  • Val�rase a calidade e a produci�n ecol�xica.
  • Respecto ao medio ambiente.
  • B�scase o xeito de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
  • Inf�rmase aos consumidores acerca da orixe do produto.

Int�ntase con isto evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do primeiro mundo e o di�eiro que se lles paga aos seus produtores no Terceiro Mundo, ademais de evitar a explotaci�n dos traballadores. Tam�n, isto axuda a compensar os efectos da obsesi�n de consumir no prezo mais barato, e as s�as repercusi�ns:

  • Progresiva deterioraci�n da calidade e duraci�n dos produtos.
  • Explotaci�n dos produtores.
  • Deterioraci�n ambiental.

Selo de Comercio Xusto

[editar | editar a fonte]
Turr�n de comercio xusto

O Selo de Comercio Xusto ou Selo FAIRTRADE � o selo que, impreso nun produto, garante que este prov�n de comercio xusto e foi producido e comercializado seguindo os criterios internacionais de comercio xusto establecidos por Fairtrade Labelling Organzitions (FLO) International.

Cafés certificados co Selo Fairtrade-Comercio Xusto

A certificación dos produtos de Comercio Xusto cun Selo permite a súa fácil identificación e a súa venda nos canais de distribución habituais. Ademais a certificación Fairtrade abre o comercio xusto a todas aquelas empresas dispostas a seguir os criterios de Comercio Xusto na elaboración dun ou máis produtos. Deste xeito a certificación Fairtrade contribúe de forma significativa ao crecemento global do volume dos produtos de Comercio Xusto vendidos en todo o mundo.

En España a Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto (ASPCX) dá licenza para o uso deste Selo e fomenta o que consumidoras e consumidores o coñezan e opten por produtos Fairtrade. a Asociación do Selo FAIRTRADE é membro de FLO International, o organismo internacional que apoia os produtores que traballan con Fairtrade ou desexan traballar con Fairtrade e que establece os criterios ou estándares de Comercio Xusto para cada produto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Documentais

[editar | editar a fonte]

Multimedia

[editar | editar a fonte]