Saltar ao contido

Escleraxonios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escleraxonios
Scleraxonia

Annella mollis
Clasificaci�n cient�fica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Octocorallia
Orde: Alcyonacea
Suborde: Scleraxonia
Studer, 1887

A dos escleraxonios (Scleraxonia) � unha suborde de cnidarios antozoos da subclase dos octocoraliarios e orde dos alcion�ceos.[1]

Enmarcados comunmente entre os corais brandos, xa que carecen de esqueleto, como os corais duros da orde das escleractinias. Forman colonias de p�lipos, unidos por unha masa carnosa de cen�nquima, ou tecido com�n xerado por eles. Para darlle consistencia, ao careceren de esqueleto, o seu tecido cont�n esp�culas de calcita. As colonias te�en un axis (eixe), ou n�cleo interno axial, composto predominantemente por esp�culas, que poden estar ou non unidas con calcita. Ocasionalmente, os escleritos poden encontrarse tam�n en p�lipos e na parte exterior das ramas.[2]

Son octocoraliarios cuxa alimentaci�n pode ser tanto fotosint�tica, por medio das algas simbiontes zooxantelas nalg�ns x�neros, ou atrapando plancto cos seus oito tent�culos, isto �ltimo especialmente nas especies non fotosint�ticas que habitan a m�is de 1 000 m de profundidade. Tam�n se alimentan por absorci�n de materia org�nica dispersa na auga.

Esta suborde comprende familias que se achan en augas tropicais e subtropicais dos oc�anos Pac�fico, �ndico e Atl�ntico, inclu�do o mar Mediterr�neo.[3]

Taxonom�a

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1887 polo ornitólogo e biólogo mariño suízo Théophile Rudolphe Studer.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Scleraxonia está formado polos elementos do latín científico scler-, -axon- e -ia. O primeiro deriva do grego antigo σκληρός sclērós, "duro"; o segundo do grego antigo ἄξων áxōn, "eixe", e -ia é un sufixo indicando plural. Literalmente: "os que teñen un eixe duro".

Na suborde recoñécense as seguintes familias:[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Scleraxonia Studer, 1887 no WoRMS. Consultado o 20 de agosto de 2020.
  2. Borneman, Eric H. (2001): Aquarium Corals: Selection, Husbandry and Natural History. Microcosm Ltd. ISBN 978-1-8900-8747-0, pp. 157-162.
  3. Scleraxonia Studer, 1887 en Ocean Biogeographic Information System (OBIS).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cairns, S. D. et al. (2009): "Phylum Cnidaria: corals, medusae, hydroids, myxozoans", pp. 59-101, en: Gordon, D. P. (Ed.) New Zealand inventory of biodiversity: 1. Kingdom Animalia: Radiata, Lophotrochozoa, Deuterostomia. Christchurch: Canterbury University Press. ISBN 978-1-877257-72-8.
  • van Ofwegen, L.; Grasshoff, M. & van der Land, J. (2001): Octocorallia (excl. Pennatulacea), pp. 104-105, en: Costello, M .J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]