Saltar ao contido

Francisco (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o xermánico *frankisk, que quere dicir 'franco, propio dos francos', o cal pasou ao latín serodio franciscus como unha adaptación do grupo étnico.[2]

En xaneiro de 2023 existían 16.596 varóns en Galicia co nome Francisco, cunha media de idade de 61,1 anos,[3] e 18 co nome Fuco, cunha media de idade de 11,6 anos.[4]

Variantes

[editar | editar a fonte]

En galego tamén ten os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pucho, Cholo, Chuco, Pachico, Pachuco, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Chicho, Chisco, Fran e Francucho.[2]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Francisco na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Nome Fuco na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]