Saltar ao contido

John Dow Fisher Gilchrist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aJohn Dow Fisher Gilchrist
Biograf�a
Nacemento1866
Anstruther, Fife, Escocia
Morte22 de outubro de 1926
Cidade do Cabo, Sur�frica
Pa�s de nacionalidadeescocesa
Formaci�n profesionalDoutor en Xeolox�a
Educaci�nUniversidade de St Andrews
Universidade de Edimburgo
Universidade de Iena
Universidade de M�nic
Universidade de Z�rich
Actividade
Ocupaci�nbi�logo mari�o, icti�logo, tradutor, zo�logo, xe�logo
EmpregadorUniversidade de Edimburgo
Obra
Abreviatura do autor en zoolox�aGilchrist Editar o valor en Wikidata

John Dow Fisher Gilchrist , nado en Anstruther, concello de Fife, Escocia en 1866 e finado o 22 de outubro de 1926 na Cidade do Cabo, Sur�frica, foi un icti�logo surafricano de orixe escocesa.[1][2]

Estableceu a ictiolox�a como disciplina cient�fica en Sur�frica. Foi fundamental no desenvolvemento da biolox�a mari�a neste pa�s africano e da s�a industria pesqueira con base cient�fica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gilchrist fixo os seus estudos primarios na s�a localidade natal, e os secundarios no Madras College de St Andrews. Estudo na Universidade de St Andrews e na Universidade de Edimburgo, gradu�ndose como Bachelor of Science (BSc) e como Master of Arts (MA).[1][2] Obtivo unha bolsa de estudos para escolares na Exposici�n de 1851 para estudos e investigaci�ns avanzadas, o que lle permitiu estudar a alimentaci�n dos peixes mari�os. Despois de m�is estudos realizados na Universidade de M�nic e na de Z�rich, acadou o t�tulo de doutor en Xeolox�a en 1894 na Universidade de Iena (Alema�a).[2]

Gilchrist estudou biolox�a mari�a en N�poles, M�naco e na illa de Man antes de volver a ensinar zoolox�a na Universidade de Edimburgo.[2] Durante este tempo traduciu ao ingl�s Monismus als Band zwischen Religion und Wissenschaft, de Ernst Haeckel, en dous volumes titulados por separado, Monism as Connecting Religion and Science en 1894,[3] e, as� mesmo de Haeckel, Confessions of faith of a man of science (Confesi�ns de fe dun home de ciencia) en 1903.[4]

Pouco despois desprazouse a Suráfrica, onde ocupou o primeiro posto de director do Marine Biological Survey desde 1896 a 1907.[5] Pechada por falta de fondos, a institución retomou as súas actividades cun novo nome en 1920; as expedicións realizáronse no barco baleeiro a vapor SS Pickle cedido polo almirantado.[6]

Gilchrist describiu numerosos taxons de xéneros e especies de peixes.[6]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Gilchrist contribuíu con numerosos traballos científicos en numerosas revistas científicas, entre elas:

  • Annals of the South African Museum,
  • Transactions of the South African Philosophical Society,
  • Transactions of the Royal Society of South Africa, e
  • Reports of the South African Association for the Advancement of Science.

Ademais publicou, enmtro ourtos, os seguintes libros:

  • South African Zoology. A Text Book for the Use of Students, Teachers and Others in South Africa (O Cabo e Pretoria, 1912).
  • The Freshwater Fishes of South Africa: Volume 11, Parts 5-6 of Annals of the South African Museum (Trustees of the South African Museum, 1913).
  • Practical zoology for medical & junior students (E. & S. Livingstone, 1922).

Epónimos

[editar | editar a fonte]

O xénero Gilchristella da familia dos clupeidos foi nomeado na súa honra por Henry Weed Fowler en 1935.[1]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Gilchrist emprégase para recoñecer a John Dow Fisher Gilchrist como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 John Dow Fisher Gilchrist Arquivado 22 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. en Neglected Science. 2011. Consultada o 29 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gilchrist, Dr John Dow Fisher en S2A3 Biographical Database of Southern African Science (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.
  3. Gilchrist, John (1894): Monism as connecting religion and science. The confession of faith of a man of science. By Ernst Haeckel. Translated from the German by J. Gilchrist.
  4. Gilchrist, John (1903): Confessions of faith of a man of science. London: A. and C. Black. ISBN 978-0-5989-1538-2.
  5. Gilchrist, John Dow Fisher en Office of Government Biologist, South African Museum, Cape Town, South Africa (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.
  6. 6,0 6,1 6,2 Dr. John Dow Fisher Gilchrist en Biographical Etymology of Marine Organism Names. G (en inglés). Consultada o 28 de outubro de 2020.