Saltar ao contido

Metro de Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Londres
Informaci�n
CidadeLondres, Reino Unido Reino Unido
TipoMetro
Li�as11
Estaci�ns274
Pasaxeiros (d�a)5 mill�ns
Operaci�ns
Inauguraci�n10 de xaneiro de 1863
Operador(es)London Underground Ltd.
Rede402 km
Ancho de v�a1.435 mm (largo internacional)
Vel. media33 km/h
Mapa da rede

Tren da Northern Line na estaci�n de Mornington Crescent.

O metro de Londres (en ingl�s: London Underground) � unha rede de transporte p�blico ferroviario que serve � cidade de Londres e a s�a �rea metropolitana. Comezou a operar o 10 de xaneiro de 1863 e � o sistema de metro m�is antigo do mundo.

Os londinienses adoitan referirse a el coma the Underground ou the Tube (nome popular empregado coloquialmente, que significa literalmente "tubo", debido � semellanza entre os t�neles de moitas das s�as li�as e un tubo).

Est� operada pola empresa p�blica London Underground, sometida desde 2003 ao control do ente p�blico local Transport for London (TfL). TfL controla � s�a vez outras concesi�ns ferroviarias de metro lixeiro, tranv�a e trens suburbanos que, conxuntamente, conforman coa rede de ferrocarr�s suburbanos dependente do Departamento de Transporte (DfT) toda a Rede de metro do Gran Londres.

Cronolox�a

[editar | editar a fonte]
T�cket do Metro de Londres

S�culo XIX[1]

[editar | editar a fonte]
  • En 1843, vinte anos antes da inauguraci�n da primeira li�a, o primeiro t�nel no mundo baixo o leito dun r�o naveg�bel, neste caso o T�mese. Foi dese�ado por Marc Brunel e m�is tarde pasar�a a formar parte da li�a East London, pechada para a s�a rehabilitaci�n e posterior reapertura como parte da rede do London Overground xa no s�culo XXI.
  • A primeira viaxe inaugural tivo lugar o 9 de xaneiro de 1863 na Metropolitan Line, constru�da e financiada pola empresa privada Metropolitan Railway.
  • Os primeiros accidentes aconteceron s� dous meses despois da s�a inauguraci�n, en 1863, na estaci�n de Farringdon.
  • Na d�cada de 1860 s� se empregaba sinalizaci�n b�sica de entrada e sa�da das estaci�ns.
  • Un dos primeiros mapas do metro foi producido pola District Line en 1892.

S�culo XX[1]

[editar | editar a fonte]
  • A primeira vez que se comezou empregar o t�rmino "Tube" para se referir ao metro de Londres foi a comezos de 1900, despois de que a Central Line fose alcumada 5 d�as despois da s�a estrea como o "Twopenny Tube" (en galego: o tubo dos dous peniques) polo xornal Daily Mail.
  • A Great Northern and City Line (logo transferida aos ferrocarr�s suburbanos dependentes do Estado) entre Moorgate e Finsbury Park estaba practicamente conclu�da para 1902.
  • En 1903 entraron en funcionamento na Central Line as primeiras unidades indeform�beis, o que evitaba as inversi�n de marcha ao chegar o tren a unha estaci�n t�rmino.
  • Para 1905 todas as li�as de profundidade adoptaran o uso de unidades indeform�beis.
  • En 1907 foi aberta ao p�blico a primeira das caracter�sticas escaleiras de caracol das li�as profundas, na estaci�n de Holloway Road.
  • En 1908 apareceu por primeira vez o logotipo do caracter�stico c�rculo vermello, co�ecido en ingl�s como o "roundel", que evolucionar�a at� o dese�o actual.
  • En 1909 a xerencia dos grandes almac�ns Selfridges utilizou -sen �xito- a s�a influencia pol�tica para que a estaci�n de Bond Street pasara a ser rebautizada co nome da empresa. A apertura da Central Line ti�a impulsado enormemente as vendas dos comercios da contorna de Oxford e Regent Street.
  • As primeiras escaleiras mec�nicas instal�ronse na estaci�n de Earl's Court, en 1911.
  • Durante a Primeira Guerra Mundial as mulleres empezaron a compensar a escaseza de persoal nas estaci�ns de metro.
  • Cando abriu a estaci�n de Maida Vale, o 6 de xu�o de 1915, todo o persoal da estaci�n estaba composto por mulleres.
  • Cara a fin de 1917 a Metropolitan Railway ti�a 552 mulleres en n�mina. Ese mesmo ano, informes policiais estimaran nunhas 300.000 o n�mero de persoas que se refuxiaran no metro por mor dos bombardeos alem�ns.
  • At� a d�cada de 1930 toda a rede de metro estivo financiada en exclusiva por empresas privadas.
  • En 1955 aprobouse o financiamento para a construci�n da Victoria Line.
  • A primeira gravaci�n da carism�tica mensaxe polos altofalantes "Mid the gap" (en galego: "coidado co oco"), referente ao perigoso desnivel que deixa o tren entre a s�a porta e o bordo da plataforma dalgunhas estaci�ns en curva, data de 1968.
  • A ra��a Isabel II do Reino Unido foi o/a primeiro/a monarca rexente do pa�s en coller o metro, aconteceu co gallo da viaxe inaugural da Victoria Line, desde a estaci�n de Green Park, en 1969.
  • En 1976 o centro comercial de Brent Cross, ao contrario que Selfridges, si conseguiu darlle o nome do seu negocio a unha estaci�n.
  • Non se estableceu a prohibici�n de fumar at� 1987, despois de que 31 persoas morreran por mor dun lume na estaci�n de King's Cross - Saint Pancras.

Li�as xestionadas por London Underground

[editar | editar a fonte]
Plano coas li�as do Metro
A Oyster Card, unha tarxeta intelixente de pago sen contacto, usada para todo o sistema de transporte p�blico de Londres

A t�boa de abaixo describe cada unha das li�as do metro de Londres. Empr�gase a cor utilizada para a s�a representaci�n nos mapas. D�se informaci�n da data de apertura da primeira secci�n de cada li�a e o tipo de t�nel polo que circulan os trens (subsuperficial fai referencia a unha fondura media de 5 metros; profundo fondura media entre 5 e 20 metros).

Li�as do metro Londres
Nome da li�a Cor Apertura Tipo Lonxitude
Bakerloo Line Casta�a 1906 Profundo 23 km
Central Line Vermella 1900 Profundo 74 km
Circle Line1 Amarela 1884 Subsuperficial 22 km
District Line2 Verde 1868 Subsuperficial 64 km
Hammersmith & City Line3 Rosa 1864 Subsuperficial 14 km
Jubilee Line Prata 1979 Profundo 36 km
Metropolitan Line Violeta 1863 Subsuperficial 67 km
Northern Line4 Negra 1890 Profundo 58 km
Piccadilly Line Azul escura 1906 Profundo 71 km
Victoria Line Azul clara 1969 Profundo 21 km
Waterloo & City Line5 Azul verdosa 1898 Profundo 2 km
  1. Circle Line coñeceuse como tal dende 1949, aínda que xa tivera un servizo establecido durante moito tempo no sistema.
  2. Orixinalmente chamada Metropolitan District Railway.
  3. Orixinalmente formaba parte da Liña Metropolitana. Non recibiu este nome ata 1990.
  4. A liña máis concorrida do sistema.
  5. Baixo o control de Transport for London desde 1994.

Liñas transferidas

[editar | editar a fonte]
Antigas liñas do metro Londres transferidas a outros operadores
Nome da liña Cor Apertura Peche Reapertura Novo operador Tipo Lonxitude
East London Line1 Laranxa 1869 2007 2010 London Overground Subsuperficial 8 km
Northern City Line Negra 1904 1975 1976 Network Rail (infraestrutura)

Great Northern (servizos viaxeiros)

Profundo ?? km
  1. Ata fins dos anos 80 non adquiriu a súa propia identidade nos mapas, xa que ata entón estivera administrada por outras compañías ferroviarias.

Liñas adicionais

[editar | editar a fonte]
Un DLR (metro lixeiro) na estación de Heron Quays, no distrito financeiro de Canary Wharf
UT estacionada en Camden Road. O London Overground cobre barrios fóra da zona 1 (centro urbano), o que permite aforrar nos billetes e abonos.

Os seguintes sistemas de transporte sobre camiños de ferro aínda que non se consideran puramente como metro, forman parte tamén da rede para os efectos de tarificación e son incluídos co resto de liñas nos mapas oficiais, así como nos servizos de notificacións en tempo real sobre o estado das mesmas[2][3]:

Liñas adicionais do metro Londres
Nome da liña Cor no mapa de TfL Apertura Tipo Lonxitude
Docklands Light Railway1 Azul verdosa media 1987 Elevado 34 km
London Overground2 Laranxa 2007 Elevado 167 km
TfL Rail3 Azul 2015 Superficial 32,5 km
Tramlink4 Lima 2000 Superficial 28 km
  1. Rede de metro lixeiro, circula principalmente nas antigas zonas portuarias do leste de Londres.
  2. Trens suburbanos baixo a xestión de TfL aos que se incorporou en 2010 a liña East London. A maior parte do seu percorrido é superficial, elevado mediante viadutos ou entre gabias mais conta con partes subsuperficiais e incluso profundas baixo o Támese.
  3. Tren de proximidade que circula polo trazado do leste londiniense que será aproveitado para a futura Elizabeth Line.
  4. Rede de tranvía do sur de Londres.
  1. 1,0 1,1 "150 facts for 150 years of the London Tube" (en inglés). 2013-01-09. Consultado o 2016-08-18. 
  2. "Every Journey Matters". Transport for London (en inglés). Consultado o 2016-08-17. 
  3. "El nuevo mapa del metro de Londres". El Ibérico (en castelán). 2016-05-27. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 2016-08-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]