Saltar ao contido

Michel Foucault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aMichel Foucault

Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento(fr) Paul-Michel Foucault Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1926 Editar o valor en Wikidata
Poitiers (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
13.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteSIDA Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Vendeuvre-du-Poitou Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
École Normale Supérieure
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, historia, socioloxía, história das ideias (pt) Traducir, epistemoloxía, Ética e filosofía política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Francia (1952–1984) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1970–1984)
Universidade de Uppsala (1954–1958)
Universidade de París 8
Universidade de Varsovia
Universidade de California, Berkeley
Universidad de Lille 3 (pt) Traducir
Universidade do Estado de Nova York en Buffalo
Tunis University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés (1950–1953) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoAteísmo, Postestruturalismo e Filosofía continental Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJean Hyppolite (pt) Traducir, Daniel Lagache (pt) Traducir, Maurice Merleau-Ponty, Georges Canguilhem (pt) Traducir e Louis Althusser Editar o valor en Wikidata
AlumnosJacques Derrida Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
C�nxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaDaniel Defert Editar o valor en Wikidata
PaiPaul Foucault Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Foucault, Michel (1926-1984), p.517-524)
Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Foucault, Michel (1926-1984))
UbuWeb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0288223 BNE: XX877672 Bitraga: 3480 Dialnet: 126202 iTunes: 364656729 Last fm: Michel+Foucault Musicbrainz: 6108a775-99df-4be6-b497-9d77bc24a495 Discogs: 1452983 Allmusic: mn0001889732 WikiTree: Foucault-88 Find a Grave: 8108731 Genius: Michel-foucault Editar o valor en Wikidata


Kaltes Quadrat. Instalaci�n na entrada do Bundeskunsthalle en Bonn, pedra no chan en memoria de Michel Foucault.

Michel Foucault, nado en Poitiers o 15 de outubro de 1926 e finado en Par�s o 25 de xu�o de 1984,[1] foi un fil�sofo, soci�logo, historiador e psic�logo franc�s, profesor da c�tedra de Historia dos sistemas de pensamento no Coll�ge de France de 1970 a 1984.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foucault naceu en Poitiers, no seo dunha familia de doutores. Cursou estudos de filosof�a e psicolox�a na �cole Normale Sup�rieure de Par�s e graduouse cunha tese sobre a historia da loucura na �poca cl�sica, que se publicou no 1962. Nos anos 60 ensinou filosof�a en Tunisia e dirixiu os departamentos de filosof�a das Universidades de Clermont-Ferrand e Vincennes.

Participou xunto cos estudantes nas protestas e nas manifestaci�ns de maio do 68 e posteriormente formou parte dunha comisi�n para a defensa da vida e dos dereitos dos inmigrantes. No ano 1970 foi nomeado profesor de Historia dos Sistemas de Pensamento no prestixioso Coll�ge de France.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

As principais influencias no seu pensamento foron Friedrich Nietzsche e Martin Heidegger e a�nda que el mesmo non aceptaba a cualificaci�n de estruturalista, p�dese considerar como un dos principais representantes desta corrente. Os seus estudos puxeron en interdito a influencia de Karl Marx e de Sigmund Freud.

Jean Piaget definiu o pensamento de Foucault como "un estruturalismo sen estruturas". Foucault levou o estruturalismo � historia da cultura e das ideas.

Etapas do seu pensamento

[editar | editar a fonte]

O seu pensamento desenvolveuse en tres etapas:

  • 1) O libro Loucura e civilizaci�n (1960), escribiuno mentres era reitor na Universidade de Uppsala, en Suecia, estuda, a trav�s da modificaci�n do concepto de "loucura" e da oposici�n entre a raz�n e a loucura que se establece a partir do s�culo XVII, a necesidade que te�en todas as culturas de definir o que as limita, � dicir, o que queda f�ra delas mesmas.
  • 2) En As palabras e as cousas (1966), que leva como subt�tulo "Arqueolox�a das ciencias humanas", di que todas as ciencias que te�en como obxecto o ser humano son produto de mutaci�ns hist�ricas que reorganizan o saber anterior recreando un conxunto epistemol�xico que define en todos os dominios os l�mites e as condici�ns do seu desenvolvemento.
  • 3) Comezou coa publicaci�n de Vixiar e castigar, en 1975, onde se preguntaba se o encarceramento era un castigo m�is humano que a tortura. Por�n, lendo pousadamente podemos ver que o verdadeiro interese de Foucault era ocuparse de desenmascarar a maneira na que a sociedade ordena e controla �s individuos, adestrando os seus corpos e as s�as mentes. Reflota o concepto do pan�ptico, dende unha perspectiva que xira en torno ao poder e antic�pase � visi�n do que hoxe en d�a � o "Big Brother", ou outros reality shows.

A loucura

[editar | editar a fonte]

Ao abordar o estudo dos centros psiquiátricos centrou a súa atención no modo pouco racional no que os "normais" trataron os enfermos mentais durante o Século da Razón (dende Descartes ata a Ilustración), o medo desta cultura "racional" ao diferente, ao oposto, ao irracional, expresouse no tratamento brindado aos tolos, peor que o dispensado aos animais. Pechando, clasificando e analizando ao "enfermo mental" coma se fose un obxecto, a racionalidade moderna móstrase tal e como é, vontade de dominio.

Durante o Renacemento e a partir do século XIX as cousas aconteceron de xeito moi diferente. Iso permite decatarnos de que se producen cambios nas estruturas básicas dende as que os homes entenden e valoran. Jorge Luis Acanda, da Universidade da Habana, destaca a débeda que a "reflexión provocadora arredor dos ocultos e complexos mecanismos de difusión capilar do poder" de Foucault ten respecto dalgunhas teses fundamentais do marxismo un enfoque relacional da sociedade (a sociedade como un conxunto de relacións sociais), que permite ver tamén o poder dende unha perspectiva relacional; o emprego no sentido amplo do concepto de "produción" (non só no plano económico senón tamén no das ideas, as prácticas sexuais, as técnicas carcerarias etc.) para entender os fenómenos sociais como creacións e non como algo dado ou "natural"; a comprensión de que a revolución contra o capitalismo non pode ser un simple cambio de goberno senón que debe ser unha "fonda e total subversión cultural".

Foucault analizou cunha profundidade única os mecanismos de poder que operan na sociedade capitalista e a súa influencia na conformación da subxectividade das persoas. Isto permitiulle superar as interpretacións clásicas do poder, que o reducían a un plano represivo e xurídico, e conclúe con que o capitalismo se perpetúa grazas ao exercicio de poderes (micropoderes) presentes por todo o corpo social. Ao expoñer a vinculación existente entre formas de saber, técnicas disciplinarias e relacións económicas, Foucault mostrou coa maior amplitude a profundidade do que Marx denominaba "relacións de produción". Foucault sostén que é un erro falar do poder como dunha "cousa":

O poder non é nin unha institución nin unha estrutura, ou certa forza coa que están investidas determinadas persoas;é o nome dado a unha complexa relación estratéxica nunha sociedade dada. (...) O poder no sentido substantivo non existe.

O poder é a relación de forzas e atópase presente na sociedade dende o primeiro momento, non é algo engadido con posterioridade. O poder atópase en todos os fenómenos sociais, todas as relacións sociais son expresións de poder; non é patrimonio exclusivo dos aparellos do estado. Hai unha inmensa cantidade de vectores de forza, entre os cales as institucións estatais son só puntos de maior densidade.

Verdade e poder

[editar | editar a fonte]

Tamén o coñecemento é un produto social, e atópase polo tanto condicionado pola posición e polos intereses dos suxeitos que o producen:

A verdade deberá ser entendida como un sistema ordenado de procedementos para a produción, regulación, distribución, circulación e operación de xuízos. A verdade está vinculada nunha relación circular con sistemas de poder que a producen e manteñen.

O poder exércese e imponse non tanto polo exercicio da forza e do engano senón pola produción do saber, da verdade, pola organización dos discursos:

O que fai que o poder se sosteña, que sexa aceptado, é sinxelamente que non pesa só como potencia que di non, senón que de feito cala, produce cousas, induce pracer, forma saber, produce discursos; hai que consideralo como unha rede produtiva que pasa a través de todo o corpo social en lugar de como unha instancia negativa que ten por función reprimir.

Máis que prohibir, o poder goberna, presenta ao individuo as alternativas válidas para a acción, induce, encauza as súas condutas nunha dirección. Isto denominouno Foucault como "poder patoral", en canto á forza que fixa as estruturas de produción da subxectividade humana. É evidente que, ademais de estar en débeda con Marx, a reflexión foucaltiana sobre o poder é debedora de Nietzsche. Del toma a súa concepción do home como "vontade de poder" e a súa actitude radicalmente crítica da sociedade europea. O propio Foucault dicía "eu son simplemente nietzscheano".

Poder e resistencia

[editar | editar a fonte]

Unha das principais críticas que recibiu a súa reflexión sobre o poder é que, ao recoñecerlle unha capacidade practicamente absoluta como forza homoxeneizadora, deixa sen explicación a presenza e o xurdimento da resistencia e da oposición. Pero Foucault, ao remarcar o carácter relacional do poder, sinalou a presenza dunha tensión constante entre o poder e a oposición, indicando que onde hai poder hai tamén resistencia. A súa antropoloxía oponse expresa e abertamente á idea dun ser humano fundador e incondicionado entronado pola modernidade e polos intentos contemporáneos por salvar o individuo, o seu protagonismo e a súa autodeterminación. Isto enfrontouno entre outros cos existencialistas, e en especial con Sartre e o seu humanismo existencial. As súas reflexións sobre o poder permitíronlle reforzar a súa postura presentando a este como fundador e ao individuo como o seu produto histórico.

O seu enfrontamento coa modernidade tamén se mostra no rexeitamento do mito do progreso. A historia non persegue unha fin, non ten sentido. A historia é descontinua e organízase en torno ó que Foucault chama "episteme". Cada episteme estrutura os máis diversos campos do saber dunha época. "Cando falo de episteme (di Foucault) entendo todas as relacións que existiron unha determinada época entre os diversos campos da ciencia. Todos estes fenómenos de relacións entre as ciencias ou entre os diversos "discursos" nos que os diferentes sectores científicos son os que constitúen a que chamo episteme dunha época". A "arqueoloxía do saber" ocúpase do estudo das epistemes. Ela capta a sucesión de epistemes nun devir que non implica nin progreso nin sentido ningún. Na súa obra As palabras e as cousas describe tres epistemes que se sucederon na historia occidental.

  • Na primeira, que se mantivo ata o Renacemento, "as palabras tiñan a mesma realidade que aquilo que significaban". Así, por exemplo, no campo económico, o medio de cambio debía ter el mesmo un valor equivalente ao das mercadorías (ouro, prata etc.).
  • Na segunda, que rexeu durante os séculos XVIII e XIX, o discurso rompeu os seus vínculos coas cousas. O valor intrínseco da moeda, seguindo o exemplo tomado do campo económico, deixou de ser importante; o seu valor pasou a ser só representativo.
  • A partir do século XIX o saber comezou a buscar a estrutura oculta do real. No plano económico, xa non foi o diñeiro o que medía o valor dun ben senón o traballo necesario para producilo. Os individuos pensan, coñecen e valoran dentro dos esquemas da episteme vixente no tempo que lles toca vivir. As súas prácticas discursivas poden semellar libres, pero atópanse fortemente condicionadas polas estruturas epistémicas.
  1. Glez, Montero (2023-12-07). "Michel Foucault de tripi en el Valle de la Muerte". El País (en castelán). Consultado o 2023-12-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]