Saltar ao contido

Miguel Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aMiguel Porto
Biograf�a
Nacemento20 de decembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Oia, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�ndebuxante de banda dese�ada Editar o valor en Wikidata

Miguel Porto Hermida, nado o 20 de decembro de 1980 en San Miguel de Oia (Vigo) � un debuxante de banda dese�ada e ilustrador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou debuxando de neno e conseguiu alg�ns premios locais coma o premio infantil do I Sal�n de C�mic de Vigo. Fixo o bacharelato art�stico no Instituto Polit�cnico de Torrecedeira (Vigo), e fundou o seu primeiro fanzine, Alopecia Mental. Estudou na Academia de C�mic e Ilustraci�n de V�ctor Rivas e licenciouse en Belas Artes en Pontevedra (Universidade de Vigo) en 2004.

En 2002 comezou a debuxar para a revista Golfi�o para a que creou as series de L�a e Niko Natas. Nese tempo comeza a traballar nas publicaci�ns cl�sicas de comezos do s�culo XXI BD Banda ou Barsowia. A s�a actividade fancineira continuaraa en publicaci�ns como ARGH!, Carne L�quida, Fanzine Enfermo, Lun�tico, Dos veces breve, OINK!, Mongolia, Humo, El Manglar ou A vi�eta de Schr�edinger[1].

Traballou como creativo e dese�ador web na empresa Visual Publinet, e como dese�ador e ilustrador de videoxogos para Imaxin Software[2], empresa l�der do sector do videoxogo educativo. En 2012 empezou a traballar como docente en O garaxe herm�tico, a escola de banda dese�ada e ilustraci�n que fundou Kiko da Silva en Pontevedra.

En 2014 botou a andar o festival Bosquexo, un campamento de debuxo ao natural para adultos na aldea de Senderiz, que tivo unha continuidade anual[1].

En videoxogos

[editar | editar a fonte]
  • Mayu (Imaxin Software, 2002): fondos.
  • Vetas (Imaxin Software, 2003): fondos e dese�o de personaxes.
  • O mundo nas t�as mans (Imaxin Software, 2004): direcci�n art�stica, animaci�n e dese�o de personaxes.
  • El medall�n de la fortuna (Imaxin Software, 2004): direcci�n art�stica e animaci�n.

Banda dese�ada

[editar | editar a fonte]

Obra colectiva

[editar | editar a fonte]
  • 2011: Yes, We Camp! Bocetos de una (R)evoluci�n.
  • 2018: O pu�o e a letra.
  1. 1,0 1,1 "Miguel Porto". Vinetas desde o Atlántico. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-24. 
  2. "Miguel Porto Hermida". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-09-24.