Saltar ao contido

Mikhail Bakhtin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Bakhtin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Бахтин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1895 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Oriol, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemit�rio Vvedenskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRusia Editar o valor en Wikidata
Educaci�nUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosof�a Editar o valor en Wikidata
Ocupaci�nfil�sofo, historiador da literatura, especialista en literatura, cr�tico literario, ling�ista, escritor, te�rico da arte Editar o valor en Wikidata
Per�odo de tempoFilosof�a contempor�nea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMordovia State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosof�a occidental Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAleksander Thomson Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бахтин Михаил Михайлович)
Obálky knih,
Writers of St. Petersburg. XX century (en) Traducir >>>:Бахтин Михаил Михайлович, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1126791 Dialnet: 156747

Mikhail Mikhailovich Bakhtin (en ruso: Михаи́л Миха́йлович Бахти́н), nado en Orel o 17 de novembro de 1895 e finado en Moscova o 7 de marzo de 1975, foi un pensador, filósofo, crítico literario e semiólogo ruso que tivo unha influencia significativa[1] no pensamento occidental en teoría literaria, ética, filosofía da linguaxe e como teórico da cultura e arte europea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bakhtin medrou en Vilnius e Odesa, estudou filoloxía e literatura clásica na Universidade de San Petersburgo. Xa en 1918 Bakhtin comezou a formar a súa propia escola de pensamento, nesa data formáronse o que se deu en coñecer como o círculo Bakhtin[2], e que eran xuntanzas de intelectuais que compartían gran variedade de intereses como a filosofía alemá, a física contemporánea, e cuestións significativas na vida social e máis especificamente na creación artística, poñendo en valor o xeito que a linguaxe rexistraba os conflitos entre os grupos sociais. Os seus escritos inspiraron especialistas que traballaron en diferentes campos (marxismo, semiótica, estruturalismo, crítica relixiosa) e máis en disciplinas tan diversas como crítica literaria, historia, filosofía, antropoloxía e psicoloxía. Malia que Bakhtin participou nos debates sobre estética e literatura que tiveron lugar na Unión Soviética da década de 1920, a súa posición non se coñecería ben ata que o redescubriron os eruditos rusos da década de 1960, xa que debido á purgas de Stalin arrestárono en 1929 pasando os seis anos seguintes desterrado en Kustanai (Casaquistán). Durante o ano 1929 e mentres permanecía detido nun hospital editouse o primeiro libro que publicaba co seu nome, ПРОБЛЕМЫ ТВОРЧЕСТВА ДОСТОЕВСКОГО ("Problemas na arte de Dostoievski") e foi precisamente a súa reedición en 1963 a que marcaría o seu redescubrimento.