Oviedo
Oviedo (es) Uviéu (ast) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Oviedo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 217.584 (2023) (1.165,73 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 97.821 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 186,65 km² | ||||
Altitude | 232 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alfredo Canteli Martínez (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33001–33013 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33044 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | oviedo.es | ||||
Oviedo[1] (en asturiano: Uviéu[2][3] ou Uvieo), coñecida historicamente en galego como Ovedo[4][5], é unha cidade e concello do norte de España de orixe medieval (século VIII), capital do Principado de Asturias. Cunha poboación de 219 910 habitantes (2020) é a segunda cidade da comunidade logo de Xixón. Ovetenses emprendedores bautizaron con este nome tres cidades americanas: en Paraguai, na República Dominicana e nos Estados Unidos de América. É, ademais, a capital comercial e de negocios, e o centro administrativo e universitario da rexión.
Historia
[editar | editar a fonte]Conta a lenda que o rei Froila I saíu de caza cos seus amigos e pararon a comer nun lugar idílico, máis ou menos onde se atopa hoxe a cidade de Oviedo. Ó longo da conversa xurdiu unha pregunta: ¿En que lugar vas comezar a construír a cidade que será a corte?, ó que o rei respondeu en latín: Ubi edo, que quere dicir «onde como».
A cidade de Oviedo xurdiu sobre un outeiro que os romanos chamaban Ovetao. O seu suposto fundador foi o rei Froila, fillo de Afonso I de Cantabria (xenro e sucesor do rei Froila I), que reinou dende o 757 ata 768.
Foi Afonso II o Casto, o fillo de Froila, quen trasladou a capital política da Galicia alto-medieval a ese lugar, engrandecendo Oviedo e converténdoa en sé episcopal. Ademais fortificouna e a dotou de palacios, igrexas e outras construcións, como un acueduto (do que hoxe só quedan tres arcos).
Durante o seu reinado descubriuse en Compostela unha tumba da que se supuña era do apóstolo Santiago (no 812), e este rei foi o primeiro en visitar a tumba partindo de Oviedo, co que Afonso II se converteu no primeiro peregrino a Santiago de Compostela e inaugurouse o primeiro camiño de peregrinos, como pode lerse nun documento de Afonso II datado o 4 de setembro do ano 829, onde se lle concede á igrexa de Santiago de Compostela o espazo comprendido nun raio de tres millas en torno a dita igrexa, que foi construída para venerar as sagradas reliquias, e onde así mesmo se conta como este rei soubo do descubrimento e como acudiu cos maiores do seu palacio; aínda que hoxe en día se sabe que é falso, suponse que debe basearse noutro verdadeiro de Afonso II que xa non se conserva.
O rei Xoán I, en 1388, funda o Principado de Asturias, título inaugurado polo infante Henrique, fillo daquel, e que dende entón corresponderá ós sucesores a Coroa; Oviedo convertese, entón, na capital do Principado.
Durante a Idade Moderna houbo unha inmobilización económica debida a un certo illamento. A finais do século XVIII a cidade comezou a experimentar unha vida cultural bastante alta, salientando a figura de Feijoo quen aínda que naceu en Ourense viviu a meirande parte da súa vida no colexio bieito de San Vicente de Oviedo.
A comezos do século XIX os ovetenses foron dos primeiros españois en rexeitar a invasión francesa, e o 9 de maio de 1808 iniciaron o alzamento de Asturias para defender a independencia, como pode lerse na seguinte placa conmemorativa do primeiro centenario de tan histórico acontecemento. Foi o escenario dos enfrontamentos entre absolutistas e liberais. A decisión tomouna a Xunta Xeral do Principado na noite do 23 ó 24 de maio de 1808, obrigada pola presión popular. As tropas francesas foron rexeitadas, tras ter sometida a cidade durante un ano.
Durante a revolución de 1934, protagonizada polos mineiros da Conca, a cidade queda asolada en boa parte: resultan incendiados, entre outros edificios, o da Universidade, cuxa biblioteca gardaba fondos bibliográficos de extraordinario valor que non se puideron recuperar, ou o teatro Campoamor. A Cámara Santa na Catedral, pola súa parte, foi dinamitada.
Durante a sublevación do exército en 1936 que deu lugar á guerra civil, a cidade quedou en mans dos sublevados (baixo o mando do coronel Aranda), permanecendo sitiada polas tropas leais ó goberno republicano, ata que as tropas sublevadas romperon o cerco en 1937, coa caída de toda a zona norte nas mans franquistas. A cidade quedou reducida practicamente a cinzas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello atópase no centro do Principado de Asturias, ocupando 186,65 km² entre os ríos Nalón e Nora (os ríos máis importantes do concello, xunto ao río Trubia), aínda que ningún deles cruza o centro urbano. Limita ó norte con Las Regueras e Llanera; ó sur con Santo Adriano, Ribera de Arriba e Mieres; ó oeste con Grau e ó leste con Siero e Langreu.
A altura do concello varía entre os 80 msnm que marca o río Nalón e os 709 msnm que alcanza o Monte Picayo, no macizo da Grandota, situado no límite con Langreu. A cidade está protexida dos ventos do norte polo Monte Naranco; ao sur está a serra do Aramo, na que se atopa o alto de L'Angliru, famoso pola súa dureza para os ciclistas e popularizado por ser final de etapa da volta ciclista a España en varias ocasións. O centro urbano ocupa unha topografía accidentada, que se traduce en bruscos desniveis de máis de 100 metros entre o barrio do Cristo (315 m) e La Tenderina (190 m); normalmente utilízase como referencia para o centro urbano a altura á que se atopa o Teatro Campoamor (227 m). A pesar desta topografía, o concello representa o primeiro ámbito de certa horizontalidade ao norte da Cordilleira Cantábrica, que é continuada polos concellos de Llanera e Siero.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo os datos do INE de 2020, o concello de Oviedo ten 219 910 habitantes —dos cales 118 161 son mulleres e 101 749 son homes— e unha densidade de poboación de 1 580,29 hab/km². A parroquia de Oviedo conta con 205 074 veciños, dos cales 186 188 viven no núcleo urbano.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do concello de Oviedo baséase fortemente no sector terciario, sendo unha cidade cuxo centro está, eminentemente, ocupado con edificios de oficinas. A capitalidade do Principado outórgalle un gran número de funcionarios públicos. A industria é reducida no concello, e a máis próxima á cidade aséntase sobre todo nos veciños concello de Siero e Llanera. O Concello de Oviedo tiña en 2009 unha débeda pública de 135.185.000,00 €.[6]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Prerrománico asturiano
[editar | editar a fonte]Oviedo, como capital do antigo Reino de Asturias, alberga a maior cantidade de edificios representativos da chamada Arte prerrom�nica asturiana, que se desenvolveu durante a existencia dese reino nos s�culos IX e X. Foron declarados Patrimonio mundial pola Unesco, en 1985 e 1988, coa denominaci�n �Monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias�. En Oviedo at�panse:
- C�mara Santa de Oviedo. Capela situada dentro do conxunto arquitect�nico da Catedral. De cronolox�a discutida, estilisticamente parece ser obra do tempo do rei Afonso II o Casto, primeira metade do s�culo IX, a�nda que pola documentaci�n existente parece m�is plausible que fose mandada constru�r polo rei Afonso III o Magno no �ltimo terzo do s�culo IX. Desde a s�a construci�n serviu para custodia do tesouro e reliquias catedralicias, funci�n que segue mantendo. Nela g�rdanse xoias como a Cruz dos Anxos, a Cruz da Vitoria, o Cofre das �gatas, dos s�culos IX e X, e o Arca Santa onde � s�a vez se gardaba a m�is importante reliquia da diocese, o Santo Sudario, agora gardado nun relicario � parte.
- Testero de San Tirso, igrexa mandada constru�r por Afonso II no s�culo IX, moi modificada en s�culos posteriores, de forma que s� queda este elemento da construci�n orixinal.
- San Xi�n dos Prados. Igrexa de comezos do s�culo IX, mandada constru�r por Afonso II. O seu interior est� decorado con pinturas ao fresco que se conservan practicamente intactas e que constit�en unha das m�is importantes mostras de pintura prerrom�nica de Europa.
- Santa Mar�a del Naranco. Palacio do s�culo IX, mandado constru�r polo rei Ramiro I, no pr�ximo Monte Naranco � vista da cidade. Posteriormente transformado en igrexa no s�culo XII.
- San Miguel de Lillo. Igrexa da segunda metade s�culo IX, constru�da � beira do anterior palacio co que forma un conxunto arquitect�nico.
- Foncalada. Ed�cula monumental que alberga unha fonte, do tempo de Afonso III o Magno no s�culo IX. Tr�tase da �nica obra civil da arte prerrom�nica que se conserva.
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]Entre os numerosos edificios relixiosos da cidade destacan:
- Catedral de San Salvador de Oviedo, obra fundamentalmente g�tica, constru�da entre os s�culos XIV e XVI, con capelas e deambulatorio engadidos posteriormente de estilo barroco.
- Mosteiro de San Vicente, a s�a fundaci�n supuxo a da cidade. Moi modificado e ampliado co paso do tempo, a s�a igrexa, hoxe parroquia de Santa Mar�a a Real da Corte, e claustro, hoxe Museo Arqueol�xico, son do s�culo XVI.
- Mosteiro de San Paio, fundado por Afonso II, o edificio actual � de estilo barroco do s�culo XVII.
- Igrexa de Santo Isidoro, constru�da polos xesu�tas no s�culo XVII, como parte do desaparecido Colexio de San Mat�as cuxo soar est� ocupado polo Mercado do Font�n.
- Igrexa de San Xo�n o Real, de estilo neorrom�nico, constru�da a comezos do s�culo XX. Polo seu tama�o e presenza co��cella como a Catedral do Ensanche.
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Castelo de Tudela, na parroquia de Santianes, actualmente en ru�nas. Foi declarado monumento hist�rico o 22 de maio de 1965.
- Casa da R�a, casa-palacio de finais do s�culo XV, �nico edificio civil sobrevivente do incendio de 1521.
- Universidade de Oviedo, fundada a finais do s�culo XVI polo arcebispo cat�lico Fernando Vald�s Salas, Inquisidor xeral das Espa�as. Abriu as s�as portas en 1608.
- Concello, constru�do no s�culo XVII, � un edificio de tres plantas e unha planta baixa porticada con arco central realizado sobre a Porta de Cimadevilla e que aproveita como soporte a vella muralla da cidade.
- Palacio de Valdecarzana-Heredia, barroco de comezos do XVII, hoxe sede da Audiencia Territorial de Asturias.
- Palacio de Malleza-Toreno, barroco de finais do s�culo XVII, hoxe sede do Real Instituto de Estudos Asturianos.
- Palacio de Camposagrado, barroco tard�o de comezos do s�culo XVIII, hoxe sede de Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.
- Palacio do Marqu�s de San Feliz, constru�do a comezos do s�culo XVIII, tam�n de estilo barroco tard�o.
- Palacio de Velarde, de finais do s�culo XVIII. Alberga o Museo de Belas Artes de Asturias.
- Antigo Hospicio, do s�culo XVIII, ten unha fachada de estilo barroco rematada por un grande escudo e unha capela octogonal.
- Teatro Campoamor, inaugurado en 1892 e bautizado as� en honra ao poeta Ram�n de Campoamor a iniciativa de Leopoldo Alas �Clar�n�, ent�n concelleira do concello. Entre outras cousas � famoso por ser o escenario da entrega dos Premios Pr�ncipe de Asturias.
- Palacio da Xunta Xeral do Principado de Asturias, constru�do a comezos do s�culo XX, sobre o soar do antigo Convento de San Francisco.
- Auditorio-Palacio de Congresos Pr�ncipe Felipe, � obra do arquitecto Rafael Bolsa e foi inaugurado en 1999. Est� constru�do sobre os antigos dep�sitos de auga da cidade, levantados en 1846, e dos que se conservou a s�a estrutura.
- Palacio de Congresos de Oviedo, obra do arquitecto Santiago Calatrava, aberto parcialmente en 2008, e posteriormente o auditorio en maio de 2011.
Deporte
[editar | editar a fonte]O f�tbol � o deporte m�is popular da cidade sendo o Real Oviedo o seu equipo m�is representativo habendo militado durante 38 tempadas en Primeira Divisi�n conseguindo en tres ocasi�ns o terceiro posto na clasificaci�n.[7] Tam�n � de destacar o seu primeiro presidente e fundador, Carlos Tartiere, cuxo nome tam�n pos�e o estadio do equipo. Neste equipo xogaron moitos ovetenses destacados entre os que se atopa, por exemplo, Oliverio Jes�s �lvarez Gonz�lez (Oli). Ademais en Oviedo naceron alg�ns xogadores destacados de finais do s�culo XX e principios do XXI, como Enrique Castro Gonz�lez (Quini), Javier Paredes ou Lu�s Garc�a Fern�ndez. Outros clubs de f�tbol da cidade son o Astur Club de F�tbol, o Universidad de Oviedo, o Centro Asturiano de Oviedo, o Masaveu CF, o CD Covadonga, o Pumar�n CF, o APA Santa Teresa CD, o Vallob�n, o Juventud Estadio, La Manjoya ou a Pe�a Oviedo Berto.
En f�tbol feminino destaca o Oviedo Moderno que disputa a m�xima categor�a nacional, a Superliga.
En h�ckey a pat�ns, o FM Roller Oviedo xoga na Primeira Divisi�n, mentres que o Real Oviedo faio na Primeira Divisi�n B; en baloncesto o Oviedo Club Baloncesto disputa a liga EBA e en rugby o Oviedo Rugby Club disputa a Divisi�n de Honra B. Outros clubs importantes son o Universidad de Oviedo, Oviedo Atletismo e La Santina en atletismo, o CD Oviedo Sporty en f�tbol sala, o Club B�dminton Oviedo, en b�dminton, o Balonm�n Base Oviedo e o BM Naranco en balonm�n e o Club de Nataci�n Ciudad de Oviedo en nataci�n e w�ter-polo.
Individualmente destacan Fernando Alonso, bicampe�n do mundo de F�rmula 1, Galo Blanco, tenista profesional ga�ador dun torneo ATP (San Marino, 1999) e cuartofinalista en Roland Garros en 1997. Tam�n Samuel S�nchez Gonz�lez, medallista de ouro nos Xogos Ol�mpicos de Pequ�n 2008 na proba de ciclismo en ruta e o xogador do Club Baloncesto M�laga, Sa�l Blanco.[8]
As instalaci�ns m�is importantes da cidade son o Estadio Carlos Tartiere, o Palacio de Deportes, o Complexo Deportivo de San L�zaro, as instalaci�ns deportivas do Cristo e da UND, o Centro Asturiano, o Campo Municipal de Golf, o Centro Ecuestre Municipal, e varios polideportivos.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]As cidades irmandadas con Oviedo, ordenadas por data de irmandade, son as seguintes:[9]
- Valpara�so, Chile (desde o 26 de xaneiro de 1973)
- Bochum, Alema�a (desde o 26 de outubro de 1979)
- Buenos Aires, Arxentina (desde o 29 de abril de 1983)
- Veracruz, México (desde o 24 de novembro de 1983)
- Clermont-Ferrand, Francia (desde o 5 de abril de 1988)
- Tampa (Florida), Estados Unidos (desde o 13 de decembro de 1991)
- Santiago de Compostela, Galicia (desde o 12 de xaneiro de 1993)
- Santa Clara, Cuba (desde o 2 de outubro de 1995)
- Jersey City (Nova Jersey), Estados Unidos (desde o 7 de xullo de 1998)
- Zamora, España (desde o 9 de outubro de 2001)
- Torrevieja, España (desde o 2 de xaneiro de 2004)
- Valencia de Don Juan, España (desde o 14 de xuño de 2004)
- Hangzhou, China (desde o 12 de maio de 2006)
- Santander, España (desde o 14 de maio de 2007)
- Viseu, Portugal (desde o 10 de abril de 2007)
- Torrelavega, España (desde o 17 de maio de 2008)
- Maranello, Italia (desde o 17 de setembro de 2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ovetense.
- ↑ "Oviedo" é o topónimo en castelán, cooficial coa forma asturiana "Uviéu". Así mesmo, Oviedo tamén é o topónimo en galego segundo o apéndice de Dúbidas lingüísticas Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine. da UVigo
- ↑ "Oviedo ya es también oficialmente Uviéu. El Consejo de Gobierno aprueba los decretos que determinan los topónimos oficiales de tres concejos". En La Voz de Asturias. 13 de marzo de 2019.
- ↑ "Ovedo - Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa". glossa.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-10.
- ↑ ""Cami�o de Ovedo", nueva calle de Melide (Coru�a)". La Nueva Espa�a (en castelán). 2018-04-17. Consultado o 2021-12-10.
- ↑ "Ministerio de Economía e Facenda" (PDF). meh.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ "Historia". Sitio oficial do Real Oviedo. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 15 de decembro de 2010.
- ↑ "Deportistas en Oviedo". vivirasturias.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ Ayuntamiento de Oviedo. "Ciudades Hermanadas". Consultado o 26 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oviedo |
- Concello de Oviedo Arquivado 31 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- Universidade de Oviedo (en castelán)
- Catedral de Oviedo (en castelán)
- Federación Asturiana de Concellos Arquivado 02 de novembro de 2005 en Wayback Machine. (en castelán)
- Fichas e reconstrucións virtuais dos monumentos do Oviedo Altomedieval (en castelán)