Saltar ao contido

Pecado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os sete pecados capitais (Bosch).

Pecado �, en diversas relixi�ns, unha ofensa contra a divindade que vai contra a orde das cousas por ela establecida.

Por extensi�n, pode aplicarse tam�n a calquera cousa que se aparta do recto e xusto. Como tal, as� dise que � un pecado estragar a comida.

Caracter�sticas

[editar | editar a fonte]

Xuda�smo

[editar | editar a fonte]

No xuda�smo identif�case cunha traiz�n � Alianza entre o pobo de Israel e Yav�, cando este, tras liberar a aquel da escravitude de Exipto, dita a Mois�s a Tor� ou Lei condensada no dec�logo promet�ndolle felicidade e prosperidade. Nesa mesma relixi�n, a tradici�n prof�tica identifica o pecado como a infidelidade � Alianza asimil�ndoa a unha relaci�n nupcial onde Deus � o amante, fiel e celoso Esposo, e Israel, ao oprimir ao pobre, o orfo, o estranxeiro e a vi�va e caer na idolatr�a, � a Esposa ad�ltera.

Cristianismo

[editar | editar a fonte]

Na Igrexa Cat�lica o pecado � un acto, intenci�n ou actitude libre do ser humano que sup�n faltar ao amor para con Deus e para co pr�ximo, a causa dun apego perverso a certos bens. Fire a natureza do home, imaxe de Deus e chamado ao Amor, e atenta contra a solidariedade humana. A ra�z do pecado est� no coraz�n do home cuxa natureza ca�da est� ferida polo pecado orixinal que limita e atenaza o amor que reside nel e que � o principio das obras boas.

A Igrexa cat�lica distingue dous tipos de pecado: o pecado mortal que destr�e o amor no coraz�n do home por unha infracci�n grave con plena conciencia e deliberado consentimento contra a orde querida por Deus, que � Amor. E o pecado venial que fire e debilita o amor pero deix�ndoo subsistir. O pecado mortal � unha posibilidade radical e dram�tica da liberdade do home.

Na Igrexa Ortodoxa enfat�zase a identificaci�n do pecado cunha enfermidade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificaci�n que arela a s�a esencia. Para te�logos ortodoxos como Olivier Cl�ment ou Pavl Evdokimov, dentro da tradici�n asc�tica oriental, o pecado aparece como dislocaci�n divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e illa nunha soidade infernal, envelena as relaci�ns humanas e ata o mesmo ambiente c�smico.

Para o protestantismo � o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tam�n pola concupiscencia. Isto determina a maldade esencial da s�a conduta sempre debedora da soberbia e impregnada do ego�smo e cuxo poder o home sofre cunha impotencia caracter�stica. Te�logos luteranos como Eberhard J�ngel afirman que o pecado non se d� a co�ecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a s�a identificaci�n e co�ecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tam�n ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio Marti�o Lutero afirma natura peccati est non velle esse peccatum. Segundo S�ren Kierkegaard ning�n home, polas s�as propias capacidades e por si mesmo, � quen de enunciar o que � o pecado, e non o � precisamente porque est� en pecado. Nesta mesma li�a, Karl Barth entende que o co�ecemento de que o home � pecador, f�ltalle precisamente porque � pecador. En Xes�s de Nazaret, Deus salva gratuitamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.

A luxuria � considerada habitualmente como pecado

As primeiras listas de pecados na literatura cristi� figuran nas cartas de Paulo de Tarso que mencionan a idolatr�a, os odios, as desavinzas, as disensi�ns, as divisi�ns, os celos, as orx�as, a fornicaci�n, as discordias, a mentira, a murmuraci�n, a avaricia...

Para Gregorio Magno a ra�z de todo pecado concreto est� na soberbia, que � o pecado demon�aco e do que derivan o resto dos pecados capitais: envexa, avaricia, xenreira, tristura, luxuria, gula.

Para os Pais da Igrexa os pecados provocan situaci�ns sociais de inxustiza e desigualdade contrarias � bondade divina. Salvo o que se denomina blasfemia contra o Esp�rito Santo, o pecado non sup�n un l�mite para a misericordia de Deus. Xa para Paulo de Tarso, onde abondou o pecado sobreabundou a graza, e na liturxia das Igrexas procl�mase: Oh! feliz culpa, que mereceu tan grande redentor.

Para o islam pecado � todo o que atenta contra a concepci�n de Deus (tawhid) como o �nico e o Principal, Aquel de quen procede todo. Isto � o que expresa o primeiro dos Cinco Piares do islam co�ecido como Sahadah. A violaci�n do principio do tawhid equivale a cometer shirk: "asociaci�n". A forma m�is groseira de "asociaci�n" � a idolatr�a, ou crer que Deus non � un. Existen formas sut�s de shirk como a preocupaci�n polas riquezas ou a arrogancia. No Cor�n existen dous nomes de Deus que salientan sobre os demais: al-Rahman (o "Compasivo") e al-Rahim (o "Misericordioso"), que expresan cualidades que han de ser imitadas polos seres humanos[1]. O Cor�n di que Deus ordenou aos anxos venerar a Ad�n (II:32), por iso atentar contra un home � atentar contra todos os homes e ofender a Deus (V:35). Deus � amigo do home, por iso out�rgalle unha dignidade que lle permite defenderse pero sen excederse. Non facelo � faltar a amizade con Deus e excederse tam�n. O infiel � o ingrato, o que cae no ghaflah ou esquecemento da orixe divina, da omnipotencia e misericordia de Deus[2].

A ética musulmá e o seu concepto de pecado está entretecida profundamente coa tarefa política de fundar unha sociedade (umma) boa e xusta baixo a guía de Deus[3]. No Corán regúlanse as normas e condicións para conseguilo (xaria ou lei islámica), entre o que salienta o deber da esmola, outro dos Piares do islam, que supón compartir os bens cos necesitados e practicar a hospitalidade. A fidelidade a Deus esixe de cada crente a xihad, que é a loita contra todo o pecaminoso que se opón á vontade de Deus, quer no interior do home, quer na súa dimensión social e política.

O pecado non condena ao home de xeito irrevogable;

Quen se arrepinte despois de ter cometido unha inxustiza e se corrixe, consegue que Deus volva a el. Deus é indulxente, misericordioso
Corán V:43
[editar | editar a fonte]
  • A gran pecado, gran misericordia.
  • A pecado novo, penitencia vella.
  • A pecados vellos, penitencia nova.
  • No pecado está a penitencia.
  • Non me fagas pecar, que veño de me confesar.
  • Pecado calado é medio perdoado.
  • Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos.
  1. Michael D. Coogan, Religiones del Mundo, Barcelona 1999. ISBN.84-8076-318-3
  2. Huston Smith, Las Religiones del Mundo, Barcelona 1995. ISBN 84-8237-006-5
  3. Niniam Smart, Las Religiones del Mundo, Madrid, 2000. ISBN 84-460-1027-5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]