Saltar ao contido

Rajon Rondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aRajon Rondo

Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento22 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Louisville, Estados Unidos de Am�rica Editar o valor en Wikidata
Educaci�nUniversidade de Kentucky
Eastern High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Per�odo de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de Am�rica Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da Divisi�n I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhoenix Suns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Sacramento Kings
Chicago Bulls
Los Angeles Lakers
Dallas Mavericks
Boston Celtics
2004–2006 Kentucky Wildcats

Facebook: rajonrondo Twitter: RajonRondo Instagram: rajonrondo Editar o valor en Wikidata

Rajon Pierre Rondo, nado o 22 de febreiro de 1986 en Louisville, Kentucky, é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 e xoga de base. É coñecido polo seu rápido ritmo ofensivo e as súas habilidades defensivas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Pasou dous anos na Universidade de Kentucky, onde foi peza chave na vitoria de varios partidos nos últimos segundos, coma contra Louisville ou South Carolina, pero o seu equipo non puido alcanzar a Final Four da NCAA en ningunha das dúas tempadas. Foi incluído no mellor equipo de novatos da Southeastern Conference, e conseguiu o récord de roubos de balón nunha tempada da súa universidade. A morte de Spencer Ronson, un dos seus mellores amigos, marcou a súa infancia e a partir de aí centrouse máis na súa traxectoria deportiva e afastouse das rúas (leva unha tatuaxe dedicada a el).

Conseguiu unha media de 11,2 puntos, 6,1 rebotes, 4,9 asistencias e 2,1 roubos de balón, e a pesar de non estar recoñecido coma un gran tirador, conseguiu unhas cifras de 18 de 66 lanzamentos de 3, un 27,2%.

Foi elixido para xogar coa selección dos Estados Unidos o Campionato do Mundo sub-21 disputado na Arxentina, onde a pesar de que só acadaron o quinto posto, tivo unha boa actuación que lle serviu como escaparate para os numerosos observadores da NBA que alí se atopaban.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido no post 21 do Draft da NBA de 2006 polos Phoenix Suns, os cales inmediatamente o traspasaron aos Boston Celtics. Na súa primeira tempada como profesional foi titular e ao rematar a tempada foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. Tamén conseguiu encabezar a clasificación de roubos de balón por 48 minutos de xogo, con 3,36, sendo décimo na clasificación global. No seu segundo ano, disputou 77 partidos da liga regular, foi elixido entre os xogadores sophomore que disputaron o partido do All Star e mellorou considerabelmente as súas medias ata os 10,6 puntos, 4,2 rebotes e 5,1 asistencias. A pesar da chegada de Sam Cassell, segue sendo o base titular dos Celtics.

Na tempada 2008-09, Rondo xogou o seu mellor baloncesto des que xoga na NBA, titular indiscutíbel na franquía de Massachusetts, os Celtics volvían a xogar os playoffs, pero coas baixas por lesi�n de Kevin Garnett e Leon Powe os Celtics non pasaron das semifinais de conferencia, pese a todo na retina dos bos afeccionados ao baloncesto quedar� a primeira rolda fronte aos Chicago Bulls onde o "9" dos Celtics obtivo case unha triplo dobre nos 7 partidos que durou a serie.

V�xase tam�n

[editar | editar a fonte]

Ligaz�ns externas

[editar | editar a fonte]