Saltar ao contido

Ramón Villar Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aRam�n Villar Ponte

Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento10 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
A Coru�a, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coru�a Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Viveiro
abril de 1931 – outubro de 1931
← José Santiago SeijoEugenio Pérez Abadín → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIrmandades da Fala
Membro de
Xénero artísticoEnsaio
Familia
CónxuxeTeresa Chao Maciñeira Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Ramón Villar Chao Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntón Villar Ponte Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1153961 BUSC: villar-ponte-ramon-1890-1953 Dialnet: 3393816

Ramón Villar Ponte[1][2][3][4][5][6][7] (tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte[8][9]), nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Fundouse aquí…. Placa na Coruña.

Fixo o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid entre 1912 e 1916, regresando a Galicia ao licenciarse. Dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo. En 1919 casou con Teresa Chao Maci�eira, cu�ada do seu irm�n. En 1921 accedeu � direcci�n do xornal ferrol�n El Correo Gallego; foi correspondente de El Sol e La Voz de Madrid e colaborou tam�n en Galicia e El Pueblo Gallego de Vigo.

19 de xu�o de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ram�n Villar Ponte, Fern�ndez del Riego, Ant�n Villar Ponte, Pl�cido Castro, Otero Pedrayo, Ram�n Rodr�guez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugr�s, Castelao, Su�rez Picallo, Carlos Maside e Alexandre B�veda.

Organizou, xunto con Xaime Quintanilla, a Irmandade da Fala de Ferrol e foi o redactor dos seus bolet�ns. En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial C�ltiga, a primeira editorial nacionalista na que Ram�n era xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista como Subdelegaci�n da Delegaci�n da ING en Ferrol. En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Coa proclamaci�n da Segunda Rep�blica foi alcalde de Viveiro de abril a outubro de 1931 representando a ORGA. Por�n, tras deixar a alcald�a acabou entrando no Partido Galeguista en 1932.[10] En 1936 culminou a iniciativa do seu irm�n Ant�n coa fundaci�n, en Santiago de Compostela, da Asociaci�n de Escritores de Galicia.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Viveiro. O seu catolicismo librouno da represi�n, participou nos faladoiros dos membros de Acci�n Cat�lica e falanxistas locais, como Francisco Leal Insua e Antonio Noriega Varela.

En 1942 trasladouse � Coru�a coa muller, os fillos e os sobri�os (fillos de Ant�n dos que se fixo cargo), onde sobreviviu impartindo aulas en colexios privados. En 1946 ga�ou o primeiro premio nos Xogos Florais de Betanzos co romance hist�rico Mandeu. Ingresou na Real Academia Galega en 1951, a proposta de Manuel Cas�s Fern�ndez, Francisco Vales Villamar�n e �ngel del Castillo, cun discurso en galego titulado A xeraci�n do 16, lido o d�a 16 de xu�o no acto da s�a recepci�n, respondido por Ram�n Cabanillas.[11] Permaneceu � marxe do grupo Galaxia nos anos cincuenta at� a s�a morte e seguiu colaborando na prensa galega e na da emigraci�n, utilizando o pseud�nimo Licenciado Pravio. Traballos seus foron lidos nas emisi�ns da BBC londiniense.

O 16 de xu�o de 1951 fixo a s�a intervenci�n en galego na Real Academia Galega, desobedecendo as ordes franquistas.[12] Pouco despois uns falanxistas d�ronlle unha malleira e morreu debido �s secuelas en 1953.[13]

  • D�as, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, 1953.

Traduci�ns

[editar | editar a fonte]
  • Teatro irland�s. Dous folk-dramas de W. B. Yeats (con Ram�n Villar Ponte e P. R. Castro), Santiago, 1935.

Os fondos da biblioteca de Ram�n Villar Ponte e do seu irm�n Ant�n est�n no Parlamento de Galicia dende o ano 2001, cando foron adquiridos xunto co seu arquivo persoal. A colecci�n est� composta por 1216 volumes de monograf�as e alberga ademais 43 t�tulos de revistas, xunto con obras propias e un importante conxunto de documentaci�n de car�cter pol�tico, especialmente referido � actividade dos partidos galeguistas antes da guerra civil. Destacan preto de cen t�tulos impresos antes de 1900, entre os que hai obras de Benito Xer�nimo Feijoo e algunhas primeiras edici�ns das de Manuel Murgu�a.[14]

Reco�ecemento

[editar | editar a fonte]

O Concello de Viveiro convoca o Premio de Novela Vilar Ponte que rende homenaxe a Ram�n e a Ant�n Vilar Ponte.[15]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Chao Maci�eira,[16] e foi pai de Jaime, Teresa e Jos� Ram�n Villar Chao.

Galer�a de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  2. "Membros da Academia. Ramón Villar Ponte". Real Academia Galega. 
  3. "Villar Ponte, Ramón". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2181. 
  4. "Villar Ponte, Ramón". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 391. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. "Villar Ponte, Ramón". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 99. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. "Villar Ponte, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 315–316. 
  7. Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 618-619. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
  8. Monterroso Devesa, X. M.; Baramendi, X. et al.: "Vilar Ponte, Ramón" na GEG.
  9. Ramón Vilar Ponte. Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña.
  10. Ínsua, E. X.; Martínez González, X. (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 442. 
  11. Villar Ponte, R. (1977). A xeración do 16. A Coruña: Real Academia Galega. 
  12. "CarlosCallon; status". Twitter. Consultado o 18 de xuño de 2024. 
  13. "Torturados, encarcelados y multados por hablar en gallego". www.publico.es. 2022-12-01. Consultado o 2024-06-18. 
  14. O pazo do Hórreo Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia
  15. "Bases II Premio de Novela Vilar Ponte" (PDF). Concello de Viveiro. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  16. Ínsua López, E. X. (2004). Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Cadernos Ramón Piñeiro, VII. CIRP.[1] Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Santiago Seijo
 
Alcalde de Viveiro
 
1931
Sucesor:
Eugenio Pérez Abadín