Saltar ao contido

Saia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saia
The Evoltion of the skirt, Harry Julius, 1916

A saia (Gl-saia.ogg pronunciaci�n ) ou faldra � unha peza de vestir cinguida � cintura que cobre as pernas, polo menos en parte. Adoita ser de tea e de forma cil�ndrica ou tronco-c�nica, e a diferenza dos pantal�ns non est� dividida. Por extensi�n denom�nanse tam�n saias ou faldr�ns �s teas que colgan da mesa de braseiro ou dos berces.

Na s�a versi�n m�is sinxela pode ser un anaco de tea que se enrola na cintura (pareo, sarong), a�nda que a maior�a das saias son axustadas na cintura e m�is amplas segundo se descende. Dependendo das �pocas, as modas e o exhibicionismo de quen a leve, a lonxitude da saia pode ir de pouco m�is que un cinto at� chegar ata o chan, e pasando por calquera outra medida intermedia.

Algunhas saias medievais chegaron a ter m�is de 3 metros de di�metro na base. No extremo contrario, as minisaias dos anos 60 (e seguintes) son pezas m�nimas que poden chegar a non cubrir a roupa interior estando sentado, e en casos extremos nin estando de p�, para estes �ltimos empr�gase o termo de saia-cinto.

A saia en �pocas medievais

[editar | editar a fonte]

Cara ao s�culo XVI, a saia da xente de pobo era unha peza cuadrangular de tea, cun buraco no centro, polo que se axustaba � cintura mediante un cinto ou simplemente unha corda, de modo que colgaban catro picos.

No libro Don Quixote da Mancha aparece unha dona Trifaldi que, segundo se explica, ti�a a saia triangular con tres picos.

As prostitutas levaban a saia de cor parda e de a� v�n a expresi�n castel� irse de picos pardos.

Saias no s�culo XIX

[editar | editar a fonte]
Unha saia do s�culo XIX.

Durante o s�culo XIX os cortes das saias na cultura occidental sufriron m�is variaci�ns que en ningunha outra �poca. A cintura da saia empezou situada � altura do peito (debaixo dos seos) e foi baixando paulatinamente ata a cintura. Ao principio foron bastante estreitas e f�ronse ensanchando ata chegar � crinolina, o polis�n, o cors� e o miri�aque (armaz�ns baixo as saias para darlles volume). Durante todo o s�culo XIX, o baixo da saia moveuse entre debaixo do xeonllo e o chan.

Saias nos s�culos XX e XXI

[editar | editar a fonte]
Saia longa, a comezos do s�culo XX.

Desde 1915, as saias de d�a deixaron de arrastrarse polo chan. Durante os seguintes 50 anos, as saias volv�ronse curtas (anos 1920), logo longas (anos 1930), despois m�is curtas (os anos da segunda guerra mundial), despois longas e volv�ronse extremadamente curtas nos anos 1960, cando se fixeron tan curtas como foi posible sen chegar a ensinar a roupa interior, o que naquela �poca constitu�a un tab�.

A partir dos anos 1970 a popularidade dos pantal�ns para todo uso fixo que ningunha lonxitude de saia sexa dominante, coexistiendo as minisaias coas saias polo xeonllo ou ata as saias longas.

Alg�ns tipos de saias com�ns son:

Unha enagua (tipo de saia usada como roupa interior, slip en inglés) é a roupa interior dunha muller levada posta baixo un vestido ou saia para axudarlle a colgar suavemente e previr a irritación da pel de teas grosas como a la. As enaguas tamén se levan postas para a calor e para protexer teas finas da transpiración. Unha full slip colga dos ombreiros, polo xeral por medio de tirantes estreitos e esténdese do peito á lonxitude de saia de moda. Unha half slip colga da cintura. As enaguas son polo xeral feitas de tea lisa e esvaradiza como seda, satén, poliéster, ou nailon e poden ser decoradas con cordón nos bordos. Estas son tipicamente levadas sobre outras roupas interiores íntimas. As enaguas tamén son levadas postas por modestia baixo roupa externas translúcidas. O biso é semellante á enagua, unha peza de roupa de nailon, liño, satén etc., polo xeral con tirantes, que usan as mulleres por debaixo do vestido e que chega, máis ou menos, ao bordo deste. Tamén se coñece coma saia de baixo ou saia de por baixo[1]. As half slips pode ser levadas postas cunha camisola que fai xogo como unha alternativa a unha full slip.

As enaguas son polo xeral feitas do tricot que é a tea tecida de nailon.

A saia nos homes

[editar | editar a fonte]

A saia nos homes occidentais é rara hoxe en día, porén varias culturas preservaron as saias masculinas como no caso do kilt dos escoceses, o pareo tahitiano; o lava-lava da culturas polinesias e oceánicas; a fustanella dos gregos e albaneses; e o sarong, que se usa en partes de Asia, na península Arábiga, en partes de África e nas illas do Pacífico.

o kilt, en particular, goza de grande aceptación en países de occidente, especialmente no Reino Unido e nos Estados Unidos, onde se considera entre moitas comunidades un xeito de celebrar o patrimonio escocés, irlandés e gaélico.

No caso de Galicia e Norte de Portugal está ben documentado o uso de saias con motivos a cadros (tartán) polos homes castrexos, como demostran as estatuas de guerreiros galaicos atopadas en todo o territorio. O uso das saias masculinas chega ao século XX nalgunahs variantes do traxe galego coma a sonada saia de Tui[2].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biso.
  2. "Páxina sobre o uso do tartán en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 01 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]