Super Bowl
Nome na lingua orixinal | (en) Super Bowl |
---|---|
Tipo | campionato |
Deporte | Fútbol americano |
Organizador | National Football League |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1967 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Cancelo | #SuperBowl |
Páxina web oficial | nfl.com… |
A Super Bowl é o partido final anual da National Football League (NFL), principal campionato profesional de fútbol americano do mundo. O partido culmina unha temporada que comeza no final do verán do ano anterior. Habitualmente, máis que o ano no que se disputa o encontro, utilizanse números romanos para identificar e diferenciar cada partido. Por exemplo, a Super Bowl I foi disputada o 15 de xaneiro de 1967 seguindo a tempada regular de 1966. A única excepción a esta regra foi a Super Bowl 50, xogada o 7 de febreiro de 2016 a continuación da temporada regular de 2015.
A celebración deste encontro xorde como parte do acordo de fusión entre a NFL e a entón competición rival, a American Football League (AFL). Acordouse que o campión de cada unha das dúas ligas xogase un partido para decidir o Campionato Mundial da AFL-NFL (en inglés: AFL–NFL World Championship Game) até que a confluencia fose efectiva en 1970. Despois da fusión, cada unha das ligas pasou a ser unha "conferencia", converténdose o partido nunha final na que se enfrontan os campións de cada conferencia para decidir quen é o campión da NFL. Actualmente, o equipo con máis títulos da Super Bowl son os Pittsburgh Steelers con seis.
O día que se xoga a Super Bowl, considerado por algúns como un festivo nacional non oficial nos Estados Unidos,[1][2] é chamado "Super Bowl Sunday" (do inglés: Domingo de Super Bowl). De feito, é o segundo día do ano con maior consumo no país, tan só despois do Día de Acción de Grazas.[3] A Super Bowl é frecuentemente o a emisión televisiva máis vista do ano, sendo os catro programas máis vistos da historia da televisión estadounidense Super Bowls.[4] De feito, no ano 2015, a Super Bowl XLIX converteuse no programa máis visto da historia nos Estados Unidos cunha audiencia media de 114,4 millóns de telespectadores, sendo a quinta vez en seis anos que se bate o récord de audiencia, xeira que comezou en 2010 cando a Super Bowl XLIV supera o récord de 27 anos sendo o programa máis visto do episodio final de M*A*S*H.[5][6][7] A Super Bowl é tamén un dos espetaculos deportivos anuais máis vistos a nivel mundial, grazas principalmente ao mercado estadounidense, tan só por detrás da final da UEFA Champions League.[8]
Xa que a NFL restrinxe o uso da marca rexitrada "Super Bowl", o partido é frecuentemente chamado como o "Big Game" (don inglés: Gran Partido) ou outros termos xenéricos por corporacións non patrocinadoras do encontro. Debido á súa grande audiencia, os anuncios emitidos durante a retransmisión son os máis caros do ano, levando ás compañías a producir os seus anuncios máis custosos para o evento. Como resultado, ver e discutir sobre os anuncios converteuse nun dos aspectos máis significantes do evento.[9] Alén diso, tamén son famosas as cerimonias antes e durante o descanso do encontro, nas cales teñen intervido cantantes e músicos como Michael Jackson, Madonna, Prince, Bruce Springsteen, Paul McCartney, Coldplay, The Rolling Stones, The Who ou Whitney Houston.
Campións
[editar | editar a fonte]Os números entre paréntese na táboa refírense ao número de aparicións na Super Bowl até ese momento. Segundo a columna o uso de paréntese significa:
- Nas columnas de Campión e Subcampión indican o número de veces que o equipo participou na Super Bowl así como o balance de vitorias e derrotas.
- Na columna de Sede indica o número de veces que ese estadio ten acollido a Super Bowl.
- Na columna de Cidade indica o número de veces que esa área metropolitana ten acollido a Super Bowl.
National Football League (NFL, 1967–1970) | American Football League (AFL, 1967–1970) |
---|---|
Campión da NFL (4, 2–2) |
Campión da AFL (4, 2–2) |
National Football Conference (NFC, 1971–presente) | American Football Conference (AFC, 1971–presente) |
Campión da NFC (48, 25–23) |
Campión da AFC (48, 23–25) |
Próximas edicións
[editar | editar a fonte]As datas de celebración dos encontros son estimacións.
Edición | Data | Campión | Resultado | Subcampión | Sede | Cidade | Asistencia |
---|---|---|---|---|---|---|---|
LIII | 3 de febreiro de 2019 | Campión 2018–19 da AFC contra Campión 2018–19 da NFC | — | Non determinado (ND) | Mercedes-Benz Stadium | Atlanta, Xeorxia (3) | ND |
LIV | 2 de febreiro de 2020 | Campión 2019–20 da NFC contra Campión 2019–20 da AFC | — | Non determinado (ND) | Hard Rock Stadium (6) | Miami Gardens, Florida (11) | ND |
LV | 7 de febreiro de 2021 | Campión 2020–21 da AFC contra Campión 2020–21 da NFC | — | Non determinado (ND) | Raymond James Stadium (3) | Tampa, Florida (5) | ND |
LVI | 6 de febreiro de 2022 | Campión 2021–22 da AFC contra Campión 2021–22 da NFC | — | Non determinado (ND) | City of Champions Stadium | Inglewood (California) (8) | ND |
Gañadores consecutivos
[editar | editar a fonte]Sete diferentes franquías gañaron Super Bowls de forma consecutiva, unha delas dúas veces:
- Green Bay Packers (Super Bowls I e II)
- Miami Dolphins (VII e VIII)
- Pittsburgh Steelers (dúas veces: IX e X así como XIII e XIV)
- San Francisco 49ers (XXIII e XXIV)
- Dallas Cowboys (XXVII e XXVIII)
- Denver Broncos (XXXII e XXXIII)
- New England Patriots (XXXVIII e XXXIX)
Ningunha franquía gañou tres Super Bowls seguidas, aínda que varías estiveron cerca:
- Os Green Bay Packers gañaron as dúas primeiras Super Bowls, así como o título da NFL o ano precedente.
- Os Miami Dolphins apareceron en tres Super Bowls consecutivas (VI, VII e VIII), gañando as dúas últimas.
- Os Pittsburgh Steelers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (IX e X); o ano seguinte foron eliminados na final da AFC polos Oakland Raiders, eventuais campións da Super Bowl.
- Os San Francisco 49ers gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXIII e XXIV); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos New York Giants, eventuais campións da Super Bowl.
- Os Dallas Cowboys gañaron dúas Super Bowls consecutivas (XXVII e XXVIII); o ano seguinte foron eliminados na final da NFC polos San Francisco 49ers, eventuais campi�ns da Super Bowl. Ao ano seguinte, os Cowboys volveron ga�ar o trofeo, o que supuxo tres t�tulos en catro anos.
Participaci�ns na Super Bowl por equipo
[editar | editar a fonte]Equipos da NFL/NFC (26 vitorias) | Equipos da AFL/AFC (24 vitorias) |
Equipo da NFL/AFC |
Na seguinte t�boa os equipos est�n ordenados primeiro polo n�mero de participaci�ns, despois polo n�mero de vitorias e, finalmente, pola s�a primeira participaci�n. Na columna de "Temporada(s)", os anos en negra indican a consecuci�n do t�tulo.
Equipos que non participaron na Super Bowl
[editar | editar a fonte]Catro dos actuais equipo da NFL nunca chegaron a xogar unha Super Bowl. Dous deles, foron campións da competición antes da celebración da Super Bowl I na temporada 1966.
- Detroit Lions, foron campións da NFL catro veces: 1935, 1952, 1953 e 1957; participaron na final da NFL en 1954; e na final da NFC en 1991.
- Cleveland Browns, foron campións da NFL catro veces: 1950, 1954, 1955 e 1964; participaron en sete finais da NFL: 1951, 1952, 1953, 1957, 1965, 1968 e 1969]]; e participaron en tres finais da AFC: 1986, 1987 e 1989. Os Browen están considerados oficialmente como unha franquía continua no tempo desde 1946 como membro da All-America Football Conference, uníndose á NFL en 1950, suspendendo a súa actividade desde 1996 até 1998, e volvendo en 1999. Os Baltimore Ravens están considerados unha franquía de expansión fundada en 1996 con ex xogadores dos Browns.
- Jacksonville Jaguars, franquía de expansión fundada en 1995, participaron en dúas finais da AFC: 1996 e 1999
- Houston Texans, franquía de expansión fundada en 2002, apareceu en dúas roldas divisionais en 2011 e 2012.
Alén diso, tanto Detroit, como Houston, como Jacksonville teñen acollido Super Bowls; isto significa que Cleveland é a única cidade actual da NFL que nunca organizou nin participou nunha Super Bowl.
Equipos que participaron na Super Bowl pero non gañaron
[editar | editar a fonte]Nove equipos teñen participado na Super Bowl sen nunca ter conseguido a vitoria. En número descendente de aparicións son:
- Buffalo Bills (4), participaron nas Super Bowls XXV, XXVI, XXVII, e XXVIII. O seu segundo e último título da AFL foi en 1965, xusto a temporada anterior á primeira Super Bowl.
- Minnesota Vikings (4), participaron nas Super Bowls IV, VIII, IX e XI. Gañaron o título da NFL en 1969, a última temporada antes da fusión AFL-NFL, con todo, non conseguiron gañar a Super Bowl que os enfrontaba ao campión da AFL.
- Cincinnati Bengals (2), participaron nas Super Bowls XVI e XXIII. Equipo de expansión de 1968 da AFL, non teñen títulos previos á Super Bowl.
- Carolina Panthers (2), participaron nas Super Bowls XXXVIII e 50. Como equipo de expansión posterior á fusión AFL-NFL, a súa primeira temporada foi en 1995.
- Arizona Cardinals (1), participaron na Super Bowl XLIII. O seu último campionato foi en 1947 como Chicago Cardinals.
- Atlanta Falcons (1), participaron na Super Bowl XXXIII. Equipo de expansión de 1966, non teñen títulos previos á Super Bowl.
- San Diego Chargers (1), participaron na Super Bowl XXIX. O seu único campionato da AFL foi en 1963.
- Tennessee Titans (1), participaron na Super Bowl XXXIV. O seu segundo e último campionato da AFL foi en 1961 como Houston Oilers.
Equipos con longos períodos sen participar
[editar | editar a fonte]Os seguintes oito equipo teñen participado na Super Bowl, mais non desde 1995. Isto significa que levan máis tempo sen participar que Jacksonville e Houston.
Dous destes equipos levan sen participar na Super Bowl desde a fusión AFL-NFL en 1970:
- New York Jets (a súa participación máis recente foi na Super Bowl III en 1968)
- Kansas City Chiefs (Super Bowl IV en 1969)
A última participación na Super Bowl dos seguintes equipos foi posterior á fusión AFL-NFL, mais anterior a temporada 1995.
- Minnesota Vikings (Super Bowl XI, 1976)
- Miami Dolphins (Super Bowl XIX, 1984)
- Cincinnati Bengals (Super Bowl XXIII, 1988)
- Washington Redskins (Super Bowl XXVI, 1991)
- Buffalo Bills (Super Bowl XXVIII, 1993)
- San Diego Chargers (Super Bowl XXIX, 1994)
Partidos da Super Bowls repetidos
[editar | editar a fonte]Os seguintes equipo enfrontáronse máis dunha vez entre eles na Super Bowl:
- Dallas Cowboys e Pittsburgh Steelers (3) – as Super Bowls X e XIII foron gañadas por Pittsburgh e a Super Bowl XXX foi gañada por Dallas.
- Miami Dolphins e Washington Redskins (2) – a Super Bowl VII foi gañada por Miami e a Super Bowl XVII foi gañada por Washington.
- Cincinnati Bengals e San Francisco 49ers (2) –as Super Bowls XVI e XXIII foron ambas gañadas por San Francisco.
- Buffalo Bills e Dallas Cowboys (2) – as Super Bowls XXVII e XXVIII, a única repetición de final en temporadas consecutivas, foron gañadas ambas por Dallas.
- New England Patriots e New York Giants (2) – as Super Bowls XLII e XLVI foron ambas gañadas por New York.
- New England Patriots e Philadelphia Eagles (2) – a Super Bowl XXXIX foi gañada por New England e a Super Bowl LII foi gañada por Philadelphia.
Récords
[editar | editar a fonte]Os seguintes son algúns dos récords individuais máis destacábeis da Super Bowl.
- Xogador que máis veces foi MVP (xogador máis valorado)
- Tom Brady – New England (XXXVI, XXXVIII, XLIX, LI)
- Xogador con máis finais disputadas (8 Super Bowls)
- Tom Brady – New England (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLII, XLVI, XLIX, LI, LII)
- Xogador con máis puntos en total (48 puntos)
- Jerry Rice − San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII)
- Xogadores con máis puntos nun só partido (20 puntos)
- James White – New England vs. Falcons (LI)
- Xogada de anotación máis longa (retorno de 108 iardas)
- Jacoby Jones – Baltimore Ravens vs. San Francisco (XLVII)
- Máis touchdowns en total (8 touchdowns)
- Jerry Rice – San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII) − (os 8 por recepción)
- Máis touchdowns nun só partido (3 touchdowns)
- Roger Craig – San Francisco vs. Miami (XIX) − (1 por carreira e 2 por recepción)
- Jerry Rice – San Francisco vs. Denver (XXIV) − (3 por recepción)
- Jerry Rice – San Francisco vs. San Diego (XXIX) − (3 por recepción)
- Ricky Watters – San Francisco vs. San Diego (XXIX) − (1 por carreira e 2 por recepción)
- Terrell Davis – Denver vs. Green Bay (XXXII) − (3 por carreira)
- James White – New England vs. Falcons (LI) − (2 por carreira e 1 por recepción)
- Máis pases de touchdown en total (18 pases)
- Tom Brady – New England (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLII, XLVI, XLIX, LI, LII)
- Máis pases de touchdown nun só partido (6 pases)
- Steve Young – San Francisco vs. San Diego (XXIX)
- Pase máis longo (85 iardas)
- Jake Delhomme (a Muhsin Muhammad) – Carolina vs. New England (XXXVIII)
- Máis iardas de pase en total (2.576 iardas)
- Tom Brady – New England Patriots (XXXVI, XXXVIII, XXXIX, XLII, XLVI, XLIX, LI, LII)
- Máis iardas de pase nun só partido (505 iardas)
- Tom Brady – New England Patriots vs. Eagles (LII)
- Máis iardas de pase recibido en total (589 iardas)
- Jerry Rice – San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII)
- Máis iardas de pase recibido nun só partido (220 iardas)
- Máis recepcións en total (33 recepacións)
- Jerry Rice – San Francisco (XXIII, XXIV, XXIX) e Oakland (XXXVII)
- Máis recepcións nun só partido (14 recepacións)
- James White – New England vs. Falcons (LI)
- Máis iardas de carreira en total (354 iardas)
- Franco Harris – Pittsburgh (IX, X, XIII, XIV)
- Máis iardas de carreira nun só partido (220 iardas)
- Timmy Smith – Washington vs. Denver (XXII)
- Máis touchdown de carreira en total (5 touchdowns)
- Emmitt Smith – Dallas (XXVII, XXVIII, XXX)
- Máis touchdown de carreira só partido (3 touchdowns)
- Terrell Davis – Denver vs. Green Bay (XXXII)
- Máis intercepcións en total (3 intercepcións)
- Chuck Howley – Dallas (V, VI)
- Rod Martin – Oakland-L.A. (XV, XVIII)
- Larry Brown – Dallas (XXVII, XXVIII, XXX)
- Máis intercepcións nun só partido (3 intercepcións)
- Rod Martin – Oakland vs. Philadelphia (XV)
- Máis sacks en total (5 sacks)
- L.C. Greenwood – Pittsburgh (IX, X, XIII, XIV)
- Máis sacks nun só partido (4 sacks)
- L.C. Greenwood – Pittsburgh vs. Dallas (X)
- Máis field goals en total (7 field goals)
- Adam Vinatieri – New England (XXXI, XXXVI, XXXVIII, XXXIX) e Indianapolis (XLI)
- Máis field goals nun só partido (4 field goals)
- Don Chandler – Green Bay vs. Oakland (II)
- Ray Wersching – San Francisco vs. Cincinnati (XVI)
- Field goal a maior distancia (54 iardas)
- Steve Christie – Buffalo vs. Dallas (XXVIII)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belkin, Douglas (29 de xaneiro de 2004). "Super Bowl underscores cultural divide". Boston Globe (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ "Super Bowl Sunday: An Unofficial Holiday for Millions" (en inglés). Bureau of International Information Programs. 29 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ "USDA Offers Food Safety Advice for Your Super Bowl Party" (Nota de prensa) (en inglés). U.S. Department of Agriculture. 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ Mark Koba (28 de xaneiro de 2014). "Super Bowl TV ratings: Fast facts at a glance" (en inglés). CNBC. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ Hibberd, James (8 de febreiro de 2010). "Super Bowl dethrones 'M*A*S*H,' sets all-time record". The Hollywood Reporter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ Patra, Kevin (2 de febreiro de 2015). "Super Bowl XLIX is most-watched show in U.S. history" (en inglés). National Football League. Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ Kissell, Rick (2 de febreiro de 2015). "Update: Super Bowl on NBC Draws Record U.S. Television Audience". Variety (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2016.
- ↑ Harris, Nick (31 de xaneiro de 2010). "Elite clubs on Uefa gravy train as Super Bowl knocked off perch". The Independent (en inglés) (London).
- ↑ "EEUU detense para ver os anuncios da Super Bowl". Galicia Hoxe. 6 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Super Bowl |