Saltar ao contido

Acordeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acorde�n

O acorde�n[1] � un instrumento musical de vento, � o m�is pequeno representante da familia do �rgano. Consiste basicamente nunha harm�nica unida a un fol que permite o desprazamento de aire, xunto a un xogo de palletas que vibran co paso do mesmo.

Caracter�sticas

[editar | editar a fonte]

O primeiro prototipo de acorde�n foi dese�ado polo berlin�s Christian Friedrich Ludwig Buschmann quen lle engadiu un fol � orixinal harm�nica no ano 1822. O 6 de maio de 1829 o austr�aco Cyrill Demian patentou un acorde�n consistente en d�as caixas de madeira unidas por un fol flexible que se pod�a abrir e pechar para impulsar o aire. As caixas levaban d�as ringleiras de ling�etas unidas a bot�ns, que permit�an seleccionar os sons mediante a s�a pulsaci�n. No ano 1880 engad�uselle un segundo teclado para a man esquerda que permit�a facer o acompa�amento da melod�a tocada coa dereita. Desde ese momento o acorde�n introduciuse na m�sica tradicional de toda Europa.

Cuarteto tradicional con acordeonista

O acorde�n en Galiza

[editar | editar a fonte]

Na s�a chegada a Galiza o acorde�n f�xose moi popular nos bailes agarrados,[2] ocupando o lugar, en ocasi�ns, dos tradicionais gaiteiros en romar�as e foliadas. Empreg�ronse tradicionalmente dous tipos: o acorde�n diat�nico, que s� permite a escala diat�nica e no que un mesmo bot�n emite unha ou outra nota segundo se abra ou peche o fol; e o acorde�n crom�tico, que permite escalas crom�ticas e emite a mesma nota independentemente de se se abre o pecha o fol. O acorde�n crom�tico integrouse desde mediados do s�culo XX nos cuartetos tradicionais e nas charangas galegas, xunto a gaitas, clarinetes e saxof�ns.

Despois da segunda guerra mundial o seu uso recuou, at� que arredor de 1980, comeza a se recuperar na música tradicional de moitas partes de Europa, e mesmo en grupos de música alternativa, como Mano Negra. É frecuente o seu uso na música galega contemporánea en grupos como Berrogüetto, Os Cempés, A Compañía do Ruído ou Os Diplomáticos de Monte-Alto.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acordeón.
  2. Camafeita, Olga (2001). "Acordeón". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]