Saltar ao contido

Agrupaci�ns musicais galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folerpas, cuarteto tradicional.

As agrupaci�ns musicais galegas son as diferentes formaci�ns, de instrumentos e m�sicos, aparecidas ao longo dos s�culos na m�sica tradicional galega.

Agrupaci�ns

[editar | editar a fonte]
Agrupaci�n Caracter�sticas
D�o tradicional A gaita, instrumento caracter�stico da m�sica popular galega, foi ao longo da historia un instrumento solista. Por�n, desde o s�culo XVIII, comezan a existir as primeira representaci�ns nas que aparecer formando un dueto co tambor.[1]
Cantareiras Nas festas populares galegas, eran as mulleres as encargadas de achegar o canto e a m�sica para o baile, pois non sempre era pos�bel contar cun gaiteiro. Estas cantadoras adoitaban acompa�arse de pandeiros, pandeiretas ou calquera dos utensilios do fogar ao seu alcance.[2]
Rancho de Reis Os ranchos son grupos de cantadores, danzantes e m�sicos, que se organizan durante as festas de reis. Estas formaci�ns percorren as parroquias pedindo o aguinaldo mentres interpretan cantos e danzas de reis. Cons�rvanse sete destes ranchos nas comarcas do Condado e Vigo.
Foli�n Os foli�ns de entroido son agrupaci�ns musicais conservadas en Galiza nas comarcas ourens�ns de Viana e Trives. F�rmanas os propios veci�os para animar as festas empregando ferramentas agr�colas (gada�as, sachos) e os caracter�sticos tambores de entroido.
Treboadas Son agrupaci�ns musicais propias do Baixo Mi�o e do norte de Portugal, onde reciben o nome de Z�s Pereiras. Estaban compostas orixinalmente por gaita de barqu�n, tambor e bombo de mallada. Posteriormente, a gaita pasou a ser de fol, o tambor substitu�do por unha caixa, e ampliouse substancialmente o n�mero de bombos, at� chegar a cinco ou m�is.[3]
Bandas populares Desde mediados do s�culo XIX comezaron a proliferar en Galiza as bandas de m�sica. Estas bandas populariz�ronse, adaptando o seu repertorio � contorna cultural, e mesturando os seus m�sicos cos instrumentistas tradicionais.[4]
Tr�o tradicional Coa a introduci�n na m�sica popular da instrumentaci�n das bandas de m�sica, os gaiteiros comezaron a incorporala aos seus conxuntos. Un dos primeiros instrumentos adoptados foi o bombo, que asociado a gaita e tambor, formou o tr�o tradicional.[5]
Coros galegos No �ltimo terzo do XIX, na �poca do Rexurdimento cultural galego, apareceron os coros galegos. Estas agrupaci�ns levaron por primeira vez aos escenarios o canto, a m�sica, o baile e a vestimenta tradicionais de Galiza.[5]
Cuarteto con clarinete Outro dos instrumentos procedentes das bandas que se incorporou á música galega foi o clarinete (ou o requinto). Asociado con gaita, caixa e bombo formou un popular cuarteto que se estendeu por todo todo o país.[6]
Cuarteto tradicional Na década de 1920, os avances na organoloxía, permitiron que dúas gaitas tocasen xuntas nunha agrupación. Algo inédito até ese momento. Apareceu entón unha nova formación, os cuartetos de dúas gaitas, tambor e bombo.[7]
Requintas Nas terras do val do río Ulla trunfaron, desde a segunda década do século XX, as chamadas requintas. Grupos que incorporaban aos cuartetos tradicionais a requinta, un tipo de frauta travesa característica da zona.[8]
Charanga Outra agrupación nacida da fusión entre músicos tradicionais e procedentes das bandas foron as charangas. Estes conxuntos suman instrumentación de vento á gaita e a percusión tradicional.[7]
Bandas de gaitas A finais do século XX produciuse en Galiza un aumento do interese pola música tradicional, en especial pola gaita. Apareceron entón escolas para gaiteiros e, a partir delas, as bandas de gaitas, que permiten ao alumnado tocar e aprender conxuntamente.[7]
  1. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Tambor propiamente dito". Consultado o 2021-07-14. 
  2. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Cantadoras". Consultado o 2021-07-14. 
  3. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Bombo de mallada". Consultado o 2021-08-23. 
  4. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » As bandas populares". Consultado o 2021-07-14. 
  5. 5,0 5,1 "Agrupacións". Un paseo pola música de Galicia. Consultado o 2021-07-14. 
  6. Naqueles tempo (TVG) 11 - A gaita galega I. Youtube. 2016. p. 24 m. 27 s. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Carpintero Arias, Pablo. "O gaiteiro". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-05-21. 
  8. Carpintero Arias, Pablo. "Requinta". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-07-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]