Saltar ao contido

Alejandro Bustillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aAlejandro Bustillo

Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento18 de marzo de 1889 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemit�rio da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Educaci�nUniversidade de Buenos Aires
Otto Krause Technical School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�narquitecto, pintor, escultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Edificio tornquist 1925.
Banco da Naci�n Arxentina.
Casino, rambla e Hotel provincial, Mar da Prata.

Alejandro Gabriel Bustillo Madero, nado en Bos Aires o 18 de marzo de 1889 e finado na mesma cidade o 3 de novembro de 1982, foi un arquitecto, pintor, escultor e acad�mico arxentino. Un dos arquitectos m�is relevantes da historia de Arxentina.

Foi o autor de numerosas obras arquitect�nicas p�blicas e privadas, entre as que se contan o Hotel Llao Llao, o Complexo Bristol que incl�e o Hotel Provincial e o Casino de Mar da Prata. En Bos Aires dese�ou a casa central do Banco da Naci�n Arxentina, o banco Tornquist, o Hotel Continental e vivendas como a de Victoria Ocampo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Bos Aires o 18 de marzo de 1889, Alejandro Bustillo era fillo de Mar�a Luisa Madero e do doutor Jos� Mar�a Bustillo, pertencendo a unha familia de estrato social alto e de longo arraigamento en Am�rica, pois segundo declaraci�ns s�as, descende en li�a directa por rama materna das fillas de T�pac Inca Yupanqui e Huayna C�pac, quen casaron con conquistadores. O seu irm�n Exequiel Bustillo foi propulsor dos Parques Nacionais arxentinos.

Durante a s�a infancia pasou longas tempadas en estancias pampe�s xunto � s�a familia onde comezou o seu interese pola construci�n.

Terminou os seus estudos secundarios no Instituto Polit�cnico Superior Otto Krause. Logo estudou na Escola de Arquitectura, que por ent�n depend�a da Facultade de Ciencias Exactas, F�sicas e Naturais da Universidade Nacional de Bos Aires: escola de clara orientaci�n academicista onde foi alumno do hispano-noruegu�s Alejandro Christophersen, do eclecticista Pablo Hary en Teor�a da Arquitectura, do franc�s Eduardo Lle Monnier, e xa nos tramos finais da carreira, de Ren� Karman, un entusiasta difusor do neoclasicismo franc�s.

En 1912 interrompeu os seus estudos temporalmente para dedicarse � s�a outra paix�n, a pintura. Tras isto, en 1912 obtivo o Primeiro Premio do Sal�n Nacional de Pintura do Museo de Belas Artes co seu autorretrato.

Finalmente graduouse en 1914 de arquitecto. O 8 de agosto de 1917 casou con Blanca Ayerza (1892-1978), con quen tivo 8 fillos; C�sar, Jorge, Alejandro, Mario, Nelly, Marta, Blanca e In�s.[2]

Nos comezos da s�a carreira inclinouse notablemente polos canons compositivos da arquitectura grega, e o seu gran referente de inspiraci�n foi Albert Speer, o arquitecto de Hitler. Deste �ltimo emulou as li�as austeras pero monumentais, e plasmounas nas s�as maiores obras como o Hotel Provincial de Mar da Prata, e a sede central do Banco Naci�n en Bos Aires, entre outros.[3]

Foi nomeado membro de n�mero da Academia Nacional de Bellas Artes.[4]

Cronolox�a

[editar | editar a fonte]

1889: naceu o 18 de marzo nunha familia patricia arxentina. O seu bisav� Manuel Jos� Bustillo fora Tenente de Patricios defendendo Bos Aires durante as Invasi�ns Inglesas, o seu bisav� o Capit�n de Artillar�a Francisco Javier D�az Fern�ndez formou parte do Rexemento de Granaderos a cabalo de Jos� de San Mart�n no Cruzamento dos Andes. O seu av�, o xeneral Jos� Mar�a Bustillo, participara na Batalla de Pav�n, na Batalla de Cepeda (1859), e na Guerra do Paraguai. O seu pai, Jos� Mar�a Bustillo escribiu o c�digo militar arxentino co�ecido como "C�digo Bustillo". O seu t�o, o enxe�eiro Eduardo Madero, foi o autor do proxecto do porto de Bos Aires, co�ecido hoxe como Porto Madero.

1901: ingresa no Instituto Polit�cnico Superior fundado polo enxe�eiro Otto Krause.

1912: ga�a o primeiro premio do Sal�n Nacional da Pintura do Museo de Bellas Artes, coa s�a autorretrato.

1914: Grad�ase de arquitecto na Escola de Arquitectura da Facultade de Ciencias Exactas, F�sicas e Naturais da Universidade de Bos Aires.

1915/1917: Casas de campo de Coronel Dorrego e Carhu�, Provincia de Bos Aires.

1916: Casa de campo para Santiago Rocca (o seu primeiro proxecto).

1917: casa con Blanca Ayerza. Ter�n 8 fillos e 58 netos.

1918:

  • Estancia "La Primavera" para a s�a familia.
  • "Villa Devoto" de Juana Gonz�lez de Devoto, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.

1921: Viaxa a Par�s, onde permanece dous anos. Carlos Alfredo Tornquist enc�rgalle a s�a residencia no barrio de Palermo Chico, que forma parte da serie de h�tels particuliers que, entre 1924 e 1930, constr�e en Bruxelas, Par�s e Bos Aires.

1923:

  • Estancia "Villa Mar�a" en Ezeiza.

1924:

  • Casa particular de H. Etchepareborda, Bos Aires.
  • Casa particular de Enrique Duhau, Bos Aires.
  • Casa de renda (hoxe Casa das Academias Nacionais), Bos Aires.

1925:

1926:

  • Casa particular da s�a familia e estudo na r�a Posadas entre Cerrito e Carlos Pellegrini, Bos Aires (hoxe demolidas pola obra Av 9 de Julio - Au Illia).
  • Casa de renda para Juana G. de Devoto, Bos Aires.
  • Casa de renda, Bos Aires.

1927:

  • Casa de renda para Juana G. de Devoto, Par�s.
  • Casa de renda, Bos Aires.
  • Casa de campo "La Azucena", para Leonor Uriburu de Anchorena, Tandil, Provincia de Bos Aires.
  • Hotel Continental, propiedade de C�a. de Seguros La Continental, Bos Aires.

1928:

  • Casa particular de Carlos A. Tornquist (hoxe Embaixada de B�lxica), Bos Aires.
  • Casa particular de Adolfo S�nchez (hoxe Centro de Extensi�n Universitaria), Bos Aires.
  • Casa particular de Juan Layera, Bos Aires. (hoxe demolida).
  • Casa particular de Alberto del Solar Dorrego (hoxe Embaixada do Per�), Bos Aires.
  • Casa particular de Victoria Ocampo, Bos Aires. Primeira casa arquitectura do racionalismo en Bos Aires. � por iso que non asina a obra.
  • Casa de renda para Carlos Alfredo Tornquist, Par�s.
  • Casa de campo"La Dulce" (construci�n auxiliar), para Juana G. de Devoto, Estaci�n Arroyo Dulce, Provincia de Bos Aires.

1929:

  • Casa de renda para Ernesto Lix-Klett, Bos Aires. (hoxe demolida).
  • Casa de campo "La Cascada", para Julio Perkins, Curumal�n, Provincia de Bos Aires.
  • Edificio Mart�nez de Hoz, (hoxe SIDE), Bos Aires.
  • Edificio Otis, propiedade de Otis Elevator Co., Bos Aires. (hoxe demolido).

1930:

  • Casa particular de Alberto Ramos Mej�a (hoxe demolida). De inspiraci�n francesa (baseamento reducido a z�calo, portas con marqueter�a cl�sica, cornixa separa o �tico e as chemineas en ladrillo visto).
  • Casa particular de Jos� Fioravanti, Bos Aires. Esta e a casa de Manuel G�mez (1931), son austeras e simples, de influencia pampe�.
  • Casa de renda para Garc�a Merou, Bos Aires.
  • Casa de campo "El Boquer�n" para Enrique de Anchorena, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.
  • Casa de campo (construci�n auxiliar) para Jos� Mar�a Bustillo, Ca�uelas, Provincia de Bos Aires.
  • Casa de campo "Los Ranchos" para el mesmo, Ascochinga, C�rdoba.
  • Edificio Volta, propiedade da Compa��a Ibero Americana de Inmuebles y Cr�ditos e sede da Compa��a Hispano Americana de Electricidad, Bos Aires.

1931:

  • Casa particular de Manuel G�mez, Bos Aires.
  • "Villa Ayerza" para a familia Ayerza, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.
  • Casa de renda para Sara W. de Marsengo, Bos Aires.
  • Casa de renda para Ramona A. de Ocampo, Bos Aires.
  • Casa de campo "Los Pl�tanos" para el mesmo, Estaci�n Pl�tanos, Provincia de Bos Aires.
  • Tralo derrocamento de Irigoyen, a Revoluci�n nomea a Alejandro Bustillo para a tarefa de reciclar a ex Casa de Bombas Recoleta como Museo Nacional de Bellas Artes, en novembro de 1931. Esta obra (inaugurada en maio de 1933) caracter�zase pola diafanidade, amplitude e neutralidade das s�as salas e o redese�o do p�rtico, de gran escala.

1932:

  • Casa de campo (construci�ns auxiliares) para Castelpoggi Hnos., Pilar, Provincia de Bos Aires.
  • Primeiro Premio de Escultura no Sal�n Nacional, co bronce "El pecado original", Bos Aires.

1933:

  • Casa de renda para Jos� Manuel Jorge, Bos Aires.
  • Museo Nacional de Bellas Artes (reciclaxe de ex Casa de Bombas Recoleta), Bs. As. (inaugurado 23 de maio).
  • Asesor da Direcci�n Nacional de Bellas Artes.

1934:

  • Sal�n Nacional de Artes Pl�sticas (reciclaxe do Palais de Glace, hoxe Salas Nacionais de Cultura), Bos Aires.
  • Medalla de Ouro na Exposici�n Internacional de Pintura de San Francisco, EE.UU., co seu autorretrato xa premiado en 1912.

1935:

  • Casa de renda para Juana G. de Devoto, Bos Aires.
  • Residencia do Gobernador, Posadas, Misiones.
  • Praza San Mart�n, Posadas, Misiones.
  • Parque Municipal, Posadas, Misiones.
  • Edificios de comisar�as e resgardos aduaneiros, Misiones.
  • Valado das ru�nas xesu�ticas, San Ignacio, Misiones.
  • Intendencia do Parque Nacional do Iguaz�, Misiones.
  • Hotel Cataratas (reforma e ampliaci�n), parque nacional do Iguaz�, Misiones.

1936:

Capela Nosa Se�ora Virxe da Asunci�n en Vila La Angostura, Arxentina.
  • Proxecto rambla de Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.
  • Esbozos preliminares do Banco da Naci�n Arxentina, Bos Aires.
  • Capela La Asunci�n, Vila La Angostura, Neuqu�n.
  • Intendencia do parque nacional Nahuel Huapi.
  • Primeiro Premio do concurso de proxectos para o Hotel Llao Llao, R�o Negro.

1937:

  • Casa de campo para Delia Z. de Can�, San Miguel, Provincia de Bos Aires.
  • Proxecto Municipalidade de Gral. Pueyrred�n, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.
  • � nomeado Acad�mico de Belas Artes.
  • Remodelaci�n da Praza 9 de Julio da actual Cidade de Posadas, Misiones.

1938:

1939:

  • Ga�a xunto ao arquitecto �ngel Guido o concurso de anteproxectos do Monumento Nacional � Bandeira, Rosario Provincia de Santa Fe.
  • Casa de campo para Manuel Fresco, Haedo, Provincia de Bos Aires.
  • Casino, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.
  • Hotel Llao Llao (construci�ns auxiliares), Llao Llao, R�o Negro.
  • Incendio do Hotel Llao Llao.

1940:

  • Casa de campo para Eloisa Ju�rez Celman, Capit�n Sarmiento, Provincia de Bos Aires.
  • Banco da Naci�n Arxentina (1.� etapa: 1940-1944), Bos Aires.
  • Capela de Vila Catedral, R�o Negro.
  • Hotel Llao Llao (reconstruci�n), Llao Llao, R�o Negro.
  • Pedestal estatua do Xeneral Roca (escultor Emilio J. Samiguet). O Centro C�vico Bariloche, R�o Negro, foille erroneamente atribu�do, sendo en rigor obra do seu colega e compatriota Ernesto de Estrada.

1941: Nova rambla, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires.

1942: Proxecto Residencia "El Messidor", Vila La Angostura, Neuqu�n.

1943: Proxecto Residencia "Inalco", Vila La Angostura, Neuqu�n.

1944: Monumento � Bandeira, Rosario, Santa Fe.

1944: Banco da Naci�n Arxentina, Bos Aires. (1.� etapa inaugurada o 24 de xullo).

1945: Hoster�a lsla Victoria, Neuqu�n.

1946:

Catedral A nosa Señora de Nahuel Huapi, San Carlos de Bariloche.
  • Hotel Provincial, Mar da Prata, Provincia de Bos Aires. (fin obra).
  • Urbanización Praia Bristol (piletas cubertas, vestidores, fronte comercial, etc.), Mar da Prata, Provincia de Bos Aires. (fin obra).
  • Catedral de San Carlos de Bariloche, Bariloche, Río Negro.
  • Casa Amelita, Mar da Prata. Provincia de Bos Aires.

1948: Residencia "El Messidor", Vila La Angostura, Neuquén (fin obra).

1950:

  • Banco da Nación Arxentina (2.ª etapa: 1950- 1955), Bos Aires.
  • Publica "Posibilidades de unhaArquitectura Monumental Argentina" (xaneiro).

1950/1955:

  • Publica "Caracteres permanentes y actuales de la arquitectura Greco-Latina”.
  • Ensaio en forma de catro artigos, diario La Nación, suplemento dominical, Bos Aires.

1953: Casa de campo para Jeannette Devoto, Estación Fernández, Provincia de Bos Aires.

1954: Casa de campo para o Conde Guazzone de Passalacqua, Olavarría, Provincia de Bos Aires.

1957: Publica La belleza primero. Hipótesis metafísica, Guillermo Kraft, Bos Aires.

1958: Reportaxe a Alejandro Bustillo, diario La Nación, Bos Aires. (15 de maio).

1960:

  • Remodelación plazoleta do Cabildo, Bos Aires.
  • Ampliación edificio da Comisión Nacional de Museos, Monumentos e Lugares Históricos (á norte), Bos Aires.

1961:

  • Proxecto sede do Jockey Club La Plata, Provincia de Bos Aires.
  • Renuncia ó cargo de Vogal da Comisión Nacional de Museos, Monumentos e Lugares Históricos.

1966: Capela San José Obreiro, Vila Argentina, Quilmes, Provincia de Bos Aires.

1967:

  • Publica Buscando el Camino, Emecé, Bos Aires.
  • Socio activo do Pen Club Intemacional.

1977:

  • Casa de campo para a familia Cullen, Junín de Ándelos, Neuquén.
  • Casa de campo "La Serena", para María Elisa Mitre de Larreta, Los Cardales, Provincia de Bos Aires.

1982:

  • "Alejandro Bustillo: 70 años de arquitectura" (reportaxe a Alejandro Bustillo), revista Dos puntos, n° 5, Bos Aires, maio-xuño.
  • Recibe o Premio Konex como un dos 5 mellores arquitectos da historia en Arxentina.
  • Morre en Buenos Aires o 3 de novembro de 1982, aos 93 anos.
  1. "Bustillo, Alejandro". Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  2. "Biografía de Alejandro Bustillo en Youbioit.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2010. Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  3. "La Nación, 14 de novembro de 2007". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  4. Academia Nacional de Bellas Artes. "Académicos fallecidos". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2017. 

 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]