Saltar ao contido

Endotelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirecci�n desde �C�lula endotelial�)
Este artigo trata sobre o endotelio dos vasos sangu�neos; para o da c�rnea ver endotelio corneal.
Situaci�n do endotelio nunha arteria, e outras capas da parede.
C�lulas endoteliais que forman a t�nica �ntima do vaso sangu�neo rodean a un eritrocito (E).

O endotelio vascular � o tecido que forma a fina capa de c�lulas que reviste a parte interior dos vasos sangu�neos,[1] formando unha interface entre o sangue circulante do lume do vaso e o resto das paredes do vaso. O tecido endotelial � unha variedade de tecido epitelial. As c�lulas que o forman denom�nanse c�lulas endoteliais. As c�lulas endoteliais revisten todo o sistema circulatorio, desde o coraz�n aos capilares m�is pequenos. Tam�n revisten os vasos linf�ticos [2]. Estas c�lulas reducen a turbulencia do fluxo sangu�neo, permitindo que o sangue se bombee a maior distancia, e te�en propiedades en canto � coagulaci�n do sangue e outras.

O endotelio proporciona unha superficie non trombox�nica (evita co�gulos) porque cont�n o glicosaminoglicano hepar�n sulfato, que interv�n na activaci�n da antitrombina III, unha protease que inactiva varios factores na cascada de reacci�ns da coagulaci�n.

Terminolox�a

[editar | editar a fonte]

O modelo fundacional de anatom�a fai unha distinci�n entre as c�lulas endoteliais e outras c�lulas epiteliais base�ndose nos tecidos a partir dos cales se orixinan, e establece que a presenza de filamentos de vimentina en lugar de filamentos de queratina diferencian estes dous tipos de c�lulas epiteliais [3]. As c�lulas endoteliais son de orixe mesod�rmica, a diferenza das outras c�lulas epiteliais (ectod�rmicas e endod�rmicas).

O endotelio das superficies internas das c�maras do coraz�n denom�nase endocardio. As paredes dos capilares sangu�neos e linf�ticos est�n formadas por unha soa capa de c�lulas endoteliais, xunto cunha l�mina basal e unha pequena rede fibrilar ; nos capilares unha soa c�lula endotelial pode circundar todo o per�metro interno do vaso. Nos vasos m�is grosos a parede consta de varias capas e o endotelio � a �ltima e m�is interna.

Funci�ns

[editar | editar a fonte]

As c�lulas endoteliais est�n implicadas en moitos aspectos da biolox�a dos vasos sangu�neos, como son:

Nalg�ns �rganos, hai c�lulas endoteliais moi diferenciadas que levan a cabo funci�ns especiais de "filtrado". Exemplos deste tipo de estruturas endoteliais �nicas son os glom�rulos renais e a barreira hemato-encef�lica.

Patolox�a

[editar | editar a fonte]

A disfunci�n endotelial ou perda do funcionamento correcto do endotelio, � unha indicaci�n de que existen enfermidades vasculares, e normalmente consid�rase un fen�meno chave inicial para o desenvolvemento da aterosclerose. A funci�n endotelial vese a mi�do afectada en pacientes de enfermidade da arteria coronaria, diabetes mellitus, hipertensi�n, hipercolesterolemia, e nos fumadores. A disfunci�n endotelial tam�n serve para predicir futuros problemas cardiovasculares. Un dos principais mecanismos da disfunci�n endotelial � a diminuci�n de �xido n�trico, normalmente debida � presenza de altos niveis de dimetilarxinina asim�trica, a cal interfire coa s�ntese de �xido n�trico estimulada pola L-arxinina normal. O mecanismo m�is com�n da disfunci�n endotelial � o incremento de especies reactivas do os�xeno, que poden prexudicar � produci�n de �xido n�trico e � s�a actividade de diversos modos [4]. A prote�na sinalizadora ERK5 � esencial para manter o funcionamento normal das c�lulas endoteliais [5]. Unha consecuencia subseguinte aos danos nos endotelios � a liberaci�n de cantidades patol�xicas do factor de von Willebrand, o cal promove a agregaci�n das plaquetas e a s�a adhesi�n ao subendotelio, formando as� un trombo potencialmente fatal.

O premio Nobel de Medicina e Fisioloxía de 1998 foille entregado a Robert Furchgott, Ferid Murad e Louis Ignarro, investigadores que estableceron os mecanismos bioquímicos da función endotelial traballando por separado. Illaron e identificaron unha substancia que relaxaba as células musculares lisas dos vasos sanguíneos, que era o xa mencionado óxido nítrico. Este gas, producido polas células endoteliales, disólvese nos líquidos fisiolóxicos e relaxa as células musculares lisas do vaso, causando a dilatación do vaso. O óxido nítrico considérase o principal regulador das funcións do endotelio normal, operando como mensaxeiro extracelular.

  1. Endothelium Arquivado 21 de novembro de 2011 en Wayback Machine. eMedicine Dictionary
  2. D.W. Fawcett. Tratado de Histología. Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición (1987). Páxinas 403-406. ISBN 84-7605-361-4
  3. "FMA". Arquivado dende o orixinal o 23-08-2011. Consultado o 26-11-2011. 
  4. Deanfield J, Donald A, Ferri C, Giannattasio C, Halcox J, Halligan S, Lerman A, Mancia G, Oliver JJ, Pessina AC, Rizzoni D, Rossi GP, Salvetti A, Schiffrin EL, Taddei S, Webb DJ (2005). "Endothelial function and dysfunction. Part I: Methodological issues for assessment in the different vascular beds: a statement by the Working Group on Endothelin and Endothelial Factors of the European Society of Hypertension". J Hypertens 23 (1): 7–17. PMID 15643116. 
  5. Roberts OL, Holmes K, Müller J, Cross DA, Cross MJ. (2009). "ERK5 and the regulation of endothelial cell function.". Biochem Soc Trans. 37 (6): 1254–9. PMID 19909257. doi:10.1042/BST0371254. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]