Saltar ao contido

Club Deportivo Choco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD Choco
NomeClub Deportivo Choco
de Redondela
Fundación1953
EstadioSanta Mariña
Galicia Redondela
Capacidade2.000
PresidenteIván Crespo[1]
AdestradorGalicia David Pérez
Liga3ª RFEF – Grupo 1
2022–2316º
VestimentaWarrior
PatrocinadorI.C.O.N
Na rede
http://cdchoco.es/
Facebook: 100063263315686 Twitter: CDChoco Instagram: clubdeportivochoco Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Once inicial do CD Choco nun partido da terceira división 2022-23 no campo de Santa Mariña.

O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.

Na tempada 2023/24 participará na sexta categoría do fútbol estatal, militando na Preferente Galicia. Conta con arredor de 500 socios e disputa os seus enfrontamentos como local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición na Terceira División, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva.[2] Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.

A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo[3], reflexo da importancia da pesca nesta vila, na que se celebra desde 1987 a Festa do choco de Redondela, declarada en 2003 Festa de interese turístico de Galicia .

Antecedentes e fundación

[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).

En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.


Galicia Redondela FC 2 - 1 Choco FC Galicia 14 de abril de 1932Estadio de Santa Mariña, Redondela
Informe
 

Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.

Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vólvese formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amigábeis de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.

Década dos 60: a Terceira División

[editar | editar a fonte]

Após disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tampada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.

Anos 80 e 90

[editar | editar a fonte]

Na tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tampada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.

Século XXI: novo ascenso á Terceira División

[editar | editar a fonte]

Durante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional.[1] Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros.[1] En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco. Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos estremeños cun resultado global de 3-5.


CD Choco 0 - 3 Extremadura UD 24 de maio de 2015, 21:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 2.000
Árbitro: Pérez Fernández (Castela e León Castela e León)
Informe
Pozo Anotado no 39º minuto 39'
Willy Anotado no 65º minuto 65'
Willy Anotado no 71º minuto 71'
 


Extremadura UD 2 - 3 CD Choco 31 de maio de 2015, 17:00 – Estadio Francisco de la Hera, Almendralexo
Asistencia: 38.000
Árbitro: Barba Ibáñez (Andalucía Andalucía)
Juanito de la Cruz Anotado no 5º minuto 5'
Juanjo Anotado no 54º minuto 54'
Informe
Hugo Anotado no 10º minuto 10'
Silva Anotado no 48º minuto 48' (penalti)
Rubén Anotado no 70º minuto 70'
 

Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.[4]


CD Choco 2 - 1 CD Badajoz 23 de maio de 2016, 17:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 1.400
Árbitro: Pelaez Fernández (Asturias Asturias)
Comis Anotado no 28º minuto 28'
Fer Anotado no 61º minuto 61'
Informe
CarreñoAnotado no 50º minuto 50' (penalti)
 


CD Badajoz - CD Choco Badaxoz

 

Uniforme e cores

[editar | editar a fonte]
O vermello e o azul son as cores representativas do CD Choco.

O CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distrubución nacional en Redondela.

A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor da primeira equipación do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).

Estadio de Santa Mari�a, con campos de adestramento anexos.
Artigo principal: Estadio de Santa Mari�a.

O actual estadio do CD Choco � o Campo Municipal de Santa Mari�a. Est� situado na sa�da de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tam�n xogan e adestran os seus equipos de categor�as inferiores. Est� constitu�do por herba sint�tica, e acc�dese a el a trav�s da R�a ao Campo de F�tbol, desde a estrada N-550.

Conta cun campo principal con capacidade para 1000 espectadores. En 2015 instal�ronse novas bancadas e habilit�ronse accesos para persoas discapacidatas, cun elevador para chegar aos asentos m�is altas.[5]

Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constitu�do foi substitu�da por herba artificial[6]. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e s� se empregan para adestramentos ou partidos de f�tbol 7.

A�nda que non se ten constancia exacta da data da s�a construci�n, s�bese que se dese�ou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en redondela desde 1944 at� 1952. A construci�n do estadio f�xose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemnte empregando padiolas e carros de cabalos.[7] Ao estar situado nunha marisma, existen testemu�as de anegamento do campo cando se produc�an mareas vivas.[8]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial nas competici�ns

[editar | editar a fonte]
Tempada Categor�a Posto
1954/55 1� Aut. 6�
1955/56 Preferente 7�
1956/57 Preferente 1�
1957/58 Preferente 2�
1958/59 Preferente 4�
1959/60 Preferente 2�
1960/61 3� 8�
1961/62 3� 15�
1962/63 Preferente 1�
1963/64 3� 9�
1964/65 3� 7�
1965/66 3� 16�
1966/67 Preferente 4�
1967/68 Preferente 1�
1968/69 Preferente 5�
1969/70 Preferente 5�
1970/71 Preferente 6�
1971/72 Preferente 14�
1972/73 Preferente 16�
1973/74 Preferente 20�
1974/75 1� Aut 8�
1975/76 1� Aut 3�
1976/77 1� Aut 3�
1977/78 1� Aut 1�
Tempada Categor�a Posto
1978/79 Preferente 5�
1979/80 Preferente 5�
1980/81 3� 17�
1981/82 Preferente 12�
1982/83 Preferente 17�
1983/84 Preferente 12�
1984/85 Preferente 13�
1985/86 Preferente 9�
1986/87 Preferente 6�
1987/88 Preferente 13�
1988/89 Preferente 18�
1989/90 1� Aut 2�
1990/91 1� Aut 11�
1991/92 2� Aut 2�
1992/93 1� Aut 13�
1993/94 1� Aut 16�
1994/95 2� Aut 3�
1995/96 2� Aut 1�
1996/97 1� Aut 3�
1997/98 1� Aut 3�
1998/99 1� Aut 2�
1999/00 Preferente 18�
2000/01 1� Aut 8�
2001/02 1� Aut 12�
Tempada Categor�a Posto
2002/03 1� Aut 1�
2003/04 Preferente 10�
2004/05 Preferente 4�
2005/06 Preferente 6�
2006/07 Preferente 8�
2007/08 Preferente 4�
2008/09 Preferente 8�
2009/10 Preferente 3�
2010/11 Preferente 9�
2011/12 Preferente 3�
2012/13 Preferente 2�
2013/14 3� 6�
2014/15 3� 4�
2015/16 3� 4�
2016/17 3� 10�
2017/18 3� 8�
2018/19 3� 7�
2019/20 3� 5�
2020/21 3� 4�
2021/22 3� RFEF 13�
2022/23 3� RFEF 16�
2023/24 Preferente 3�
2024/25 Preferente

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro 2015/16

[editar | editar a fonte]
  • Actualizado a 19 de outubro de 2015.
Pablo Cou�ago xogou no CD Choco na tempada 2013/2014. Posteriormente fichou polo Honka FC fin�s.
N� Posto Pa�s Xogador
POR Galicia David Cortegoso
POR Galicia Aar�n Puentes
POR Galicia Adri�n
DEF Galicia Puyi
DEF Galicia Lucas Fern�ndez
DEF Galicia Sa�l
DEF Lucas Carminati
DEF Galicia Suso
DEF Galicia Valiente
DEF Galicia Saul
MED Galicia Pablo Pi�eiro Capit�n
MED Galicia Alexandre Curr�s "Curri"
MED Galicia Xox�
MED Galicia Fernando
MED Galicia Oscar Com�s
N� Posto Pa�s Xogador
MED Galicia Berto
MED Galicia Gonza
MED Galicia Ronald
MED Galicia Ricardo Baz
MED Galicia Brian
MED Galicia Miguel Fern�ndez
MED Galicia Pablo P�rez
DIA Galicia Aitor G�mez
DIA Galicia Fern�n Ferreiroa
DIA Galicia Diego Silva
DIA Su�za Javi Prieto
DIA Galicia Albert Perez
DIA Galicia Rober
DIA Galicia F�lix Rial

Xogadores de �xito

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  • Galicia Al�n (1988/89)
  • Galicia L�pez (1989/90)
  • Galicia Luis Poceiro (1989/90)
  • Galicia Luis Poceiro (1990/91)
  • Galicia Reigosa (1990/91)
  • Galicia Reigosa (1991/92)
  • Galicia David Otero (1991/92)
  • Galicia Roberto (1992/93)
  • Galicia Luis Vi�as (1992/93)
  • Galicia Landa (1992/93)
  • Galicia Landa (1993/94)
  • Galicia Jose Luis (1993/94)
  • Galicia Domingos Abal (1994/95)
  • Galicia David Otero (1995/97)
  • Galicia Catal�n (1997/98)
  • Galicia Generoso Mui�os (1997/99)
  • Galicia Domingos Abal (1999/00)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Outros torneos

[editar | editar a fonte]
  • Campión "Banco de Bilbao" de Ponteareas: 3 (I, III e V edicións).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Antorcha de Prata concedida polo xornal Hoja del Lunes de Vigo recoñecendo o seu labor no desenvolvemento e enaltecemento do deporte.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Compostimes. (ed.). "CD Choco, creciendo desde la base.". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  2. La Voz de Galicia (ed.). "Un Choco para a historia.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  3. López, Roberto. Badajoz Deportes, ed. "¿Por qué el CD Choco se llama así?". Consultado o 25 de maio de 2016. 
  4. Castrillón, Carlos. Faro de Vigo, ed. "El Badajoz, primer rival del Choco en su camino hacia Segunda B.". Consultado o 24 de maio de 2016. 
  5. La Voz de Galicia (ed.). "Redondela invertirá dos millones en el complejo deportivo.". 
  6. Pinacho, Antonio. Faro de Vigo, ed. "Redondela inicia la remodelación de las instalaciones deportivas de Santa Mariña.". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  7. Migueles, J. Anecdotario redondelán., ed. "Futbol: Equipos". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  8. Franco, Fernando. Faro de Vigo, ed. "Tenéis una cita con Kerouac.". Consultado o 21 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]