Saltar ao contido

Galicia altomedieval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Galicia

Este artigo � parte da
Categor�a:Historia de Galicia

Prehistoria
Megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanizaci�n
Cultura galaico-romana
Cristianizaci�n
Antig�idade tard�a
Monarqu�a sueva
Chegada dos bret�ns
Monarqu�a visigoda
Idade Media
Per�odo altomedieval
Era Compostel�
Per�odo feudal
Idade Moderna
Antigo R�xime
Ilustraci�n en Galicia
Idade Contemp�ranea
A Restauraci�n borb�nica
Segunda Rep�blica
Guerra civil espa�ola
Ditadura franquista
Per�odo auton�mico
V�xase tam�n
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronolox�a do Reino de Galicia
Cronolox�a de Galicia

A �poca altomedieval est�ndese desde a ca�da do Imperio Romano de Occidente at� o ano 1000. Para comprender mellor este per�odo consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presi�n dos movementos migratorios xermanos. A comezos do s�culo V, tres destes pobos repart�ronse a Pen�nsula Ib�rica a trav�s de foedus e a Gallaecia pasou as� en 411 a mans de suevos e v�ndalos asdingos (que posteriormente a abandonar�an).

Orixe. Imperio Romano

[editar | editar a fonte]

S�culos IV e comezos do V d.C

[editar | editar a fonte]
Extensi�n da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do s�culo IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

A finais do s�culo V e comezos do s�culo VI, a provincia de romana de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estend�ase por todo o Noroeste da Pen�nsula Ib�rica, desde as costas cant�bricas no norte, ata o r�o Douro e o Sistema Central polo sur. Compo��ase administrativamente de catro conventos (conventus) xur�dicos con cadans�a capital, as� o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus Cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este �ltimo o que foi integrado m�is tardiamente na Gallaecia (s�culo IV), pois antes pertencera � Provincia Tarraconensis. Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga e Clunia) era a cidade de Bracara (Braga) a que exerc�a de capital provincial de toda a Gallaecia

As�, polas descrici�ns de numerosos autores da �poca como Paulo Orosio, Hidacio ou Santo Isidoro co��cense algunhas das rexi�ns humanas e xeogr�ficas que posu�a a provincia romana de Galicia (Gallaecia):

  • Cantabria, rexi�n monta�osa sita no Conventus Cluniensis onde viv�an os cantabros.
  • Campus Gallaeciae (Campos de Galicia), extensa chaira sita entre o Conventus Asturicensis e o Conventus cluniensis, antigamente habitada polos vacceos, co�ecida actualmente co nome de Tierra de Campos, na actual Castela e Le�n.
  • Asturia, rexi�n habitada polos astures coincidente grosso modo co Conventus Asturicensis.
  • Pars Gallaeciae (Partes de Galicia), foi a rexi�n netamente galega composta polo Conventus Lucensis e o Conventus Bracarensis, sendo o n�cleo da Gallaecia e co que se designou ao conxunto da provincia.

Establecemento. A monarqu�a sueva

[editar | editar a fonte]
Mapa pol�tico do Suroeste europeo arredor entre os anos 550-600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios, a Galicia (Gallaecia), gobernada polos reis suevos, e a Espa�a (Hispania) e Septimania gobernada polos reis visigodos.

Goberno inicial. S�culo V

[editar | editar a fonte]

Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de Le�n, para evitaren as� enfrontamentos coa mili�cia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocracia guerreira e prefer�anse asentar no medio rural e non nas cidades ou vilas. Coa tomada de Lugo, os xerm�nicos adquiriron o controlo definitivo da provincia. A cultura material non diferir� moito da galaico-romana. Os suevos, dado o seu escaso n�mero, concentr�ronse no territorio que arrodea Braga.

Entre 429 e 456 emprenderon expedici�ns de saqueo f�ra; coa derrota no r�o �rbigo, pasaron � �rea de influencia dos visigodos (chegados � Pen�nsula co obxectivo pactado con Roma de contelos), � que se incorporan definitivamente no 585. Convert�ronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, a�nda que non moito despois tornar�an ao arianismo ao entraren na �rbita visig�tica, para volveren por fin � ortodoxia coa conversi�n do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Marti�o de Dumio.

Expansi�n e formaci�n. S�culo VI.

[editar | editar a fonte]

A mediados do s�culo VI, as fontes hist�rico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento pol�tico-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura pol�tica e eclesi�stica toma forma e propicia o establecemento de n�cleos administrativos tales como sedes eclesi�sticas, ao que se lles adxudican un n�mero de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia � o compromiso real na tarefa de organizaci�n plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa. Entre toda a documentaci�n do per�odo suevo, sobresae sen d�bida a co�ecida como Divisio Theodemiri (co�ecido comunmente como Parroquial suevo), redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensi�n territorial do goberno suevo as� como a estrutura administrativa interna do reino. Segundo esta, o reino conta coas seguintes dioceses:

  • Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea, Verugio, Bibalos, Teporos, Geurros, Pincia, Cassauio, Verecanos, Sanabria, Calapacios maiores.
  • Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
  • Diocese de Braga: Bracarensem, Centumcelas, Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis, Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. As� como os pagus: Panonias, Laetera, Brigantia, Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
  • Diocese de Bretonha: Britonorum, Monasterio Maximi,
  • Diocese de Conimbriga: Conembrica, Eminio, Selio, Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum.
  • Diocese de Dume: Dumio.
  • Diocese de Idanha: Egitania, Municipio, Francos.
  • Diocese de Iria: Iria, Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Pestemarcos,
  • Diocese de Lamego: Lamego, Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
  • Diocese de Lugo: Lugo, Carioca, Seuios, Cauarcos,
  • Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo, Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria, Villa Gomedei, Tauvase. Tam�n os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
  • Diocese de Tui: Tudensem, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes, Toruca, Aunone, Sacria, Herbilione, Cauda, Ovinia, Cartase.
  • Diocese de Viseu: Viseu, Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.

Consolidación. Séculos VI-VIII

[editar | editar a fonte]
A descuberta da tumba de Santiago vai converter a Galiza nun eixo da cristiandade medieval. Na imaxe: Santiago, obra de Rembrandt van Rijn.

A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmá de 711. En 813, o bispo Teodomiro anunciou a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago.

Cultura e relixión

[editar | editar a fonte]

Varios autores destacan na época: Paulo Orosio coñeceu a Agostiño de Hipona e a San Xerome. É o autor da Historiarum adversus Paganos Libri VII (Os sete libros da historia contra os pagáns) contra Prisciliano; Hidacio, orixinario da Limia e bispo da Diocese de Aquæ Flaviæ desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469; Martiño de Dumio, orixinario da Panonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parrochiale Suevum (572-582); Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carriedo Tejedo, Manuel (2005). "Pervivencia altomedieval (714-1080) de la “Gallaecia” suevo-visigoda (561-714)". Memoria Ecclesiae (en castelán) (Oviedo: Asociación de Archiveros de la Iglesia en España) (27): 553–590. 
  • Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0. 
  • Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5. 
  • Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6.