Saltar ao contido

Guy Môquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aGuy M�quet

(2003) Editar o valor en Wikidata
Biograf�a
Nacemento(fr) Guy Prosper Eustache M�quet Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata
18.� arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (17 anos)
Ch�teaubriant, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo
execuci�n por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do P�re-Lachaise, 97
Grave of Timbaud (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Educaci�nLyc�e Carnot (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nEstudante de secundaria, activista, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Partido pol�ticoPartido Comunista Franc�s Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaisProsper M�quet Editar o valor en Wikidata  e Juliette M�quet Editar o valor en Wikidata
Premios

Guy M�quet, nado o 26 de abril de 1924 e morto o 22 de outubro de 1941, foi un militante comunista, famoso por se-lo m�is novo dos vinte e sete prisioneiros do campo de Ch�teaubriant fusilados en represalia pola morte de Karl Hotz. Calific�selle a mi�do de membro da Resistencia francesa, mais tal afiliaci�n � disputada entre os historiadores.

A familia M�quet

[editar | editar a fonte]

Guy M�quet era fillo de Prosper M�quet, un sindicalista ferroviario e deputado comunista polo distrito 17 de Par�s. Dado que o Partido Comunista Franc�s fora disolto polo seu apoio ao Pacto Molotov-Ribbentrop, Prosper foi arrestado o 10 de outubro de 1939 e posteriormente expulsado do seu cargo e enviado a un campo de concentraci�n franc�s na Alxeria.

Biograf�a

[editar | editar a fonte]

Guy M�quet era un fervente militante das xuventudes comunistas, co�ecido no seu c�rculo pola s�a afecci�n a escribir poemas e a s�a habilidade en varias disciplinas deportivas.

Os comunistas franceses adoptaran a postura da URSS, que consideraba a guerra un conflito imperialista oposto aos intereses da clase obreira. Numerosos militantes comunistas, entre eles o pai de Guy M�quet, foron apresados por esta negativa baixo a acusaci�n de sabotaxe. Trala derrota francesa, os ocupantes alem�ns mantiveron na cadea aos comunistas presos baixo a III Rep�blica. Este feito afianzou a Guy M�quet na s�a militancia. Se ben ata ent�n se mantivera agochado coa s�a nai e o seu irm�n f�ra de Par�s, decide regresar al� en 1939. Reivindica a liberaci�n do seu pai e, trala instauraci�n do r�xime de Vichy, prosegue unha campa�a de oposici�n ao goberno e distribuci�n de propaganda.

� arrestado con dezaseis anos o 15 de outubro de 1940 na estaci�n de metro parisiense Gare de l'Est por tres polic�as franceses en aplicaci�n do decreto chamado Lei Daladier contra a propaganda comunista. � enviado ao campo de Ch�teaubriant, onde entra en contacto con outros militantes comunistas.

O 20 de outubro de 1941, Karl Hotz, comandante das tropas de ocupaci�n en Nantes, � executado por mozos comunistas. O xeneral von St�lpnagel, comandante das forzas de ocupaci�n en Francia, decide tomar en represalia a cincuenta ref�ns, escollidos polo ministro do interior do goberno de P�tain, Pierre Pucheu, entre os prisioneiros pol�ticos do momento. O m�is novo deles era Guy M�quet, que sufrir�a un esvaecemento na execuci�n que tivo lugar dous d�as despois. Ante a tentativa de protecci�n por parte dos seus compa�eiros presos, el afirmou que era tan comunista como os demais, rexeitando a posible axuda.

Correspondencia

[editar | editar a fonte]

Durante todo o seu per�odo de detenci�n en Ch�teaubriand, Guy M�quet mandou unha considerable cantidade de correspondencia � s�a familia pr�xima. O seu escrito m�is famoso � o poema que adicou aos seus pais e irm�ns na v�spera da s�a execuci�n e que comeza as�:

"Ma petite maman ch�rie,

mon tout petit fr�re ador�,

mon petit papa aim�,

Je vais mourir!"

Traduci�n:

"�Mi�a naici�a querida,

irmanci�o meu adorado,

papa��o meu amado

Vou morrer!"

Tam�n son co�ecidas as li�as dirixidas a unha moza do campo de mulleres lindeiro que din:

"Ma petite Odette,

Je vais mourir avec mes 26 camarades, nous sommes courageux. Ce que je regrette est de n'avoir pas eu ce que tu m'as promis"

Traduci�n:

"Mi�a pequena Odette,

Vou morrer cos meus 26 camaradas, somos valentes. Do que me laio � que non terei o que me prometeras"

Conmemoraci�ns

[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 1944, primeiro cabodano dos fusilamentos trala liberaci�n de Francia, O Partido Comunista Franc�s|PCF organiza a primeira cerimonia de conmemoraci�n, � que asisten varias forzas da Resistencia. As cerimonias repet�ronse anualmente a partir de ent�n, mais dende 1947, a causa da guerra fr�a, rompeuse a unidade en dous bandos, o "oficial" e o comunista, que pasaron a render tributos separados. Volver�anse a unir en 1981.

En Par�s, o acto principal do 22 de outubro consiste nunha reuni�n ante a casa da familia M�quet na r�a Baron de Par�s.

Unha r�a do distrito 17 e unha estaci�n de metro foron bautizadas na s�a honra en 1946. F�ra de Par�s hai varios edificios e r�as co nome de Guy M�quet, entre eles un instituto en Ch�teaubriant e un estadio en Drancy.

O nome de Guy M�quet foi evocado por Nicolas Sarkozy na campa�a que o levar�a � presidencia de Francia. Marie-George Buffet, candidata apoiada polos comunistas, protestou contra o que consideraba unha utilizaci�n indebida da s�a memoria. Mesmo na s�a investidura volveu a nomea-lo provocando a l�xica controversia.

A s�a historia, en cine

[editar | editar a fonte]

A s�a morte rec�llese na curtametraxe La Lettre, sendo M�quet interpretado polo actor franc�s Jean-Baptiste Maunier.