Saltar ao contido

Historia da China

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia da China

Mapa de 1892.
Historia de China
Cronolox�a Cronolox�a da China
Categor�a Historia da China
Prehistoria
Prehistoria da China
Idade Antiga
Historia antiga da China
-III milenio
-2205: Dinast�a Xia
-II milenio
-1570: Dinast�a Shang
-1046: Dinast�a Chou
-I milenio
-722: Primaveras e Outonos
-453: Reinos Combatentes
-221: Dinast�a Qin
-206: Dinast�a Han
S�culo I
9: Dinast�a Xin
25: Dinast�a Han
S�culo III
220: Tres Reinos
265: Dinast�a Jin
S�culo IV
304: Dezaseis Reinos
Idade Media
Historia medieval da China
S�culo V
420: Dinast�as do Norte e do Sur
S�culo VI
581: Dinast�a Sui
S�culo VII
618: Dinast�a Tang
690 - 705: Wu Zetian
S�culo X
907: As Cinco Dinast�as e os Dez Reinos
960: Dinast�a Song
S�culo XI
960: Dinast�a Xixia
S�culo XII
1115: Segunda dinast�a Jin
S�culo XIII
1234: Dinast�a Yuan
S�culo XIV
1368: Dinast�a Ming
Idade Moderna
Historia moderna da China
S�culo XVII
1644: Dinast�a Qing
Idade Contempor�nea
Historia contempor�nea da China
S�culo XX
1912: Rep�blica Popular da China
Relacionados
Artigos Os tres Augustos e os cinco Emperadores

A historia da China abrangue a historia da China e a dos seus estados predecesores. Tr�tase dunha das civilizaci�ns m�is antigas do mundo con continuidade at� a actualidade, ten as s�as orixes na conca do r�o Amarelo, onde xurdiron as primeiras dinast�as Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antig�idade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradici�n historiogr�fica moi precisa, que ofrece unha narraci�n continua dende as primeiras dinast�as at� a idade contempor�nea.

China � unha das civilizaci�ns antigas m�is vellas de todo o mundo que durou dende antes de que Cristo nacese at� os nosos tempos. O zod�aco chin�s ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o drag�n e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

A enorme extensi�n de territorio ocupado polo estado actual da Rep�blica Popular da China fai que a historia de todo este territorio sexa a dun gran n�mero de pobos. O f�o condutor da historia chinesa c�ntrase no grupo �tnico han, que est�n intimamente asociados � evoluci�n da lingua chinesa e o seu sistema de escritura, baseado nos caracteres. Nesta continuidade cultural e ling��stica establ�cese unha li�a expositiva da historia da civilizaci�n china, que, dende os textos m�is antigos do I milenio a. C., como os cl�sicos confucianos, e polas grandes historias din�sticas promovidas polos emperadores, se segue utilizando. Os descubrimentos arqueol�xicos do s�culo XX, moi en especial os dos �sos oraculares, que recollen as primeiras manifestaci�ns escritas en chin�s, contribu�ron nas �ltimas d�cadas a un co�ecemento m�is detallado das orixes da civilizaci�n china.

A narraci�n tradicional chinesa da historia bas�ase no chamado ciclo din�stico, mediante o cal os acontecementos hist�ricos expl�canse como o resultado de sucesivas dinast�as de reis e emperadores que pasan por etapas alternas de auxe e declive. Os emperadores po��anlle aos anos o seu apelido, o 1700 foi na China o ano 38 da era Kangxi, mentres que o 1750 era o ano 15 da era Qianlong. Incluso hoxe en d�a, en Taiw�n ao ano 2007 denom�nase en certos contextos como o 96 da Rep�blica. Este uso das dinast�as e os seus emperadores para a propia dataci�n dos anos fixo imprescindible o dominio da cronolox�a din�stica para penetrar no estudo da historia da China.

Mapa pol�tico animado da historia chinesa por Dinast�as.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Prehistoria da China.
Cultura de Longshan.

O territorio que actualmente ocupa a Rep�blica Popular da China estivo poboado dende hai miles de anos. Encontr�ronse restos de hom�nidos que constit�en os antepasados m�is remotos do ser humano[C�mpre referencia]. As� o demostran os restos pescudados pertencentes ao home de Renzidong; o home de Yuanmou; o home de Nihewan; o home de Lantian; o home de Nanjing ou o home de Pek�n. Posteriormente xurdir�an outras culturas, coma o home de Dali; o home de Maba; o home de Fujian ou o home de Dingcun.

O Homo sapiens aparece hai uns 40.000 anos. Hai uns 10.000 anos com�zase a cultivar arroz no r�o Yangzi e pouco despois millo na provincia de Henan. No VIII milenio a. C. as culturas da zona do val do r�o Amarelo fix�ronse sedentarias. Un milenio despois comezar�a a domesticaci�n de animais.

Entre o VII e VI milenio a. C. xorden as primeiras civilizaci�ns neol�ticas, Peilikan e Cishan, precursoras da cultura de Yangshao, que se fusionar�a coas de Dawenkou e Hongshan para dar lugar � cultura de Longshan, comezo da unidade territorial e pol�tica de Chaira do Norte da China.

Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores

[editar | editar a fonte]
Extensi�n da dinast�a Xia.

Son os gobernantes mitol�xicos da China anteriores �s primeiras dinast�as hist�ricas. Existen discrepancias sobre as s�as identidades. Os tres augustos puideron ser Fuxi, N�wa e Shennong e os cinco emperadores o Emperador Amarelo, Zhuanxu, Diku, Tangyao e Yushun.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Dinast�a Xia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Xia.

Segundo as Memorias hist�ricas de Sima Qian, a primeira dinast�a chinesa foi a dinast�a Xia, que se prolongar�a dende arredor do ano 2100 a. C. at� arredor do 1600 a. C., e ter�a ocupado o curso medio do R�o Amarelo. Os nomes dos reis da dinast�a son nomeados por Sima Qian cos anos de reinado de cada un. Debe terse en conta, en todo caso, que Sima Qian escribiu a s�a obra m�is de quince s�culos despois da existencia da dinast�a, polo que os seus datos, baseados nas tradici�ns que chegaron a esa �poca, deben tomarse con cautela. Nin sequera hai probas conclu�ntes de que existise a dinast�a Xia.

Encontr�ronse restos de sociedades avanzadas e estratificadas datados da �poca da Dinast�a Shang no val do r�o Amarelo.

Dinast�a Shang

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Shang.

O rexistro máis antigo do pasado da China data da Dinastía Shang, posibelmente no século XIII a.C., na forma de inscricións en ósos ou caparazóns de animais. Esta dinastía tivo a súa capital na cidade de Yin Xu, hoxe Patrimonio Mundial da UNESCO.

Os historiadores chineses de períodos posteriores habituaranse á noción de que unha dinastía sucedía a outra, mais sábese que a situación política na China primitiva era moito máis complexa. Algúns académicos suxiren que os xias e os shangs talvez fosen entidades políticas que coexistiran, da mesma maneira que os zhous foran contemporáneos dos shangs.

Dinastía Zhou

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Zhou.

No final do II milenio a. C., a Dinastía Zhou, inicialmente de carácter semi-feudal, emerxeu no val do río Amarelo e terminou por invadir os shangs. Os zhous eran un pobo que vivía ao oeste dos shangs e o seu xefe fora nomeado por estes últimos como "protector occidental". O xefe dos zhous, Rei Wu, co apoio do seu rexente e tío, o Duque de Zhou, derrotaron os shangs na batalla de Muye. Naquel período, o rei zhou invocou ao "Mandato dos Céus" para lexitimar o seu goberno, unha idea que influenciaría a case que todas as dinastías seguintes. Os zhous, de inicio, instalaran a súa capital ao oeste nunha rexión próxima á moderna Xian, preto do río Amarelo, mais posteriormente expandiríanse polo val do río Yangtzé. Esta sería a primeira das varias migracións de poboación do norte para o sur na historia da China.

Período das Primaveras e dos Outonos

[editar | editar a fonte]

No século VIII a.C., o poder político tornouse descentralizado, durante o chamado Período das Primaveras e dos Outonos, cuxo nome provén dos Anais das Primaveras e dos Outonos. Naquel período, xefes militares locais empregados polos zhous comezaron a disputar a hexemonía. A situación agravouse coa invasión doutros pobos a partir do nordeste, como os qins (ou chins), o que forzou os zhous a mover a súa capital ao leste, para Luoyang. Isto marca a segunda grande fase da Dinastía Zhou: os zhous orientais. En cada unha das centenas de Estados que xurdiran, potentados locais detiñan á maior parte do poder político e a súa servidume aos reis zhous era apenas nominal.

Os Reinos Combatentes.

Período dos reinos combatentes

[editar | editar a fonte]

Tras un proceso de consolidación política, restaban, ao final do século V a.C., sete Estados prominentes. A fase durante a cal estas poucas entidades políticas combateran unhas contra as outras é coñecida como o Período dos Reinos Combatentes. A figura dun rei zhou continuou a existir até 256 a.C., mais apenas como xefe nominal, sen poderes concretos. A fase final deste período comezou durante o reinado de Ying Zheng, rei de Qin. Despois de acadar a unificación dos outros seis Estados e anexionar outros territorios aos actuais Zhejiang, Fujian, Cantón e Guangxi en 214 a.C., proclamouse o primeiro emperador (Qin Shi Huangdi).

Dinastía Qin: o inicio da China imperial

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Qin.

Os historiadores acostuman denominar como a China Imperial o período entre o inicio da Dinastía Qin (século III a.C.) e a fin da Dinastía Qing (no comezo do século XX).

O rei dos Qin funda unha nova dinastía e toma para si o novo nome de 皇帝 (huángdì), de connotacións relixiosas, que traducimos ao galego por "emperador". A partir deste momento histórico, todos os monarcas chineses posteriores utilizarán este título, abandonando a denominación de "reis" (王 wáng). O novo emperador fíxose chamar 始皇帝 Shǐ Huángdì ("primeiro emperador"), véndose a si mesmo como o primeiro da que esperaba fose unha longa dinastía de emperadores. Hoxe en día os chineses chámano máis frecuentemente Qin Shi Huang ("Primeiro Emperador Qin"). Con el xorde, por primeira vez na historia, un estado chinés forte, centralizado e unificado.

A Dinastía Qin é famosa por ter iniciado a Gran Muralla Chinesa, que foi posteriormente ampliada e perfeccionada durante a Dinastía Ming. Inclúense entre as demais contribucións dos qin a unificación do dereito, da linguaxe escrita e da moeda da China. Até mesmo algo tan prosaico como o cumprimento dos eixes das carrozas ten que ser uniformado de modo que permita un sistema comercial viábel que abarcase todo o imperio.

Dinastía Han: unha fase próspera

[editar | editar a fonte]

A Dinastía Han emerxeu en 202 a.C., como a primeira a adoptar a filosofía do confucianismo, que se tornou a base ideolóxica de todos os réximes chineses até a fin da China Imperial. Durante esta fase dinástica, a China logrou grandes avances nas artes e nas ciencias. O Emperador Wu consolidou e ampliou o imperio ao expulsar aos xiongnus (que algúns identifican cos hunos) para as estepas do que é hoxe a Mongolia Interior, tomándolles o territorio correspondente ás actuais provincias de Gansu, Ningxia e Qinghai. Isto permitiu abrir as primeiras ligazóns comerciais entre a China e o Occidente: a Ruta da Seda.

Entre tanto, as adquisicións de terras polas elites gradualmente causarían unha crise tributaria. En 9 d.C., o usurpador Wang Mang fundou a breve Dinastía Xin ("nova") e deu inicio a un amplo programa de reformas agraria e económica. As familias propietarias de terras xamais apoiaron as reformas, que favorecían os labregos e a pequena nobreza, e a inestabilidade causada pola súa oposición levou ao caos e á rebelión.

O Emperador Guangwu reinstituíu a Dinastía Han, situada agora en Luoyang, próximo a Xian, co apoio das familias propietarias e mercantís. Algúns denominaron este período Dinastía Han Oriental. O poder dos hans declinou a adquisición de terras, invasión e liortas entre clans. A Rebelión do Turbante Amarelo, protagonizado polos labregos, estalou en 184 e resultou nunha era de xefes guerreiros. No caos causado, tres Estados buscaron a preeminencia durante o chamado Período dos Tres Reinos.

Dinastía Jin

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Jin.

A reunificaci�n da China produciuse baixo a dinast�a Jin, que pode dividirse en dous etapas: os Jin Occidentais (265 - 316), que conseguiron unificar China, e os Jin Orientais (317 - 420), que continuaron gobernando o sur da China.

No ano 263, as tropas de Wei conquistaban o estado de Shu, co que os tres reinos se converteron en dous. En 265, Sima Yan, da prestixiosa familia Sima, descendentes de Sima Qian, derrocou o emperador Wei, acabando co poder da familia Cao, e instaurou a dinast�a Jin. No ano 280, os Jin conquistaron o reino de Wu, co que conseguiron reunificar baixo a nova dinast�a o antigo imperio Han.

Esta unificaci�n non durar�a moito tempo. A corte Jin en Luoyang v�ase ameazada polos pobos n�mades do norte que formara varios estados e gozaban dunha longa tradici�n militar. Estes estados do norte acabar�an conquistando as capitais; Luoyang no amo 311, e Chang'an en 316. As�, o estado Jin desapareceu do norte da China, que pasou a estar dividido en dezaseis reinos. A conquista do norte por parte dos pobos n�mades ou semin�mades provocou un importante �xodo da poboaci�n cara � sur. A corte Jin reconstru�use na cidade sure�a de Jiankang, preto da actual Nanjing, onde seguir�a gobernando at� o ano 420.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Dinast�a Sui: a reunificaci�n

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Sui.

A Dinast�a Sui logrou reunificar o pa�s en 581, tras case que catro s�culos de fragmentaci�n pol�tica na cal o norte e o sur se desenvolveran independentemente. Do mesmo modo que os soberanos qin unificaron a China tras o Per�odo dos Reinos Combatentes, os suis uniron o pa�s e crearon diversas instituci�ns que terminar�an por ser adoptadas polos seus sucesores, os tangs.

Dinast�a Tang: a volta da prosperidade

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Tang.
Cabalo t�pico do ex�rcito Tang

O 18 de xu�o de 618, Gaozu tomou o poder e estabeleceu a Dinast�a Tang. Iniciouse ent�n unha era de prosperidade e innovaci�ns nas artes e na tecnolox�a. O budismo, que se fora instalando gradualmente na China a partir do s�culo I, tornouse a relixi�n predominante e foi adoptada pola familia imperial e polo pobo.

Os tangs, da mesma forma que os han, mantiveron abertas as rutas comerciais cara ao Occidente e o cara ao sur.

A partir de aproximadamente o ano 860, a Dinast�a Tang comezou a declinar, debido a unha serie de rebeli�ns internas e de revoltas de Estados clientes. Un xefe guerreiro, Huang Chao, capturou Cant�n en 879 e executou a maior�a dos seus 200.000 habitantes. O Emperador Xizong fuxiu para Chengdu e Huang estabeleceu un goberno que lanzou o pa�s a un novo per�odo de caos pol�tico.

As cinco dinast�as e os dez reinos

[editar | editar a fonte]

� uni�n entre a Dinast�a Tang e a Dinast�a Sung, caracterizada pola fragmentaci�n pol�tica, d�selle o nome de Per�odo das Cinco Dinast�as e dos Dez Reinos. Coa duraci�n de pouco m�is de medio s�culo, entre 907 e 960, esta fase hist�rica viu a China tornarse nunha pluralidade de estados. Cinco r�ximes suced�ronse rapidamente no control do tradicional coraz�n territorial do pa�s, no norte, en canto que dez r�ximes m�is est�beis ocupaban porci�ns do sur e do oeste da China.

Divisi�n pol�tica: os liaos, os sungs, os xias occidentais, os jins

[editar | editar a fonte]
Mapa da Eurasia sobre o ano 1200, anterior �s invasi�ns mongois.

En 960, a Dinast�a Sung (960-1279) logrou controlar a maior parte da China e escolleu a Kaifeng para establecer a s�a capital, dando comezo a un per�odo de prosperidade econ�mica, en canto que a Dinast�a Liao dos khitans gobernaba a Manchuria e a Mongolia. No ano 1115, subiu ao poder a Dinast�a Jin (1115-1234), dos jurchens[1], e, en dez anos, aniquilou a Dinast�a Liao. Tomou a China setentrional e Kaifeng das mans da Dinast�a Sung, forz�ndoa a transferir a s�a capital cara a Hangzhou e a reco�ecer os jins como sucesores. A China encontr�base ent�n dividida entre a Dinast�a Jin, ao norte, a Dinast�a Sung Meridional, ao sur, e os xias occidentais, ao oeste. Os sungs meridionais pasar�an por un per�odo de grande desenvolvemento tecnol�xico, posibelmente debido en parte � presi�n militar que sufr�an na s�a fronteira setentrional.

Os mongois e a Dinast�a Yuan

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Yuan.

O Imperio Jin foi derrotado polos mongois, que deseguida derrotaron os sungs meridionais ao cabo dunha guerra longa e cruenta, a primeira na cal as armas de fogo desempe�aron un papel moi importante. Con isto, a China foi unha vez m�is unificada, mais agora como parte dun amplo Imperio Mongol. Neste per�odo, Marco Polo visitou a corte imperial en Pekin. Os mongois divid�anse ent�n entre os que prefer�an manter a s�a base nas estepas e aqueles que desexaban adoptar os costumes dos chineses han. Un destes era Khublai Khan, neto de Xenxis Kan e fundador da Dinast�a Yuan, a primeira a gobernar toda a China a partir de Pekin.

Dinast�a Ming: a nova hexemon�a dos hans

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Ming.
A China da Dinast�a Ming (ano 1580).

O forte sentimento popular hostil cara ao goberno "estranxeiro" levou �s rebeli�ns campesi�as que terminar�an por expulsar os mongois de volta �s estepas e a institu�r a Dinast�a Ming en 1368.

Durante o goberno mongol, a poboaci�n fora reducida ao 40 por cento, dun total estimado de 60 mill�ns de persoas. Dous s�culos despois, a poboaci�n duplicou en tama�o, o que deu lugar a unha maior urbanizaci�n e � maior complexidade da divisi�n do traballo. Xurdiron pequenas industrias, dedicadas � produci�n de papel, seda, algod�n e porcelana, en especial en grandes centros urbanos como Pekin e Nanquim. Prevalec�an, por�n, as pequenas cidades con mercados que comerciaban principalmente comida mais tam�n alg�ns �tems manufacturados, coma alfinetes e aceite.

A pesar da xenofobia e da introspecci�n intelectual caracter�stica do neoconfucionismo, unha escola cada vez m�is popular, a China do inicio da Dinast�a Ming non se illou. O comercio exterior e outros contactos co mundo externo, en especial co Xap�n, creceron bastante. Mercadores chineses exploraran todo o oc�ano �ndico e incluso chegaron � �frica Oriental coas viaxes de Zheng He.

Zhu Yuanzhang (ou Hongwu), fundador da Dinast�a Ming, lanzou as bases dun Estado menos interesado no comercio que en extraer recursos do sector agr�cola. Talvez debido ao pasado labrego do emperador, o sistema econ�mico ming enfatizaba na agricultura, ao contrario do que fixeran as Dinast�as Sung e Mongol, cuxas finanzas se baseaban no comercio. As grandes propiedades rurais foron confiscadas polo goberno, divididas e arrendadas e prohibiuse a escravitude privada.

A dinast�a posu�a un goberno central forte e complexo que unificou o imperio. O papel do emperador pasou a ser m�is autocr�tico, e Zhu Yuanzhang precisou botar man dos chamados "Grandes Secretarios" para auxilialo a lidar coa enorme burocracia, a cal m�is tarde causar�a o declive da dinast�a, por impedir que o goberno se adaptase �s mudanzas sociais.

O Emperador Yongle procurou ampliar a influencia da China al�n das s�as fronteiras, ao esixir que outros gobernantes lle enviasen embaixadores para pagar tributo. Constru�use unha grande mari�a, inclusive nav�os de catro mastros con deslocamento de 1.500 t. Creouse un ex�rcito regular dun mill�n de homes. As forzas chinesas conquistaron parte do que � hoxe o Vietnam, en canto que a frota imperial navegaba polos mares da China e o oc�ano �ndico, chegando at� a costa oriental da �frica. Os chineses estenderon a s�a influencia at� o Turkmenist�n. Diversas naci�ns asi�ticas pagaron tributo ao emperador. Internamente, o Grande Canal foi ampliado, co impacto positivo sobre o comercio. Produc�ronse m�is de 100.000 t de ferro por ano. Imprim�ronse libros co uso da tipograf�a. O pazo imperial da Cidade Prohibida atinxiu ent�n o seu actual esplendor. En fin, o per�odo ming parece ter sido un dos m�is pr�speros para a China.

O per�odo ming foi testemu�a da �ltima ampliaci�n da Gran Muralla Chinesa.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Dinast�a Qing

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinast�a Qing.

A Dinast�a Qing (1644-1911) foi fundada tras a derrota dos mings, a �ltima dinast�a han chinesa, das mans dos manch�s. Estes, anteriormente co�ecidos como jurchens, invadiron a China a partir do norte a finais do s�culo XVII. A pesar de que os manch�s foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma li�a das dinast�as nativas anteriores.

Os manch�s obrigaron os hans a adoptar o seu estilo de peiteado e de vestimenta, ameazados baixo pena de morte.

O Emperador Kangxi ordenou a creaci�n do m�is completo dicionario de caracteres chineses at� ent�n. Durante o reinado do Emperador Qianlong, recompilouse un cat�logo das obras m�is importantes sobre cultura chinesa.

A mediados do s�culo XVIII , os manch�s consolidaron o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliaron ademais a s�a esfera de influencia para inclu�r a Xinjiang, ao T�bet e a Mongolia.

O s�culo XIX testemu�ou un debilitamento do goberno qing, en medio de grandes conflitos sociais, estancamento econ�mico e influencia de occidentais. O interese brit�nico en continuar o comercio de opio levou a numerosos conflitos con occidente, o que levou � Primeira Guerra do Opio, en 1840. O Reino Unido e outras potencias occidentais, inclusive os Estados Unidos, ocuparon "concesi�ns" � forza e ga�aron privilexios comerciais. Hong Kong foi cedida aos brit�nicos en 1842 polo Tratado de Nanquim. Tam�n ocorreran naquel s�culo a Rebeli�n Taiping (1851-1864). En moitos aspectos, as rebeli�ns e os tratados que os qings se viran forzados a asinar coas potencias imperialistas son sintom�ticos da incapacidade do goberno chin�s de rexer adecuadamente os desaf�os aos que se enfrontaba a China no s�culo XIX.

Idade Contempor�nea

[editar | editar a fonte]

O declive da monarqu�a

[editar | editar a fonte]

As d�as Guerras do Opio e o tr�fico daquela droga foron custosos para a Dinast�a Qing e o pobo chin�s. O tesouro imperial quebrou d�as veces, por conta do pagamento de indemnizaci�ns debidas �s guerras. A China sufriu d�as fames extremas vinte anos despois de cada unha das Guerras do Opio nos anos 1860 e 1880, cando a Dinast�a Qing se mostrou incapaz de asistir a poboaci�n. Tales eventos tiveran un profundo impacto ao desafiar a hexemon�a da que os chineses gozaban en Asia hai s�culos e mergullaron o pa�s no caos. Unha gran revolta, a Rebeli�n Taiping, ter�a causado entre vinte e cincuenta mill�ns de mortos.

Os l�deres qing sospeitaban da modernidade e dos avances sociais e tecnol�xicos, que viron como ameazas ao seu control absoluto sobre a China. Por exemplo, a p�lvora, que fora frecuentemente empregada polos ex�rcitos das Dinastías Sung e Ming, fora prohibida polos qings ao asumiren o control do país. Por este e outros motivos, a dinastía non se encontraba preparada para combater as invasións occidentais. As potencias occidentais interviñeron militarmente para reprimir o caos doméstico, como no caso da Rebelión Taiping.

Nos anos 1860, a Dinastía Qing logrou sufocar revoltas, cun enorme custo e perda de vidas. Isto minou a credibilidade do réxime qing e contribuíu á proliferación de señores da guerra locais. O Emperador Guangxu procurou lidar coa necesidade de modernizar o país por medio do Movemento de Auto-Fortalecemento. Entre tanto, a partir de 1898, a Emperatriz rexente Cixi mantivo a Guangxu preso baixo o argumento de "deficiencia mental", tras un golpe militar ordenado por ela e co apoio da parte conservadora, contraria ás reformas. Guangxu faleceu un día antes cá emperatriz rexente (segundo algúns, por ela envelenado). Os "novos exércitos" qings (adestrados e equipados conforme o modelo occidental) foron fragorosamente derrotados na Guerra Sino-Francesa (1883-1885) e na Guerra Sino-Xaponesa (1894-1895).

No inicio do século XX, o Levante dos Boxers, un movemento conservador anti-imperialista que pretendía facer regresar o país a un estilo de vida tradicional, ameazou ao norte da China. A emperatriz rexente, probabelmente co feito de garantir o seu control sobre o goberno, apoiou os bóxers cando estes avanzaron sobre Pekin. Como reacción, a chamada Alianza dos Oito Estados invadiu a China. Composta por tropas británicas, xaponesas, rusas, italianas, alemás, francesas, norteamericanas e austrohúngaras, a alianza derrotou os boxers e esixiu máis concesións do goberno qing.

Século XX

[editar | editar a fonte]

República da China

[editar | editar a fonte]
Sun Yat-sen, primeiro Presidente da República da China.

O 10 de outubro de 1911 produciuse o Levantamento de Wuchang, rebelión contra a dinastía Qing na actual cidade de Wuhan, que provocou a Revolución de Xinhai, que acabou co derrocamento definitivo do último emperador Qing, Puyi, no ano 1912.

O líder revolucionario chinés Sun Yat-sen, ao ter noticia do levantamento de Wuchang, volveu á China dende os Estados Unidos. Aínda que Sun chegou a ser nomeado Presidente da República da China, o país atopábase dividido, dominado por dirixentes locais, e chegou a un acordo co destacado militar Yuan Shikai, que controlaba os restos do exército Qing no norte, para que este fose presidente.

A ambición de Yuan Shikai, que chegou a autoproclamarse emperador en 1915, fixo crecer a oposición a este. China atopábase aínda dividida, e Sun Yat-sen volveu do exilio para instalarse en Cantón, dende onde dirixiu o Kuomintang, o partido político que el fundara. En Cantón, Sun Yat-sen fundou a Academia Militar de Whampoa, na que se formou o exército que, baixo o mando de Chiang Kai-shek, sucesor de Sun Yat-sen á fronte do Kuomintang, conseguiu conquistar gran parte da China e establecer en Nanjing a capital da República da China, cumprindo a ambición de Sun Yat-sen.

Chiang Kai-shek converteuse en presidente da República e, dende os comezos, tivo que se enfrontar a dous problemas. Por unha banda, o Partido Comunista Chinés, a pesar de varios períodos de colaboración co Kuomintang, loitou por establecer un réxime comunista. Por outro lado, o imperialismo xaponés meteu presión a China. En 1931 Xapón conquistou Manchuria, e estableceu alí o estado monicreque de Manchukuo. En 1937 o exército xaponés iniciou unha invasión á China.

Durante a invasión xaponesa, o goberno de Chiang Kai-shek abandonou a capital Nanjing, ocupada polo Xapón, e repregouse cara ao interior, establecéndose na cidade de Chongqing.

Tralo final da segunda guerra mundial, en 1945, o Xapón abandonou as súas conquistas en Asia, e a China recuperou Manchuria e Taiwán.

Cando parecía que o goberno de Chiang Kai-shek podería xa acadar a consolidación da estabilidade da república, reanudouse o enfrontamento cos comunistas. Este rematou por converterse nunha guerra civil total a partir de 1947.

En contra das previsións, os comunistas lograron vencer o exército da República. O goberno de Kuomintang, xunto a parte do exército e moitos dos seus simpatizantes, foron a Taiwán, dende onde confiaba en poder reconquistar o continente. Esta situación, porén, acabou manténdose e a República da China continúa existindo na actualidade na illa de Taiwán.

Artigo principal: Historia de Taiwán.

Coa proclamación da República Popular da China (RPC) o 1 de outubro de 1949, o país viuse novamente dividido entre a RPC, no continente, e a República da China (RC), en Taiwán e outras illas. Cada unha das partes establécese como o único goberno lexítimo da China e denuncia o outro como ilexítimo. Dende os anos 1990, a RC ten procurado obter maior recoñecemento internacional, en canto que a RPC se opón vehementemente a calquera apoio internacional e insiste na "Política dunha China".

  1. Non confundir esta Dinastía Jin, dos jurchens, coas outras tres homónimas que gobernaron a China en diferentes períodos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cheng, Linsun (2009). Berkshire Encyclopedia of China. Great Barrington, Mass.: Berkshire Pub. Group. ISBN 9781933782683. 
  • Dardess, John W. (2010). Governing China, 150-1850. Hackett Publishing. ISBN 1-60384-311-6. 
  • Ebrey, Patricia Buckley (2010). The Cambridge Illustrated History of China. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521196208. 
  • Fairbank, John King e Goldman, Merle. China: A New History. Segunda ed. Harvard U. Press, (2006). 640 pp.
  • Gernet, Jacques, J. R. Foster, e Charles Hartman. A History of Chinese Civilization (1996).
  • Hsu, Cho-yun. China: A New Cultural History (Columbia University Press; 2012) 612 páxinas.
  • Hsü, Immanuel Chung-yueh. The Rise of Modern China, 6th ed. (Oxford University Press, 1999). 1136pp.
  • Huang, Ray. China, a Macro History (1997) 335pp.
  • Keay, John. China: A History (2009), 642pp
  • Mote, Frederick W. Imperial China, 900–1800 Harvard University Press, 1999, 136 páxinas. Información sobre as dinastías Song, Yuan, Ming, e Qing.
  • Perkins, Dorothy. Encyclopedia of China: The Essential Reference to China, Its History and Culture. 1999. 662 pp.
  • Roberts, J. A. G. A Concise History of China. Harvard U. Press, 1999. 341 pp.
  • Schoppa, R. Keith. The Columbia Guide to Modern Chinese History. Columbia U. Press, 2000. 356 pp.
  • Spence, Jonathan D. The Search for Modern China (1999), 876pp.
  • Wang, Ke-wen, ed. Modern China: An Encyclopedia of History, Culture, and Nationalism. Garland, 1998. 442 pp.
  • Wright, David Curtis. History of China (2001) 257pp.
  • Wills, Jr., John E. Mountain of Fame: Portraits in Chinese History (1994).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]