Saltar ao contido

Illa de Toralla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toralla

Editar o valor en Wikidata
ParroquiaCoruxo
ConcelloVigo
Coordenadas42°12′02″N 8°48′00″O / 42.200555555556, -8.8
Poboación148 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 148 habitantes (79 homes e 69 mulleres).

Na illa hai un castro da Idade de Ferro, con evidencias de comercio mediterráneo, e unha necrópole romana.

Pertenceu ao bispado de Tui e coa desamortización pasou a ser propiedade de Francisco Javier Martínez Enríquez, Marqués de Valladares.[2] A cadea de propietarios desde entón foiː María Dolores Elduayen Martínez (por herdanza), Enrique Lameiro Sarachaga (por venda rexistrada no catastro o 4 de xullo de 1895), Martín Echegaray Olañeta (por venda en outubro de 1910), herdada e vendida a José Manuel Kowalski Fernández e Mercedes Peyrona Díez de Güemes (1965), tamén en 1965 constituíuse a compañía mercantil Toralla S.A. cunha concesión sobre a illa até o ano 2064.[2]

A urbanización incontrolada da illa desde a década de 1960 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.[Cómpre referencia] Está urbanizada e comunicada coa costa viguesa por unha ponte de uso público mais parte da súa costa é inaccesíbel por estar privatizada.[2]

En 2010 abriuse o museo da Vila romana de Toralla, á beira da praia do Vao. Na illa está a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), da Universidade de Vigo [3].

Na illa desenvólvese parte da trama do libro Ollos de auga, do autor Domingo Villar.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Del Bosque Zapata, Henrique. "Illa de Toralla: burla e desposuimento". Nós Diario. Consultado o 2021-04-13. 
  3. "ECIMAT". Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Universidade de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  4. Patrulla acrobática no Festival Aéreo Internacional de Vigo 2007, dende a praia de Samil, detrás a Illa de Toralla.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 430–431. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra)

Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A G�ndara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Mol�ns | Mu��os | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O R�o | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarr�o | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Vi��