Saltar ao contido

Urheimat dos indoeuropeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As hipóteses da Urheimat protoindoeuropea son unha serie de conxecturas que tentan explicar as orixes da lingua protoindoeuropea. A identidade dos indoeuropeos foi un un argumento recorrente dos estudos de indoeuropeística a partir do século XIX. Se ben son moitas as hipóteses propostas, ningunha ten reunido un acordo suficientemente amplo dentro da comunidade dos investigadores.

Algunhas das hipóteses sobre a localización da Urheimat.

O problema da localización da "Patria ancestral"

[editar | editar a fonte]

Un filón amplamente percorrido pola indoeuropeística desde as súas orixes foi o da individuación da patria orixinaria dos indoeuropeos (Urheimat, como a miúdo lle chaman recorrendo á expresión alemá), ou sexa, na ciencia lingüística, cal foi o lugar onde se falaba o indoeuropeo reconstruído.

No século XIX os estudosos da época aprenderon que "todos" os pobos de Europa e unha parte dos de Asia foran nun tempo un "único pobo", os indoeuropeos, e comezaron a se preguntaren: "onde vivira este pobo"? Xa que isto equivalía a preguntárense de onde viñeran todos, cales eran as súas raíces, cal era a súa "Patria Orixinaria" (Urheimat). Nesta óptica o problema da individuación da sede orixinaria é tamén a cuestión da europeización de Europa e, polo tanto, o problema da historia da súa civilización[1].

Propuxéronse moitas localizacións para unha Urheimat indoeuropea; sobre isto o estudoso J. P. Mallory escribiu: “Non nos deberiamos preguntar ‘onde é a patria dos indoeuropeos?' no canto de ‘onde a puxeron agora?' ”Mallory (1989:143)[2]

A Urheimat indoeuropea (círculo vermello) e a expansión das poboacións indoeuropeas segundo Kossinna.
A rexión de orixe (Urheimat) dos indoeuropeos (violeta) e a súa expansión segundo a teoría kurgánica.
As distintas hipóteses
Lista coas numerosas localizacións propostas en orde cronolóxica e coa indicación das figuras que as sostiñan:

Hipóteses sobre a Urheimat protoindoeuropea

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, e estando o nacemento mesmo da indoeuropeística en gran parte conectado co "descubrimento" do sánscrito por parte dos europeos, os primeiros estudosos propuxeron unha colocación asiática da patria ancestral. A primeira teoría proposta foi, xa que logo, a de que a India fose a Patria orixinaria e o s�nscrito a lingua orixinaria .

A finais do s�culo XIX e principios do s�culo XX, tras dos estudos feitos por Karl Penka e Gustaf Kossinna, chegouse a crer que a chamada raza aria provi�a da Europa setentrional, en particular da Alema�a setentrional e da Escandinavia meridional, precisamente da �rea xeogr�fica que era tam�n o lugar de orixe dos xermanos, ou polo menos que neses pa�ses a orixe �tnica aria orixinal se ter�a conservado no tempo[8]. Esta idea estaba difundida tanto na cultura intelectual como na popular a principios do s�culo XX e apropiouse dela o nazismo. A "teor�a xerm�nica" sobre as orixes arias non era a �nica que circulaba durante ese s�culo, de feito moitos eruditos brit�nicos, americanos e alem�ns teorizaron que os indoeuropeos provi�an do nordeste: de Rusia e de Ucra�na inclu�ndo as monta�as do C�ucaso.

A hip�tese da invasi�n aria, formulada claramente por Gordon Childe (The Aryans,1926) � famosa entre estas teor�as de difusi�n. Ve ao ario como un cabaleiro n�made que se estendeu desde as estepas eurasi�ticas tanto ao sur como ao oeste. Nesta teor�a a cultura kurg�n ser�a a respons�bel da difusi�n da propia lingua, relixi�n e cultura. Esta teor�a foi reformulada despois pola arque�loga Marija Gimbutas e a�nda � hoxe a teor�a m�is acreditada.

V�xase tam�n: Hip�tese kurg�n.

Outra teor�a m�is recente prop�n unha orixe anat�lica dos pobos arios. Esta teor�a prop�xoa Colin Renfrew e Luigi Luca Cavalli-Sforza de xeito independente. Afirma que as linguas indoeuropeas se desenvolveron a partir da actual Turqu�a cara a Europa. Nun segundo tempo a expansi�n ter�a proseguido a partir das estepas eurasi�ticas (culturas Yamna e Andronovo) cara a Ir�n e a India.

V�xase tam�n: hip�tese anat�lica.

Indoeuropeos como invasores do norte

[editar | editar a fonte]
As "ondas Kurgan" e a propagaci�n nos Balc�ns e en Europa central.

As bases cient�ficas a favor da difusi�n desde o norte dos indoeuropeos: indicios entre ling��stica e paleontolox�a

[editar | editar a fonte]

A idea de que os indoeuropeos prove�en do norte, malia nacer sobre bases te�ricas non sempre cient�ficas, logo atopou apoio en amplos estudos de car�cter ling��stico e no que o léxico reconstruído semella indicar sobre a fauna e a flora das rexións onde poderían ter vivido as tribos que falaban a protolingua.

O léxico reconstruído semella ter palabras comúns facilmente individualizábeis para plantas como a faia ou o carballo, para animais como o cervo, o salmón, o lobo, mentres que animais como o león non teñen unha marca léxica clara e unívoca. Cruzando as áreas das especies que se identifican cos animais cuxos nomes son comúns no protoléxico, pensouse que se había poder extraer con suficiente exactitude a situación da Urheimat.

En xeral, as indicacións da paleontoloxía lingüística semellan excluír a Europa mediterránea. A área antiga das especies consideradas, e doutras, semella estar comprendida entre o Elba, o Danubio e o Volga e o Ural[1]. A partir destas grandes indicacións, os diversos estudosos collen por camiños diferentes: así, por exemplo, Giacomo Devoto coloca a patria orixinaria nunha área comprendida entre a Alemaña e a Polonia actuais; segundo a hipótese de Bosch-Gimpera a Urheimat estaba a metade de traxecto entre a chaira alemá occidental e a chaira sarmática occidental; Wolfgang Schmid coloca a Urheimat decididamente no Báltico, entre Pomerania e Lituania; e está finalmente a hipótese de Marija Gimbutas[9] (reproposta por J. P. Mallory) da colocación da Urheimat na estepa uralo-póntica.

Velaquí algúns exemplos do estudo de nomes ligados á flora e á fauna:

  • cervo: o termo indoeuropeo correspondente é *ker-wo-s, da raíz *ker *kr, cabeza, relacionada entre outros grego κέρας kéras, "corno" (toda Europa).
  • alce: a raíz indoeuropea correspondente é *ark-, variante alk- (ser forte, protexer), relacionada entre outras co grego ἀλκή alkē, "valor, vigor" (na antigüidade, Europa, agás zonas mediterráneas).
  • lobo: o termo indoeuropeo para este animal é *wlkwós, que nas linguas indoeuropeas mediterráneas está testemuñado na variante *lukwos, con metátese entre *l e *w.
  • can: o termo indoeuropeo *kwōn (xen. *kunós) define o primeiro animal domesticado polo home; as reconstrucións dos estudosos que conectan o indoeuropeo á máis vasta superfamilia nostrática, semellan indicar que a palabra e´común a máis familias lingüísticas, indoeuropeas e non indoeuropeas; a reconstrución nostrática e eurasiática da palabra can é unha das máis dignas de confianza (o nostrático é unha hipotética protolingua do mesolítico tardío, época na que ten lugar a domesticación do can)- non é relevante canto á súa área de distribución.
  • salmón: a palabra indoeuropea é *laks, que nas linguas indoeuropeas mediterráneas (como o latín: salmo) foi substituída por unha palabra derivada dunha raíz *sal- que significa, "saltar, subir, remontar" (área de dispersión: ríos que desembocan no Báltico, pero tamén Danubio e Volga);
  • faia: a palabra indoeuropea é *bhāghos, que podería tanto referirse a fagus silvatica (Europa occidental), como a fagus orientalis (Cáucaso e Urais).
  • león: para o león quíxose reconstruír unha raíz *singho-s, a partir do sánscrito simha (león) e do albanés inj (leopardo). Dado que se atopa en áreas tan remotas a unha da outra, a raíz debe ser por forza orixinaria (Walde-Pokorny-Devoto). Porén é de notar que esta, en dúas linguas distintas, se refire a dous animais diferentes, que non teñen máis en común que o feito de seren grandes felinos salvaxes. Débes e considerar o feito de que, respecto ao conxunto dos outros lemas referidos a animais, que son bastante unívocos (en cada caso, a distinción entre dous tipos de faia salta menos á vista cá que hai entre un leopardo e un león), este lema é particularmente inseguro na súa interpretación. A idea que resulta é que *singho- indicaría máis que nada un gran felino. Aparecen, pois, dúas posibilidades: ou o albanés ou o sánscrito testemuñan o significado orixinario. Pero, se o significado orixinario é "león", terían razón os que propugnan a hipótese que quere a Urheimat na India. Porén, este dato estaría en forte contradición cos outros, en particular con *bhāghos, a faia. Se no canto diso partimos do presuposto de que o étimo orixinario se conservou no albanés, as cousas cambian radicalmente. O leopardo, na idade antiga, estaba difundido na Europa oriental, preto do Cáucaso, e en Anatolia. Agora, se aceptamos que *singho- significa "leopardo", as posibilidades da Urheimat restrínxense: ou Cáucaso-área anatólica (Renfrew, Gamkrelidze, Ivanov), ou interesamento primitivo da área nor-póntica (Gimbutas). Dado que cada elemento debe ser considerado no contexto de todos os outros elementos dispoñíbeis, o conxunto dos datos relativos ás áreas de dispersión das especies identifican unha zona restrinxida ao leste do Mar de Azov, pouco ao norte do Cáucaso, como o lugar no cal os indoeuropeos podían ter atopado todos os animais e as plantas notábeis das que fala o protoléxico.
Probábeis indicios dunha Urheimat nórdica
[editar | editar a fonte]

Ao carón das indicacións da paleontoloxía lingüística, outros elementos a favor dunha Urheimat nórdica (como mínimo sarmática) dos indoeuropeos, semellan vir de elementos da tradición das culturas antigas de lingua indoeuropea, en particular dalgúns mitos cosmogónicos testemuñados nos Veda da antiga India. Os estudosos de antropoloxía saben ben que algúns tipos de mito cosmogónico arcaico están ligados aos cultos astrais. Atendendo a esta interpretación dos arquetipos mitolóxicos, parecera que nalgúns himnos védicos se ocultasen efectivamente (segundo unha linguaxe figurada e en base á concepción do mundo típica do home arcaico) descricións de configuracións astrais observábeis só en áreas do hemisferio boreal non moi afastadas do círculo polar ártico, nunha época moi anterior á fixación per escrito dos mesmos Vedas.

Considerando as circunstancias xeoetnolingüísticas nas que se produciron os himnos védicos, é moi improbábel que tales descricións mitolóxicas de configuracións astrais teñan podido chegar desde fóra: trataríase, xa que logo, de memorias ancestrais, conservadas desde as orixes polos sacerdotes astrónomos das poboacións indoeuropeas que despois migraron á India: memorias mitolóxicas e elementais coñecementos astronómicos que os indoiranios terían levado canda eles desde unha remota Urheimat setentrional.[5]

Outras "patrias indoeuropeas"

[editar | editar a fonte]

Dentro do máis xeral "problema indoeuropeo" desenvólvese tamén a cuestión da individualización dos Asentamentos orixinarios dos maiores agrupamentos indoeuropeos históricos (á súa vez Centros secundarios de indoeuropeización). Entre os diversos ámbitos de investigación os que suscitaron unha máis vasta discusión están[10] os seguintes:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Francisco Villar Liébana, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid, Gredos, 1991.
  2. Mallory, J. P. 1989. en Search of the Indo-Europeans. London: Thames and Hudson.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Giacomo Devoto, Origini indeuropee, Florencia, Sansoni, 1962.
  4. R. G. Latham foi ademais o primeiro en formular o Principio do Centro de gravidade lingüístico segundo o cal o máis probábel punto de orixe dunha grande familia lingüística é a área na que esta presenta o meirande grado de diversidade.
  5. 5,0 5,1 Bal Gangadhar Tilak, The arctic home in the Vedas, 1903.
  6. J. P. Mallory, in Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth ("á busca dos indoeuropeos: lingua, arqueoloxía e mito"), Thames & Hudson, 1989. Citado en Enrico Campanile, Bernard Comrie e Calvert Watkins, Introduzione alla lingua e alla cultura dei indoeuropei, Boloña, il Mulino, 2005.
  7. Mallory, J. P., R. Blench and M. Spriggs, eds. (1997). The Homelands of the Indo-Europeans ("A patria dos indoeuropeos"). Archaeology and Language I: 93–121.
  8. Karl Penka, Gustaf Kossinna
  9. Marija Gimbutas. Proto-Indo-European culture: the Kurgan culture during the fifth to the third millenia B.C. in George Cardona, Henry M. Hoenigswald, Alfred Senn Indo-European and Indo-Europeans: Papers Presented at the Third Indo-European Conference at the University of Pennsylvania, Philadelphia University of Pennsylvania Press, 1970, pax. 155–198.
  10. No esquema, aínda bastante tradicional, proposto, en última instancia, por Frederik Kortlandt; pero hai outros moitos e con aproximacións máis innovadoras, como o proposto por James Patrick Mallory.
  11. A civilización de Terramare desaparece de xeito súpeto sobre o século -XII para ser suplantada pola cultura protovillanoviana (derivada dos campos de urnas centroeuropeos). A ligazón entre os itálicos e as terramare non está recoñecido universalmente, algúns estudosos tentaron asociar os latino-faliscos ás terramare e os oscoumbros ao protovillanoviano, mentres que outros prefiren asociar tanto os oscoumbros como os latino-faliscos ao foco protovillanoviano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]