Saltar ao contido

Festa dos maios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A xesta como elemento protector das portas.

A festa dos maios, tam�n co�ecida simplemente como os maios,[1] � unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebraci�n primaveral ad�itase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o d�a 3. Ti�a antigamente connotaci�ns rituais tot�micasdivindade primaveral ou das �rbores, que se foron perdendo co paso do tempo.

A celebraci�n das festas de maio � com�n en moitos pa�ses de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

Beltane.

As orixes da festa rem�ntanse �s antigas civilizaci�ns prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do ver�n pastoral cando os raba�os de gando eran levados cara aos pastos de ver�n e as terras de pasto das monta�as. De a� a adoraci�n dos fen�menos terreais: terra, mar e aire. Unha das principais actividades da festividade consist�a en acender fachos nas monta�as e outeiros con rituais e significados pol�ticos[2]. A tradici�n estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses. Os romanos tam�n asimilaron esta tradici�n mayumea en honra da chegada da primavera e das primeiras flores do ano, o d�a que corresponde co actual primeiro de maio. E todo poboado romano ti�a ademais dos deuses oficiais os propios aut�ctonos. En Hispania ador�base a deusa Bona Dea [3], que non era outra que a deusa da fertilidade Maia ou Fauna na mitolox�a romana, coa que se celebraba a chegada da primavera nunhas festas que recib�an o nome de Floralia. Seguramente esta tradici�n sufriu variaci�ns coa chegada da civilizaci�n �rabe aos campos de Castela, como a manifestaci�n en cantos ou rondas � persoa amada. Finalmente, o cristianismo asimilou multitude de festas pag�s profesadas con anterioridade � s�a implantaci�n en festas relixiosas, sendo este un claro exemplo: a maior�a destas pasaron a ser festas en honra � Virxe Mar�a.

Celebraci�ns en Galicia

[editar | editar a fonte]
A Festa dos maios � a festa da primaveira, ben sexa da s�a chegada, ben do seu trunfo. Si�ifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agr�cola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza (Vicente Risco)
Festa dos Maios en Ourense (2009).

En Galicia v�n celebr�ndose habitualmente o 1� de maio, se ben en Ourense fano o d�a 3, d�a da Santa Cruz [4], que na tradici�n cristi� representa a �rbore da que nos ve�en a vida, a sa�de e a resurrecci�n, segundo di o introito � celebraci�n da misa nese d�a.

A festa consiste en realizar diversas representaci�ns ao redor dunha �rbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tam�n reciben a denominaci�n de maios), �s veces dialogadas, mentres cami�an arredor da escultura, acompa�ados da percusi�n de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de casta�as maiolas (casta�as secas), noces ou abel�s, substitu�do hoxe por di�eiro.

� costume facer competici�ns, premiando as mellores esculturas e as mellores cantigas. Esta celebraci�n ten sona en lugares coma Vilagarc�a de Arousa[5], Ourense ou Redondela[6].

Tipolox�as

[editar | editar a fonte]

As figuras que protagonizaban a festa, os maios, permiten clasificalos en:

  • Maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo m�is tradicional- ou de calquera outra forma (maios art�sticos). Dentro deste grupo incluir�ase a �rbore de maio.
  • Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de p�las, follas, flores etc.

Maios figurados

[editar | editar a fonte]
Festa dos maios de Pontevedra.

Os maios figurados consisten nunha armaz�n ou esqueleto de paus ou t�boas de forma c�nica ou piramidal, recuberto de tea met�lica ou arpillera, que se cobre de mofo, fi�ncho ou herba. A armaz�n constr�ese sobre unha plataforma que, a modo de padiola, permit�a transporta-lo maio polas r�as do lugar.

Sobre esta estrutura deb�xanse distintos motivos con flores, follas, fi�ncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais m�is habituais. O cumio rem�tase (cor�ase) cunha cruz. Hoxe, a imaxinaci�n popular tam�n constr�e maios coas figuras m�is variadas: pontes, h�rreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas etc. En localidades costeiras, como Mar�n, fanse tam�n con forma de barco.

Cando o maio era esa figura transportable que se dixo antes, Risco lembraba que nalg�ns lugares, coma Ourense, a festa remataba queimando ou afogando o maio.

Na zona de Laza ou de Entrimo plant�base unha �rbore, por veces varias [7]. Os mozos cortaban unha �rbore, a m�is grande que pod�an, e plant�bana no medio da praza principal, adorn�ndoa despois con faroli�os. O elemento utilizado daba o nome � festa: Festa da �rbore de Maio [8].

Probablemente estea relacionado con estas festas da �rbore o costume de colocar p�las de xesta (tam�n chamada, por esta raz�n, maios) nas portas da casa e da corte, nas vent�s, carros, leiras e barcas, e actualmente nos coches, na tarde-noite do �ltimo d�a de abril, para que o mes de maio protexa a casa, a xente que vive nela e as s�as propiedades. Outros etn�grafos relacionan isto co ritual de alumea-las leiras na noite do 30 ou 29 de abril, coa fin de protexer os campos e comezar maio libres de calquera mal.

A xesta nun autom�bil.

Maios humanos

[editar | editar a fonte]

Os maios humanos pod�an ser individuais: un mozo ou moza, �s veces disfrazados, adornados con flores, follas ou p�las e cunha coroa de flores. Cando se trataba dunha nena, a maia, �a vestida de branco, con �s e coroas de flores. Noutros lugares eran grupos de xente vestidos do mesmo xeito, e que cantaban e danzaban arredor do maio. Este tipo de maios moi habituais hai un cento de anos foron esmorecendo pouco a pouco at� chegar case � desaparici�n. Cunqueiro lembrou nun dos seus artigos os de Mondo�edo. Son co�ecidos os maios humanos de Portomar�n ou os de Viveiro. Tam�n en Vilafranca do Bierzo, localidade berciana de cultura galega (os maios c�ntanse no galego oriental propio da zona) � un dos poucos lugares onde se mante�en vivos esta tipoloxía de maios.[9]

Había dous tipos de cantigas para cantar ó redor dos maios. Son raras (só sobreviven en Portomarín e Lourenzá) as composicións tradicionais, que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis habituais son os textos que se escribían para cada ano, recollendo feitos actuais e, cada vez máis, críticas políticas, como esta que lle dedicaron ó gobernador civil de Pontevedra en 1923:

Nin é alto, nin é baixo,
nin é malo, nin é bo,
parece un reló parado
dentro da Deputación.

Estas coplas imprímense en follas soltas que se venden ós asistentes. O Museo de Pontevedra e a biblioteca Ben-Cho-Shey (na deputación de Ourense) conservan amplas coleccións das que se cantaron ó longo do século XX. Nalgunhas delas poden comprobarse os efectos da censura que riscaban ou modificaban os textos que a autoridade do momento consideraba inapropiados.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maio.
  2. Danaher, K.: The Year in Ireland: Irish Calendar Customs. Dublin: Mercier, 1972. Pax. 86-127. ISBN 1-85635-093-2 (en inglés).
  3. Designación achegada por Risco, segundo Manuel Quintáns.
  4. Ou da invención da Santa Cruz.
  5. "Os maios en Vilagarcía de Arousa" Arquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine., en www.ivilagarcia.com.
  6. "Os maios máis concorridos da década en Redondela". lavozdegalicia.es. Consultado o 5 de maio de 2019. 
  7. En Entrimo, o costume era coller un piñeiro; en Laza utilizaban calquera árbore.
  8. Esta forma de celebrar a festa pode estar relacionada coa Festa do Ramo que celebran nalgúns puntos da Coruña. Neste caso, as participantes -normalmente mozas novas- portaban un longo pau do que penduran arcos de madeira imitando a forma dunha árbore. Neses arcos había diversas lambetadas e froitas que se repartían entre os asistentes.
  9. A festa do maio paso a paso

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • González Pérez, Clodio (1989): A festa dos maios, Ir Indo Edicións, Vigo. ISBN 84-7680-014-2.
  • González Pérez, Clodio (1989): A festa dos maios en Galicia, Premio de Investigación, 1987, Deputación P. de Pontevedra. ISBN 84-86845-17-3.
  • Quintáns Suárez, Manuel: Anuario de tradicións galegas, Tambre Editorial, Oleiros 1994.
  • González Pérez, Clodio e Rodríguez Cruz, J. (2014). A festa dos maios de Marín. Pontevedra, Deputación de Pontevedra.ISBN 978-84-8457-414-9

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]