Lidia Litviak
Lidia Vladimirovna Litviak (en ruso: Лидия (Лилия) Владимировна Литвяк), tamén coñecida como Lilia Litviak, nada en Moscova o 18 de agosto de 1921 e finada o 1 de agosto de 1943, foi unha piloto de caza da Forza Aérea Soviética durante a segunda guerra mundial. As súas accións na Batalla de Stalingrado valéronlle o seu alcume: o Lirio Branco de Stalingrado.
Con doce vitorias en solitario e entre dúas a catro compartidas, foi unha das únicas dúas ases de combate femininas da historia militar mundial, xunto á súa camarada Katia Budanova.[1][2] Litviak ostenta na actualidade o récord de derrubamentos en combate real por unha única muller. Desapareceu en acción durante a batalla de Kursk. Polos seus méritos en combate foi recoñecida postumamente como Heroína da Unión Soviética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Nada en Moscova, gustáballe a aviación dende pequena. Aos 14 anos uniuse a un aeroclub popular soviético e aos 15 pilotou un avión por primeira vez. Obtivo a licenza de piloto deportiva aos 16 anos e a finais dos anos 30 recibiu a licenza de instrutora de voo.[3]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Ao comezar a invasión nazi da Unión Soviética en xuño de 1941, quixo unirse como voluntaria a unha unidade de aviación militar, pero foi rexeitada pola súa falta de experiencia. Tras esaxerar o seu historial de preguerra en 100 horas de voo, logrou que a admitisen no 586º Rexemento de Cazas (586 IAP), creado por Marina Raskova e composto unicamente por mulleres. Alí adestrou aos mandos dun caza Iakovlev Iak-1.
Vitoriosa no rexemento dos homes
[editar | editar a fonte]Levou a cabo as súas primeiras misións de combate durante o verán de 1942 sobre Saratov. En setembro asignárona —xunto a Katia Budanova e outras mulleres, tanto pilotos como persoal de terra— ao 437 IAP, un rexemento masculino corrente que loitaba en Stalingrado, onde estaban a sufrir perdas cuantiosas. Alí pilotou un caza Lavochkin La-5 e o 13 de setembro de 1942 logrou derrubar as súas dúas primeiras aeronaves inimigas sobre Stalingrado. A súa primeira caza, conseguida na segunda misión que realizaba, foi un bombardeiro Junkers Ju 88 ou un Heinkel He 111, en cooperación co comandante do rexemento.
Minutos despois alcanzaba a súa primeira vitoria en solitario, facendo caer un caza Messerschmitt Bf 109 G-2 "Gustav". Estaba pilotado polo sarxento Erwin Maier da 2ª Staffel, Jagdgeschwader 53, un ás alemán con once vitorias conseguidas e condecorado tres veces coa Cruz de Ferro. Maier puido saltar en paracaídas e foi capturado polas tropas soviéticas. Pediu que lle permitisen coñecer ao ás ruso que fora capaz de derrubalo. Cando lle presentaron a Lidia, unha rapariga miúda de aspecto infantil que acababa de cumprir 21 anos, Meier cría que os seus captores lle estaban gastando unha broma.[4]
O 27 de setembro comezou a chamar a atención dos seus superiores abatendo outro bombardeiro Junkers Ju 88 en solitario e un Messerschmitt Bf 109 xunto a Raisa Beliaieva. Entón Lidia, á que chamaban Lili ou Lilia (en ruso: Лилия, lirio), fixo pintar un lirio branco no seu avión como distintivo. Así naceu a lenda do Lirio Branco de Stalingrado, a rapaza de 21 anos que facía fuxir a aviación nazi ao distinguiren a flor na fuselaxe. Cara a finais de 1942, Lidia foi trasladada ao 9º rexemento de Cazas de Garda (9 GvIAP), unha unidade de elite.
Cazadora por libre
[editar | editar a fonte]O 11 de febreiro de 1943, pouco despois da vitoria soviética en Stalingrado, Lidia derrubou outros dous avións alemáns: un Junkers Ju 87 (Stuka) en solitario e un Focke-Wulf Fw 190 xunto con Alexei Solomatin.[5] As� acadou os cinco derrubamentos e converteuse nunha das d�as �nicas ases femininas na historia da aviaci�n militar mundial, xunto � s�a compa�eira Katia Budanova. S� doce d�as despois recibiu a Orde da Estrela Vermella, foi ascendida a tenente e seleccionada para participar nun grupo de t�ctica a�rea de elite chamado okhotniki, ou cazadores por libre.[5] A t�ctica consist�a en que dous pilotos altamente cualificados elev�banse para buscar inimigos seguindo o seu propio criterio e iniciativa, en lugar de formar parte dunha operaci�n m�is grande e controlada.
O 23 de marzo resultou ferida en combate. Tivo que realizar unha aterraxe forzada debido aos danos que sufriu a s�a aeronave, pero axi�a se recuperou. Entre marzo e maio abateu sen axuda catro cazas Messerschmitt m�is e outro bombardeiro Junkers Ju 88. Estas proezas tam�n a converteron nunha �s en solitario, o m�ximo rango na aviaci�n.[5]
O 21 de maio o seu compa�eiro Alexei Solomatin, tam�n �s sovi�tico, morreu ante todo o rexemento mentres instru�a un piloto novato nun Po-2. Lidia, moi afectada, escribiulle unha carta a s�a nai cont�ndolle que estaba namorada del.[5] A mec�nica de Lidia, a sarxento maior Inna Pasportnikova, informou en 1990 que a partir dese momento a moza unicamente quer�a voar nas misi�ns de combate e que ent�n xa loitaba con furia e �desesperaci�n�.[6]
O 31 de maio ofreceuse voluntaria para derrubar un obxectivo extremadamente dif�cil e perigoso, un globo de observaci�n de artillar�a tripulado por un oficial alem�n. Con eses globos, o inimigo pod�a asignar obxectivos precisos para a artillar�a desde grandes distancias, e causar as� graves danos. Moitos pilotos xa intentaran destru�lo antes, pero todos foran repelidos polos densos cintos de lume antia�reo que o protex�an. No primeiro intento, Lidia tivo tam�n que dar media volta, pois resultaba imposible superar aquelas barreiras. M�is tarde prop�xolle ao seu comandante un plan diferente: atacar�a dende detr�s, voando nun amplo c�rculo de ducias de quil�metros sobre o territorio controlado polas tropas nazis.[7]
O 13 de xu�o de 1943 foi nomeada comandante do 296� IAP, que logo pasou a chamarse 3� Escuadr�n do 73� Rexemento de Cazas da Garda.[5] O 16 de xullo resultou ferida e tivo que realizar unha aterraxe forzosa. Nesa batalla derrubara un caza Messerschmitt que segundo algunhas fontes levaba pintado un �s de picas, o emblema do JG 53.
O 19 de xullo estaba de volta na contenda e a finais de mes conseguiu destru�r tres avi�ns Messerschmitt m�is. O seu �ltimo derrubamento confirmado produciuse o 31 de xullo.[8]
A �ltima misi�n
[editar | editar a fonte]O d�a seguinte, o 1 de agosto de 1943, o sector sur da batalla de Kursk prosegu�a con toda a intensidade. Lidia sa�u combater catro veces ese d�a e crese que puido conseguir outro derrubamento durante a ma��, a�nda que non se puido confirmar.
Finalmente, durante a cuarta misi�n da xornada, escoltando un voo de avi�ns de ataque Ilyushin Il-2 Sturmovik a trav�s do r�o Mius e a estrada que controlaba a conca industrial do Donbass, varios combatentes Messerschmitt Bf 109 atac�ronos por sorpresa desde o alto. O Iakovlev Iak-1 de Lidia foi alcanzado por disparos de metralla en vertical.[9] Os compa�eiros v�rona caer, baixando cara �s nubes. O piloto sovi�tico Ivan Borisenko descendeu para tratar de atopala, pero non avistou paraca�das, nin explosi�n nin fume. Non regresou xamais. Falt�banlle 17 d�as para cumprir os 22 anos.
Memoria
[editar | editar a fonte]A s�a mec�nica, Inna Pasportnikova, emprendeu unha busca durante 36 anos para atopar os restos do Iakovlev Iak-1 onde Lidia fora vista por �ltima vez. Foi apoiada por familiares da aviadora, e tam�n polo p�blico e os medios de comunicaci�n sovi�ticos. Empregaron un detector de metais para localizar lugares onde un avi�n poder�a ser derrubado durante a guerra. En 1979, despois de descubrir m�is de 90 lugares nos que caeran outros pilotos, souberon que unha aviadora non identificada estaba enterrada nese momento baixo a � da s�a aeronave, preto da cidade de Dmitrievka (Donetsk), cunha ferida mortal na cabeza. Unha an�lise forense determinou que se trataba de Lidia Litviak.[5]
Nos �ltimos tempos, algunhas fontes levantaron d�bidas sobre o seu destino final, sen achegaren ningunha evidencia ao respecto.[10][11][12]
O 6 de maio de 1990, o Presidente da Uni�n Sovi�tica, Mikhail Gorbachev, condecorou a tenente primeira coa Estrela de Ouro de Hero�na da Uni�n Sovi�tica, como �s da aviaci�n desaparecida en combate.[13]
Lidia Litviak d� nome a unha r�a de Moscova, ten un museo e un monumento � s�a memoria na cidade ucra�na de Krasnyi Luch e figura no Libro Guinness dos R�cords como a muller con m�is derrubamentos conseguidos en toda a historia da aviaci�n. Tam�n foi inclu�da como personaxe en varios animes.
Resumo de vitorias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noggle 1994, pp. 157 e 197.
- ↑ Bergström 2007, p. 83.
- ↑ Agranovskii 1979, p. 28.
- ↑ Goodpaster Strebe 2007, p. 27.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Pennington 1997.
- ↑ Noggle 1994, pp. 198a.
- ↑ Noggle 1994, pp. 197 e 198.
- ↑ Pennington 1994, pp. 157,197.
- ↑ Noggle 1994, p. 198.
- ↑ "The Memorial to Soviet Ace Lydia Litvyak". soviet-awards.com (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Lidya (Lily) Vladimirovna Litvyak (1921)". redarmyonline.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ Polunina 2004.
- ↑ Noggle 1994, pp. 158,194.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lidia Litviak |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vinogradova, Lyuba (2016). Las brujas de la noche (en castelán). Pasado y Presente. ISBN 978-84-944272-9-9.
- Agranovskii, Valerii (1979). Белая лилия (Человек среди людей) (en ruso).
- Bergström, Christer (2007). Barbarossa - The Air Battle: July-December 1941 (en inglés). Classic Publications. ISBN 978-1-85780-270-2. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Goodpaster Strebe, Amy (2007). Flying for Her Country: the American and Soviet women military pilots of World War II (en inglés). Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-275-99434-1. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Milanetti, Gian Piero (2013). Soviet Airwomen of the Great Patriotic War - A pictorial history (en inglés). IBN, Istituto Bibliografico Napoleone. ISBN 9788875651466.
- Myles, Bruce (1981). Night Witches: the untold story of Soviet women in combat (en inglés). Mainstream. ISBN 0-906391-22-9. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Noggle, Anne (1994). A Dance with Death: Soviet Airwomen in World War II (en inglés). Texas A&M University. ISBN 089096601X. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Pennington, Reina (1997). Wings, Women, and War: Soviet Airwomen in World War II Combat (en inglés). University Press of Kansas. ISBN 0-7006-1554-7. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Sakaida, Henry (2012). Heroines of the Soviet Union 1941-1945 (en inglés). Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-78096-693-9. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- Polunina, Iekaterina (2004). Девчонки, подружки, летчицы (en ruso). Вестник. Consultado o 18 de agosto de 2021.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Segunda guerra mundial
- Fronte Oriental (segunda guerra mundial)
- Batalla de Stalingrado
- Batalla de Kursk
- Heroe da Unión Soviética
- Katia Budanova
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lídiya Vladimirovna Litviak, artigo de KJ Cottam (en inglés)
- Os mellores pilotos soviéticos da Segunda Guerra Mundial Galería de fotos de pilotos de caza soviéticos. (en inglés)
- Memorial Lydia Litvyak O monumento en memoria de Lidia Litvyak en Krasnyi Luch, Ucraína.(en inglés)