Saltar ao contido

Alfonso Zulueta de Haz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aAlfonso Zulueta de Haz
Biograf�a
Nacemento9 de maio de 1924 Editar o valor en Wikidata
Vigo, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xu�o de 2017 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Vigo, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereir� Editar o valor en Wikidata
Educaci�nUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nnotario Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4603872 BUSC: zulueta-de-haz-alfonso-1924 Dialnet: 3015862

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017[1], foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como notario en Gaucín (Málaga), Marín e Vigo, onde residiu.

Foi un dos fundadores e primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), tamén foi presidente da Editorial SEPT, especializada en obras relixiosas. Zulueta de Haz foi un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata en 1974 e exerceu como o seu vicepresidente ata 1978 ao se unir o seu partido co Partido Popular Galego para dar nacemento ao Partido Galeguista. Zulueta de Haz foi membro do pleno do Consello da Cultura Galega desde 1996 e á morte de Carlos Casares foi elixido o seu presidente o 17 de abril de 2002.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado con María Teresa Fernández Cabaleiro[2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Carlos Casares
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
2002 - 2006
Sucesor:
Ramón Villares