Saltar ao contido

Xosé Lois González Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aXos� Lois Gonz�lez V�zquez
Biograf�a
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Ourense, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nartista de banda dese�ada Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX929804 BUSC: gonzalez-vazquez-xose-lois-1949

Xos� Lois Gonz�lez V�zquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, � un debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A s�a familia era de Osmo (Cenlle) e al� pasou a s�a infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada[1]. Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009,[2] labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia with humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

Recibiu a Medalla Castelao en 2008[3]. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración.

Obra publicada en formato de libro

[editar | editar a fonte]

Humor gráfico

[editar | editar a fonte]
  • Ano e pico de Carrabouxos
  • 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
  • Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
  • Humor gráfico.
  • Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
  • 400 Carrabouxos mais
  • Carrabouxos 90
  • 20 anos de Carrabouxo
  • Veña Carrabouxo!
  • A Sabeliña
  • 318 chistes de Xosé Lois

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. Xosé Lois González, Humorista e enxeñeiro técnico de telecomunicacións: Estiveron un ano insistíndome en que fora candidato á Alcaldía Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 1/6/08
  2. "Adiós a 36 años de 'odisea' profesional". La Región (en castelán). 2009-04-25. Consultado o 2020-04-22. 
  3. Decreto 118/2008, de 12 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao (DOG nº 116, do 17 de xuño de 2008).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]