Saltar ao contido

Augusto Assía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirecci�n desde �Felipe Fern�ndez Armesto�)
Modelo:Biograf�aAugusto Ass�a
Biograf�a
Nacemento1 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Mezquita, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Mes�a, Espa�a Editar o valor en Wikidata
Educaci�nUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Humboldt de Berl�n Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaci�nxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
C�nxuxeMar�a Victoria Fern�ndez-Espa�a Editar o valor en Wikidata
FillosFelipe Fern�ndez-Armesto, Juan Fern�ndez-Armesto Fern�ndez-Espa�a Editar o valor en Wikidata
Irm�nsFerm�n Fern�ndez Armesto
Antonina Fern�ndez Garc�a Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1048471 BUSC: assia-augusto-1904-2002 Dialnet: 978809

Felipe Fern�ndez Armesto, co�ecido tam�n como Augusto Ass�a, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mes�a) o 2 de febreiro de 2002,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Ricarda Garc�a Armesto e Ferm�n Fern�ndez G�mez. Estudou o bacharelato en Ourense e en 1924 ingresou na Facultade de Filosof�a e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo ano viron a luz os seus primeiros artigos en El Pueblo Gallego, no que dirixiu a p�xina universitaria deste xornal.

En 1927 abandonou a cidade compostel�, e marchou a Par�s. No ano seguinte conseguiu unha bolsa de estudos na universidade de Berl�n. Desde al� escribiu en diversos xornais espa�ois, especialmente en La Vanguardia de Barcelona, utilizando desde ent�n a sinatura de Augusto Ass�a. Desde o mes de outubro de 1929 foi redactor fixo do citado diario catal�n. En abril de 1933 foi expulsado de Alema�a polo Goberno nazi e La Vanguardia enviouno a Londres como correspondente.

En agosto de 1936 viaxou � Espa�a nacional, quedando adscrito � secci�n de Prensa do Goberno de Burgos. Estivo na fronte de Asturias e, m�is tarde, foi redactor-xefe do diario ourens�n Arco, as� como xefe da secci�n de Internacional de La Voz de Espa�a.

En 1939 foi enviado de novo a Londres como correspondente, e al� pasou toda a Segunda guerra mundial, enviando unhas cr�nicas que se fixeron famosas, pois sempre confiou na derrota das potencias do Eixe. Tras a vitoria aliada na guerra, cubriu a informaci�n sobre os Xu�zos de N�remberg.

En agosto de 1950 contraeu matrimonio coa periodista Mar�a Victoria Fern�ndez-Espa�a, de quen tivo un fillo, Juan Fern�ndez-Armesto Fern�ndez-Espa�a, avogado e economista que foi o primeiro presidente da Comisi�n Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Ese mesmo ano trasladouse aos Estados Unidos de Am�rica, onde continuou como correspondente de La Vanguardia.

No ano 1964 comprou en Xanceda (Mes�a) unha grande extensi�n de terreo, onde montou unha explotaci�n agr�cola-gandeira.

En xullo de 1967 asinou en La Voz de Galicia un artigo no que reclamaba a equiparaci�n de dereitos para a lingua galega no seu pa�s.[2]

"Non pode ser usado coma un ferro candente para marcar a servidume mentres que o outro -o castellano- coma unha plumaxe co que abonar falsas pretensi�ns e superioridades [...] non s� na igrexa, sen�n na Universidade, nos estratos e nas oficinas p�blicas o que non fai m�is que vinte anos lle ocorr�a aos negros nos Estados Unidos, onde non se lles deixaba entrar m�is que pola escaleira de servizo".

O ministro de Informaci�n y Turismo, Manuel Fraga imp�xolle unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, pola publicaci�n do citado artigo de Fern�ndez Armesto.[C�mpre referencia]

En 1982, como columnista de La Voz de Galicia, acusou ao Bloque Nacional Popular Galego e mais ao Sindicato Labrego Galego-Comisi�ns Labregas de colaboraci�n con grupos terroristas, polo cal foi cursada unha demanda contra o xornalista por parte de ambas as d�as plataformas.[3]

En 1986 deixou de escribir en La Vanguardia, tras 58 anos.

Xelo, o salvaxe. Lar. 1926.

A s�a primeira novela curta foi en galego e titulouse Xelo, o salvaxe (1926), que foi moi ben acollida pola cr�tica.[4]

"Fern�ndez Armesto � un verdadeiro escritor galego"
Rafael Dieste

Pero a maior�a das s�as obras (recompilaci�ns de artigos) escribiunas e publicounas en castel�n, ag�s unha das �ltimas, que se publicou en traduci�n catal�. Entre elas destacan:

  • 1940. Los yanquis. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1943. Los ingleses en su isla. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1944. Vidas inglesas. Barcelona: Ayma.[5]
  • 1946. Cuando yunque, yunque. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1947. Cuando martillo, martillo, Barcelona: Ed. Mercedes
  • 1949. Mi vuelta al mundo. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1995. La traici�n como arte. Barcelona: Ediciones Destino.
  • 2002. Art�culos. A Coru�a: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega.
  • 2002. Salt a la foscor. Barcelona: A contra vent.[6] (en catalán).[7]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
CPI Augusto Assía na Mezquita.

Recibiu diversos premios e condecoracións de relevancia como:

  1. "Falece o xornalista e escritor galego Augusto Assía, aos 97 anos de idade" Arquivado 27/12/2013, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2002.
  2. A persecución do galego durante o franquismo, Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 7 de maio de 1998.
  3. "Querella del BNPG y de Comisiones Labregas contra Augusto Assía" El País, 31/1/1982 (en castelán).
  4. "Finou en Mesía Augusto Assía, un referente na figura do correspondente" en Culturagalega.org, 4/2/2002.
  5. Coas biografías de Winston Churchill, Jan Christian Smuts, Bernard Law Montgomery, David Lloyd George, Lord Woolton, Geroges Bernard Shaw, Herbert George Wells, Chesterton, Lord Louis Mounbatten, "Laurence de Arabia", Lord Baldwin, Sir Horace Avorry, James Ramsay Macdonald, Lord Wavell, Robert Anthony Eden, Sir Harold Alexander, Atlee, Morrison, Bevin, Lord Beaverbrook, e algunhas mais.
  6. Salt a la foscor en Amazon.
  7. Sobre esta recompilación, o editor di: "Compañeiro de Eugeni Xammar, Augusto Assía viviu en Berlín desde o ano 1927 até o 1933, até que foi expulsado. Cun xornalismo áxil e vibrante, escribiu as crónicas desde Berlín que lle publicaron en La Vanguardia con grande éxito. Traducidas por Enric Vila, co seu estilo arrebatado de costume, son un documento excepcional, nunha fermosa prosa, para entender como foi posíbel un fenómeno como o ascenso do nazismo ao poder".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligaz�ns externas

[editar | editar a fonte]