Saltar ao contido

Benigno Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenigno Moure
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
A Arnoia, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 2024 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Arrabaldo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, empresario Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porroubo (2009)
→ (5 Detención) Editar o valor en Wikidata
Premios

Benigno Moure Cortés, nado na Arnoia o 24 de setembro de 1932[1] e finado en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) o 21 de outubro de 2024, foi un sacerdote e empresario do terceiro sector galego, fundador e presidente de honra da Fundación San Rosendo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos eclesiásticos no Seminario de Ourense e no de Salamanca. Foi ordenado sacerdote na diocese de Salamanca o 20 de abril de 1957 e obtivo a licenciatura en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca.[1] Iniciou a súa carreira pastoral como coadxutor na parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia, onde serviu entre 1958 e 1963. Posteriormente, a partir de 1963, exerceu o seu ministerio como sacerdote adscrito á parroquia de Santa Eufemia, na capital ourensá.[1]

Como parte dos seus labores sacerdotais, foi encargado de mocidade de Acción Católica (1962-66) e posteriormente da sección masculina (1966-72). Despois, e durante dúas décadas, foi delegado provincial de Cáritas. Baixo o bispado de monseñor Diéguez, impulsou, dirixiu e foi o primeiro presidente da Fundación San Rosendo, unha rede asistencial privado-concertada, centrada na atención a persoas da terceira idade.[2] A Fundación San Rosendo era na década de 2020 o segundo[3] operador de servizos de xeriatría en Galicia, logo de Domus Vi, con 4000 prazas e case 2000 persoas empregadas.[4] O auxe económico e de poder de Benigno Moure correu en paralelo ao poder político que na provincia de Ourense exercía a familia Baltar, coa que estivo amizado.[3]

En 2008 Benigno Moure foi condenado a cinco anos de cárcere por apropiación indebida continuada. O tribunal determinou que, entre 1998 e 2001, durante a súa presidencia na Fundación San Rosendo, enganou unha muller con alzhéimer ingresada nun dos xeriátricos que xestionaba. Moure apropiouse dos cartos todos da muller (573.673 euros), que ingresou na conta bancaria da Fundación. Ademais, transferiulle á Fundación a titularidade dunhas 60 propiedades pertencentes á muller. Porén, foi absolto dos delitos de estafa e falsificación de documento público e mercantil.

Malia a sentenza xudicial firme, a diocese de Ourense e o Partido Popular de Galicia exerceron presión para evitar que Moure ingresase en prisión, e chegaron a convocar unha manifestación en 2011.[5] Finalmente, o 27 de xullo de 2011, o sacerdote foi encarcerado no centro penitenciario do Pereiro de Aguiar,[6] mais só durante dous meses. Este período de reclusión foi substituído pola colocación dunha pulseira magnética no nocello. Un ano despois, a xunta de prisións retiroulle o terceiro grao e a pulseira, e deixouno en liberdade.

En 2011 José Luis Gavela substituíuno como presidente da Fundación San Rosendo, e pasou a ser presidente de honra. Tras o seu falecemento celebrouse un funeral o 22 de outubro de 2024 na catedral de Ourense, e soterrárono en San Salvador da Arnoia.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 obispadodeourense.com (ed.). "Rvdo. Sr. D. Benigno Moure Cortés" (PDF). Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 fundacionsanrosendo.es, ed. (11 de febreiro de 2022). "Don Benigno Moure, nombrado canónigo honorario de la catedral de Ourense". Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Morre o cura Benigno Moure, presidente da Fundación San Rosendo e condenado por estafa". Nós Diario. 2024-10-21. Consultado o 2024-10-21. 
  4. "Muere Benigno Moure, presidente honorífico de la Fundación San Rosendo, a los 92 años". La Región (en castelán). 2024-10-21. Consultado o 2024-10-21. 
  5. "El PP, con Baltar a la cabeza, arropa al cura condenado por estafar a una anciana". El País (en castelán). 15 de xullo de 2011. Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  6. "El cura Benigno Moure ingresa en prisión". La Voz de Galicia. 2 de agosto de 2011. Consultado o 9 de xullo de 2024.