Saltar ao contido

Georg Galster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorg Galster
–Jørgen Georg Castonier Galster–
Biografía
Nacemento17 de maio de 1889
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1983. (94 anos)
Hellerup, Gerofte.
Dinamarca Dinamarca
Lugar de sepulturaMariebjerg Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeDinamarquesa.
Educación Universidade de Copenhague.
Q89547790Estudos de numismática medieval dinamarquesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía.
Ocupaciónhistoriador, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorColección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Johannes Steenstrup.
Peter Christian Hauberg.
Familia
C�nxuxeEmma Adrienne Johnsen (1922). Editar o valor en Wikidata
FillosGertrud Galster Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1946): Medalla da RNS.
- (1966): Medalla Huntington (ANS).
- (1974): Medalla de ouro (RADCL).

Find a Grave: 220157552 Editar o valor en Wikidata

J�rgen Georg Castonier Galster, nado o 17 de maio de 1889 en Copengague e finado o 8 de setembro de 1983 en Hellerup, municipio de Gentofte, foi un numism�tico e historiador dinamarqu�s, vinculado � Colecci�n Real de Moedas e Medallas de Dinamarca.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Georg Galster era fillo dos comerciantes Harald August Galster (1838-1924) e Elise Marie Bidstrup (1869-1937).[1][2]

En 1906 comezou a s�a educaci�n secundaria na escola Eftersl�gten e a continuaci�n accedeu � Universidade de Copenhague, onde en 1913 se graduou en Historia, Lat�n e Lingua Dinamarquesa. Un dos seus profesores nesa �poca, Johannes Steenstrup, favorec�ralle xa en 1910 o seu ingreso como asistente na Colecci�n Real de Moedas e Medallas, coa intenci�n de que fose adquirindo os co�ecementos numism�ticos necesarios da man do seu director, P. C. Hauberg, para se converter no sucesor deste.[3] De feito, logo da dimisi�n de Hauberg en 1920, Galster asumiu a direcci�n da colecci�n e en 1959 foi nomeado inspector xefe.[1][2]

Logo da s�a xubilaci�n en 1959 continuou coas s�as investigaci�ns numism�ticas durante varios anos e mesmo, ata 1980, tivo unha oficina no Museo Nacional de Dinamarca. Destaca, entre outras, a s�a contribuci�n ao co�ecemento dos chamados "dirhems Kufi", aparecidos en diversos achados en Dinamarca.[2][4]

No relativo � s�a vida familiar, Galster casou con Emma Adrienne Johnsen o 15 de agosto de 1922, con quen tivo un fillo (Gert Harald) e unha filla (Gertrud).[1][2]

Georg Galster finou como consecuencia dun infarto o 8 de setembro de 1983 e foi soterrado no cemiterio de Mariebjerg, en Gentofte.[2][5]

Reco�ecementos

[editar | editar a fonte]

Entre os diversos reco�ecementos acadados por Galster ao longo da s�a carreira c�mpre salientar a s�a elecci�n en 1949 como membro da Real Sociedade Dinamarquesa para a Historia Patria e o doutoramento honoris causa pola Universidade de Lund en 1959. O ano seguinte foi nomeado membro honorario da Asociaci�n Numism�tica Dinamarquesa. Ademais, foi membro das sociedades numism�ticas de diversos pa�ses, como Austria, os Pa�ses Baixos, os Estados Unidos, o Reino Unido e os pa�ses n�rdicos.[1][2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1934). Reynold Junges møntmesterregnskaber 1534-1540 (con R. Junge). Copenhague.
  • (1936). Danske og Norske Medaljer 1533-1788. Copenhague.
  • (1939). Die Münzen Dänemarks (bis etwa 1625). Halle Riechmann.
  • (1953). Mønthistoriske antegnelser til Holbergs comedier. Holbergsamfundet, Copenhague.
  • (1956). Danske middelalderlige regnskaber. Selskabet for Udgivelse af Kilder til Dansk Historie.
  • (1959). Coins and History. Selected Numismatic Essays by Georg Galster. Aarhus.
  • (1972). Unionstidens udmøntninger. Danmark og Norge 1397-1540. Sverige 1363-1521. Dansk numismatisk forening, Copenhague. ISBN 9788799711109

Serie Sylloge of Coins of the British Isles

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Jørgen Georg Castonier Galster". Galster.dk
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Steen Jensen, J. (1989).
  3. Galster, G. (1981). "Erindringer fra Universitetet og Nationalmuseet 1906 til ca. 1930". En Den kongelige Mønt- og Medaillesamling 1781-1981. Nationalmuseet, Copenhague. Páxina 166. ISBN 87-480-0290-9
  4. Kromann, A. (1985). "Kufiske dirhemer fremkommet i Danmark efter 1938". En Hikuin. Páxina 51.
  5. "Jørgen Georg Castonier Galster". Gravsted.dk
  6. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]