Saltar ao contido

John S. Davenport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aJohn S. Davenport
Biograf�a
Nacemento12 de maio 1907
Buffalo, Estados Unidos de Am�rica Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xu�o de 2001 (94 anos).
Mount Dora, Florida.
Estados Unidos de Am�rica Estados Unidos.
Pa�s de nacionalidadeEstadounidense
Educaci�n Universidade Cornell.
Universidade Harvard.
Universidade de Carolina do Norte.
Q89547790Estudos sobre os t�leros alem�ns.
Actividade
Campo de traballoNumism�tica
Ocupaci�nnumism�tico Editar o valor en Wikidata
Premios
� (1955): Medalla ao M�rito (ANA).
� (1967): Farran Zerbe
� (2014): Medalla Huntington (ANS).

John Stewart Davenport, nado en Buffalo o 12 de maio de 1907 e finado en Mount Dora, Florida, o 14 de xu�o de 2001,[1][2] foi un numism�tico e profesor estadounidense, co�ecido polas s�as catalogaci�ns dos t�leros alem�ns e outras moedas de prata de tama�o similar emitidas en todo o mundo.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formaci�n e vida acad�mica

[editar | editar a fonte]

John Stewart Davenport cursou os seus estudos superiores na Universidade Cornell, onde se licenciou en 1928, e o ano seguinte obtivo o grao de mestrado na Universidade Harvard. En 1934 acadou o seu doutoramento na Universidade de Carolina do Norte.[2][4][5]

Logo da s�a graduaci�n, entre 1929 e 1931 exerceu como profesor de Literatura inglesa na Universidade Carnegie Mellon, de Pittsburg, entre 1931 e 1945 na Universidade de Tennesee,[6] e a partir de 1945 no Knox College, en Galesburg, Illinois.[4][5]

En 1972 xubilouse da s�a carreira docente e trasladouse a residir en Coral Gables, Florida.[4]

Carreira numism�tica

[editar | editar a fonte]

Davenport comezou a coleccionar moedas en 1921 e focalizou o seu interese nas emisi�ns de moeda de prata de gran tama�o.[4] Ante a escaseza de literatura sobre este asunto en ingl�s, comezou a publicar catalogaci�ns parciais na d�cada de 1940 en revistas especializadas, como The Numismatist ou a Numismatic Scrapbook Magazine.[5]

En 1947 publicou o seu primeiro traballo monogr�fico sobre estas emisi�ns en Europa (excepto as alem�s) a partir do ano 1800, que denominou xenericamente co termo "coroas" (crowns),[4] a�nda que na propia obra admite que tal denominaci�n ten algo de arbitrario. Con este termo non se limita � coroa brit�nica, sen�n que se refire a todas as moedas europeas de prata dun tama�o similar � coroa e ao t�lero dos territorios xermanos. A partir desta publicaci�n, Davenport continuou ampliando o seu traballo a outras �pocas e a outras rexi�ns do mundo durante toda a s�a vida, ata ben entrada a s�a ancianidade[5]

Nas s�as obras, Davenport estableceu a primeira numeraci�n global que abrangue practicamente todas as emisi�ns mundiais co�ecidas deste tipo de moedas, que incl�e 10.063 referencias asignadas aos t�leros e 8.899 a outras moedas de similar tama�o.[5]

John S. Davenport mantivo correspondencia con moitos numism�ticos estadounidenses e europeos do seu tempo, como Hendrik Enno van Gelder, Bernhard Koch, Richard S. Yeoman, Friedrich Wilandt, Gert Hatz e Otto M�rkholm, entre outros. Gran parte desta correspondencia e outros arquivos coa s�a documentaci�n numism�tica est� custodiada pola American Numismatic Society, de Nova York.[4]

Entre outras instituci�ns de car�cter asociativo e acad�mico, Davenport foi membro fundador do Club da Moeda de Miami e membro honorario vitalicio do Gremio Literario Numism�tico (NLG).[5] As� mesmo, foi membro da membro da Comisi�n de Ensaios dos Estados Unidos.

A s�a afecci�n ao tabaco ao longo de gran parte da s�a vida fixo que nos seus derradeiros anos precisase un dispositivo e fala far�nxea para se comunicar.[5] John Stewart Davenport finou en Mount Dora, Florida, o 14 de xu�o de 2001.[6]

Reco�ecementos

[editar | editar a fonte]

Publicaci�ns

[editar | editar a fonte]

Esta � unha escolma dos traballos monogr�ficos publicados por John S. Davenport ao longo da s�a carreira, centrados nas emisi�ns de moeda de prata do tama�o dos t�leros ou similar en todo o mundo:[5][10]

Numism�tica alem�

[editar | editar a fonte]
  • (1949). German Talers since 1800. Galesburg Ill.
  • (1956). Oversize Multiple Talers of the Brunswick Duchies and Saxe-Lauenburg. J. S. Davenport.
  • (1958). German Talers 1700-1800. Hewitt, Chicago.
  • (1965). German Talers 1700-1800. Spink, Londres.
  • (1967). German Church and City Talers 1600-1700. Galesburg Ill.
  • (1976). German Secular Talers 1600-1700. Schulten, Frankfurt.
  • (1979). German Talers 1500-1600. Schulten, Frankfurt.
  • (1988). The Coinage of the Ernestine and Minor Albertine Saxon Dutchies. J. S. Davenport.
  • (1992). Silver Gulden 1559-1763. Neuwied Anhut.

Numismática europea

[editar | editar a fonte]
  • (1947). European Crowns since 1800, excluding the German states. Foster & Steward, Buffalo.
  • (1961). European Crowns 1700-1800. Galesburg Ill.
  • (1964). European Crowns and Talers since 1800. Spink, Londres.
  • (1966). East Baltic regional coinage A.D. 1425-1581. Numismatics International, Dallas. ISBN 978-1889172200
  • (1974). European Crowns 1600-1700. Hewitt, Chicago.
  • (1977). European Crowns 1484-1600. Schulten, Frankfurt.
  • (1959). The silver dollars of Africa. A type catalogue of the silver dollar size coins of Africa. Whitman, Racine.
  • (1969). The dollars of Africa, Asia, & Oceania. Galesburg Ill.
  • (1972). Larger size silver coins of the world (con T. Søndergaard). Galesburg Ill.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]