Saltar ao contido

Willy Schwabacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biograf�aWilly Schwabacher
Biograf�a
Nacemento22 de xullo de 1897.
Frankfurt, Alema�a Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 1972 (75 anos).
Estocolmo.
Suecia Suecia
Pa�s de nacionalidadeAlem� e sueca (desde 1954).
Relixi�nXuda�smo.
Educaci�n Universidade de M�nic.
Director de tesePaul Wolters Editar o valor en Wikidata
Q89547790Estudos de numsimática grega.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónnumismático, tradutor, arqueólogo clásico, profesor universitario, conservador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estocolmo, docente (1952–)
Museu Nacional da Dinamarca (pt) Traducir, numismático (1939–1943)
Austrian Archaeological Institute at Athens (en) Traducir (1935–1938)
Deutsches Archäologisches Institut Athen, arqueólogo (1933–1935) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresPaul Wolters Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnnemarie Rosenbaum Schoenlank (1952). Editar o valor en Wikidata
ParentesAdolph E. Cahn, avó
Herbert A. Cahn, curmán entregue
Erich B. Cahn, curmán entregue
Michael Rossmann, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1963): Medalla da Royal Numismatic Society (RNS).
- (1967): Medalla Huntington (ANS).

Descrito pola fonteThe New Pauly (en) Traducir, (vol:Supplementband 6, 2012, sec:Schwabacher, Willy) Editar o valor en Wikidata

Wilhelm Heinrich Schwabacher, nado o 22 de xullo de 1897 en Frankfurt e finado o 30 de agosto de 1972 en Estocolmo, foi un numism�tico e arque�logo xermano-sueco especializado na moeda da Antiga Grecia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar

[editar | editar a fonte]

Schwabacher provi�a dunha familia moi vinculada � numism�tica: o seu av� materno era o numism�tico e comerciante de moedas Adolph E. Cahn (1839-1918), e o seu pai era Heinrich Wilhelm Schwabacher (1852-1908), tam�n comerciante numism�tico. Do mesmo xeito, os seus t�os Julius Cahn (1872-1935) e Ludwig Cahn (1877-1924), e os seus curm�ns, Herbert A. Cahn (1915-2002) e Erich B. Cahn (1913-1993) se dedicaron tam�n � numism�tica.[2][3]

Formaci�n

[editar | editar a fonte]

Logo de conclu�r o seu ensino secundario, Willy Schwabacher alistouse como soldado e participou na primeira guerra mundial, entre 1916 e 1918.[2] Neste �ltimo ano comezou os seus estudos de Arquitectura na Universidade T�cnica de Darmstadt e en 1921 ingresou na Universidade de M�nic para estudar Arqueolox�a Cl�sica, Historia Antiga e Historia da Arte. En 1922 pasou un semestre na Universidade de Berl�n, onde tivo a oportunidade de ter como profesor a Kurt Regling. O 31 de xullo de 1924 graduouse cunha memoria titulada Die Tetradrachmenpr�gung von Selinunt ("O relevo do tetradracma de Selinunte").[3][4][5]

Entre 1927 e 1930 traballou como asistente no Museo de Augsburgo.[5] En 1931 traballou na catalogaci�n de diversas colecci�ns de moedas, entre elas a da Biblioteca Universitaria Erlangen, a do Seminario de Filolox�a Cl�sica da Universidade de Erlangen e a do Museo de Historia Local de �ttingen. No bienio 1932-1933 Schwabacher viaxou por Italia, Grecia e Turqu�a, financiado por unha bolsa do Instituto Arqueol�xico Alem�n. Os dous anos seguintes integrouse nunha escavaci�n arqueol�xica promovida por esa instituci�n en Kerameikos, Atenas.[3] Por mor da s�a confesi�n xud�a, Schwabacher foi expulsado desa escavaci�n en 1935.[6]

Inicialmente, do mesmo xeito que outros arque�logos alem�ns v�timas do nazismo, atopou refuxio no Instituto Arqueol�xico Austr�aco de Atenas, onde participou en numerosas escavaci�ns.[6] En 1938 viaxou a Londres, como empregado de E. S. G. Robinson, e al� colaborou na publicaci�n da colecci�n privada R. Cyril Lockett, que deu lugar ao terceiro volume do Sylloge Nummorum Graecorum. Na primavera de 1939 viaxou a Dinamarca, cunha recomendaci�n de George F. Hill e de E. S. G. Robinson para ingresar no Gabinete Real de Moedas (K�niglichen M�nzkabinett) en Copenhague, onde se fixo cargo da edici�n do Sylloge correspondente a esa colecci�n. Cando a Gestapo iniciou a deportaci�n de todos os xudeus residentes nesa cidade en outubro de 1943, Schwabacher foi rescatado pola resistencia danesa e conseguiu viaxar a Suecia.[7][8]

Neste pa�s, en 1952 comezou a impartir docencia na Universidade de Estocolmo. Paralelamente, en 1954 comezou a traballar como conservador no Gabinete Real de Moedas (Kungliga Myntakabinettet) de Estocolmo e mantivo a s�a vinculaci�n laboral con ese gabinete ata a s�a xubilaci�n en 1963.[9]

Como docente, Schwabacher foi tam�n profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton durante o curso 1965-1966.[10]

Willy Schwabacher casou en 1952 con Annemarie Rosenbaum Schoenlak, unha supervivente do Holocausto. En 1954 acadou a cidadan�a sueca e permaneceu nese pa�s ata a s�a morte.[8]

Reco�ecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outras honras, Willy Schwabacher, foi reco�ecido como membro honorario da Sociedade Su�za de Numism�tica, da Comisi�n Internacional de Numism�tica e da Royal Numismatic Society.[10]

Publicaci�ns

[editar | editar a fonte]

Willy Schwabacher foi un prolífico autor de artigos publicados nas máis reputadas revistas de numismática e arqueoloxía do seu tempo, e tamén dalgúns traballos monográficos:[13][14][15][16][17]

Escolma de monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1933). Die Voit von Salzburg'sche Münz- und Medaillensammlung der Universitätsbibliothek Erlangen. Kress & Hornung, Múnic.
  • (1942-1944). Sylloge Nummorum Graecorum. The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Copenhague.
    • (1942). Part I-III (ltaly), part VI (Thrace I).
    • (1943). Part VII (Thrace II), part XI (Thessaly etc.), part XII (Epirus-Acarnania).
    • (1944). Part XIII (Aetolia-Euboea), part XIV (Attica-Aegina), part XV (Corinth), part XVI (Phliasia-Laconia).
  • (1958). Das Demareteion. Dorn, Bremen.
  • (1962). Grekiska mynt ur Konung Gustaf VI Adolfs samling. Allhem, Malmö.
  • (1964). Neue Methoden in der griechischen Münzforschung. C. Bloms boktr., Lund.
  • (1974). Griechische Münzkunst. Kurze Kunstgeschichte an Beispielen aus der Sammlung S. M. Gustav VI. Adolf, König von Schweden. Von Zabern, Maguncia.
  1. Jensen, J. S. (2021). "Willy Schwabacher". Den Store Danske.
  2. 2,0 2,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 155.
  3. 3,0 3,1 3,2 Kankeleit, A. (2019). Páxina 85.
  4. Schwabacher, W. (1925). "Die Tetradrachmenprägung von Selinunt". En Mitteilungen der Bayerischen Numismatischen Gesellschaft, 43. Páxinas 1-89.
  5. 5,0 5,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 156.
  6. 6,0 6,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 157.
  7. Boehringer, C. (1973). Páxina 158.
  8. 8,0 8,1 Kankeleit, A. (2019). Páxina 90.
  9. Boehringer, C. (1973). Páxina 159.
  10. 10,0 10,1 Boehringer, C. (1973). Páxina 161.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  13. Westermark, U. (1967).
  14. Westermark, U. (1973).
  15. "Willy Schwabacher (1897-1972). Bibliographie". Coingallery.de
  16. "Willy Schwabacher". Deutschen Nationalbibliothek.
  17. "Schwabacher, Willy 1897-1972 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]